Resolución do 16 de xuño de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas encamiñadas ao fomento da enerxía solar e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2005.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA |
Rango de Ley | Resolución |
Dentro dos fins do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) atópase o fomento do desenvolvemento das enerxías renovables. Para levar a cabo este fin o Inega, entre outras actuacións, desenvolve diversas liñas de apoio á enerxía solar dentro do Programa de fomento da enerxía solar da Xunta de Galicia. Este programa ten como obxectivo contribuír de forma significativa a que, no seu ámbito de aplicación, a enerxía solar se poida integrar no mercado enerxético nas mesmas condicións que o resto das fontes enerxéticas. Para a consecución deste obxectivo entre as actuacións do Inega prevese o apoio financeiro á instalación de sistemas solares. En concreto, mediante esta convocatoria o Inega establece un sistema de axudas complementario aos creados por outras entidades públicas consistente en subsidiar o tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de enerxía solar.
O obxecto da presente resolución é proceder á convocatoria dunha liña de axudas consistente na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos concertados con entidades financeiras destinados a financiar investimentos en proxectos de aproveitamento activo de enerxía solar (instalacións solares térmicas e fotovoltaicas).
Os préstamos poderanse concertar con aquelas entidades financeiras que asinasen o correspondente convenio co Inega. As condicións básicas de financiamento recollidas nese convenio figuran como anexo I á presente resolución.
Poderán acollerse ás axudas reguladas nesta convocatoria os interesados relacionados a continuación, sempre que desenvolvan a actividade subvencionable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica.
-
Traballadores por conta propia en réxime de autónomos, agrario, gandeiro, etc.
-
Particulares.
-
Asociacións, fundacións e demais entidades sen ánimo de lucro.
-
Entidades públicas galegas.
As accións subvencionables deberanse realizar en bens cuxa titularidade corresponda ao beneficiario. A propiedade da instalación obxecto da subvención
deberá manterse en poder do beneficiario durante o período de vixencia do préstamo. En caso de producirse un cambio de titularidade na instalación, deberá ser comunicado ao Inega, que poderá solicitar, instruíndo o procedemento oportuno, o reintegro do importe da axuda proporcional ao prazo do préstamo pendente de vencemento.
-
As axudas concederanse con cargo ao Programa de fomento de enerxía solar consignado nos orzamentos de capital do Inega do exercicio 2005 (aplicación orzamentaria: 03.01.01.2180107) cun importe orzado para o presente exercicio de 150.000 A.
-
Poderán ser obxecto de axudas os investimentos realizados en instalacións de enerxía solar térmica ou fotovoltaica. O importe da subvención será o resultado de actualizar ao xuro legal do diñeiro a contía resultante de aplicar un tipo do 3% ao préstamo concertado polo beneficiario para o financiamento do investimento subvencionable sen que, en ningún caso, como consecuencia da subvención o tipo de xuro aplicable ao préstamo resulte inferior ao 0%. Para estes efectos, terase en conta o tipo de xuro correspondente ao primeiro período de referencia. Non obstante, a porcentaxe anterior só se aplicará á parte do préstamo que non exceda do 70% do investimento subvencionable, tendo en conta os límites establecidos no número 4 deste artigo.
O cálculo da axuda realizarase do seguinte xeito: en primeiro lugar, calcularase o valor absoluto da subvención que se percibirá durante o período de vixencia do préstamo. Para estes efectos, considerarase unha periodicidade mensual dos pagamentos con independencia da que teñan pactada as partes. A continuación, actualizaranse os valores absolutos obtidos utilizando como taxa de desconto o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano de presentación da solicitude. O importe resultante aboarase dunha soa vez e destinarase á amortización anticipada do principal de préstamo, non podendo a entidade financeira cobrar ningunha comisión pola devandita amortización.
-
Para a definición do investimento subvencionable, no caso de proxectos promovidos por empresas, serán de aplicación as directrices comunitarias sobre axudas estatais a favor do ambiente (2001/C 37/03-DOCE 3-2-2001), polo que, segundo o punto 37, os custos subvencionables calcularanse netos das vantaxes obtidas dun eventual incremento da capacidade, dos aforros e custos xerados durante os cinco primeiros anos de vida do investimento e das producións accesorias adicionais durante o mesmo período de cinco anos. No ámbito das enerxías renovables, os custos do investimento...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba