Decreto 303/2003, do 19 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios regulares permanentes de transporte público de viaxeiros por estrada de uso xeral, de varios titulares mediante a utilización dun mesmo vehículo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 77.3º da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31 de xullo), establece a posibilidade da utilización dun mesmo vehículo para servir conxuntamente ós tráficos de dous ou máis concesións de distintos titulares sempre e cando estas presenten puntos de contacto entre si, o servicio se preste sen solución de continuidade, e non proceda a unificación das concesións.

O interese público esixe facilitárlle-lo transporte colectivo ós usuarios. Para estes efectos, constátase que a dispersión da poboación e a multiplicidade de concesións que caracterizan a nosa comunidade reducen considerablemente as posibilidades de realizar tráficos directos entre poboacións.

Deste xeito, a opción do transporte público, á hora de se desprazar entre dúas localidades da nosa comunidade, deixa de ser atractiva e mesmo resulta inviable nunha alta porcentaxe de casos a causa da descoordinación horaria entre servicios.

É por isto que cómpre propiciar desde a Administración as modificacións concesionais que permitan superar estes inconvenientes de xeito que cando a iniciativa privada e a concertación entre concesionarios non acade este obxectivo, a propia Administración supla esta iniciativa privada para mellora-la oferta de transporte público.

Neste sentido, a lexislación vixente xa prevé a posibilidade de impo-la unificación de servicios concesionais.

Sen embargo, existen situacións nas que o interese público pode defenderse con medidas que afecten en menor medida a esfera dos intereses dos concesionarios, e que poden ser adoptadas de oficio pola Administración tal e como recolle o artigo 75.3º da Lei 16/1987, en canto posibilita as modificacións nas condicións de prestación do servicio non previstas no título concesional e as ampliacións, reduccións ou substitucións de itinerarios que resulten necesarios ou convenientes para unha mellor prestación do servicio.

Nesta orde de cousas resulta doado desenvolve-la previsión contida no artigo 77 da LOTT regulando o solapamento das concesións dentro da nosa comunidade co fin de mellora-lo servicio público co mínimo de incidencia sobre as concesións de servicios regulares.

En consecuencia, e en uso das competencias atribuídas polo artigo 27.8º da Lei orgánica 1/1981, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, oído o Consello Galego de Transportes na súa reunión do día dez de marzo de mil novecentos noventa e oito, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia do 26 de maio de 2003, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezanove de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. Este decreto ten por obxecto a regulación do réxime de autorizacións administrativas a concesionarios para que un mesmo vehículo poida realizar servicios coordinados de transporte, con emprego dalgunha das dúas fórmulas seguintes:

    1. A autorización a concesionarios de transportes para que vehículos adscritos a unha calquera das concesións poidan realiza-la totalidade dos itinerarios concesionais, nas condicións que a Administración de transportes estableza.

    2. A autorización a un concesionario para que prolongue os seus itinerarios concesionais ó itinerario doutra concesión.

    Enténdese por solapamento para os efectos deste decreto a utilización dun mesmo vehículo na explotación conxunta dos tráficos de dúas ou máis concesións, que teñan puntos de contacto e cun itinerario que se desenvolva integramente dentro do territorio galego ou aínda que discorra parcialmente fóra de Galicia non efectúen ningunha parada no dito tramo.

  2. As disposicións que neste decreto se recollen serán de aplicación a aqueles servicios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR