Decreto 194/2007, do 11 de outubro, polo que se modifica o Decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O artigo 6.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece o procedemento de elaboración e aprobación dos estatutos das universidades, e determina que serán elaborados por aquelas e, logo do seu control de legalidade, aprobados polo Consello de Goberno da comunidade autónoma.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece na súa disposición adicional oitava que as universidades adaptarán os seus estatutos conforme o disposto na dita lei nun prazo máximo de tres anos.

A Universidade da Coruña presentou ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de reforma parcial dos seus estatutos, aprobada polo seu Claustro Universitario na sesión do 29 de maio de 2007, para a correspondente aprobación e publicación por parte desta comunidade autónoma.

De acordo co disposto no citado artigo 6.2º da Lei orgánica 6/2001, cumpridos os trámites establecidos, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de outubro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Apróbase a modificación do Decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña, nos termos que figuran no anexo deste decreto, e ordénase a súa publicación.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de outubro de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente da Xunta de Galicia

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Modificación dos estatutos da Universidade da Coruña

O Decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña, modifícase nos seguintes termos:

Un.-O artigo 8º queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 8º

A estrutura académica da universidade estará integrada por facultades, escolas, departamentos, institutos universitarios de investigación e outros centros, incluídos os que organicen ensinanzas en modalidade non presencial

.

Dous.-O punto 1 do artigo 9º queda redactado do seguinte xeito:

1. Os departamentos son as unidades de docencia e investigación encargadas de coordinar as ensinanzas de un ou varios ámbitos de coñecemento en un ou varios centros, de acordo coa programación docente da universidade

.

Tres.-O punto 2, letra c) do artigo 9º queda redactado do seguinte xeito:

c) Organizar e desenvolver estudos de doutoramento

.

Catro.-O punto 2 do artigo 10º queda redactado do seguinte xeito:

2. A creación, modificación e supresión dos departamentos correspóndelle ao Consello de Goberno

.

Cinco.-O punto 1 do artigo 11º queda redactado do seguinte xeito:

1. As facultades e escolas son os centros encargados da organización das ensinanzas e dos procesos académicos, administrativos e de xestión conducentes á obtención de títulos de grao. Poderán impartir tamén ensinanzas conducentes á obtención doutros títulos, así como levar a cabo aqueloutras funcións que determine á universidade

.

Seis.-O artigo 12º queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 12º

A creación, modificación e supresión dos centros aos cales se refire o artigo anterior serán acordadas pola Xunta de Galicia, por proposta do Consello de Goberno ou por propia iniciativa, co acordo do referido consello e, en todo caso, logo de informe do Consello Social da Universidade

.

Sete.-O punto 1 do artigo 16º queda redactado do seguinte xeito:

1. Os institutos universitarios de investigación poderán ser:

a) Propios da Universidade da Coruña.

b) Interuniversitarios.

c) Adscritos á Universidade da Coruña.

d) Concertados.

e) Mixtos

.

Oito.-Engádeselle un novo parágrafo 6 ao artigo 16º, que quedará redactado do seguinte xeito:

6. A Universidade da Coruña, conxuntamente con organismos públicos de investigación, cos centros do sistema nacional de saúde e con outros centros de investigación públicos ou privados sen ánimo de lucro, promovidos e participados por unha Administracion pública, poderá constituír institutos mixtos de investigación

.

Nove.-A letra a) do artigo 22º queda redactado do seguinte xeito:

a) Colexiados: Consello Social, Consello de Goberno, Claustro Universitario, xuntas de facultade, de escola, consellos de departamento e institutos universitarios

.

Dez.-A letra b) do artigo 22º queda redactado do seguinte xeito:

b) Unipersoais: reitor ou reitora, vicerreitores ou vicerreitoras, secretario ou secretaria xeral, xerente, decanos ou decanas, vicedecanos ou vicedecanas e secretarios ou secretarias de facultades, directores ou directoras, subdirectores ou subdirectoras e secretarios ou secretarias de escolas, directores ou directoras e secretarios ou secretarias de departamentos; directores ou directoras de institutos universitarios de investigación

.

Once.-Engádeselle un novo número 5 ao artigo 23º, que queda redactado do seguinte xeito:

5. Todos os órganos unipersoais da Universidade da Coruña terán limitados os seus mandatos a dous consecutivos e improrrogables

.

Doce.-A letra j) do punto 2 do artigo 25º, pasa a ser a letra l), e a letra j) queda redactada do seguinte xeito:

j) Aprobar a planificación estratéxica e as liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria

.

Trece.-Engádeselle unha letra k) ao número 2 do artigo 25º, que queda redactado do seguinte xeito:

k) Debater e aprobar, se é o caso, o informe anual de xestión do reitor

.

Catorce.-O punto 1 do artigo 26º queda redactado do seguinte xeito:

1. O Claustro Universitario estará composto polo reitor, que o presidirá, o secretario xeral, que tamén o será do Claustro, o xerente e 300 representantes dos distintos sectores da comunidade universitaria, nos seguintes termos:

a) 153 (51%) profesores doutores con vinculación permanente á universidade.

b) 36 (12%) membros das restantes categorías de persoal docente e investigador.

c) 84 (28%) estudantes.

d) 27 (9%) membros do persoal de administración e servizos

.

Quince.-A letra a) do punto 2 do artigo 27º queda redactada do seguinte xeito:

a) Elaboración dos orzamentos

.

Dezaseis.-A letra b) do punto 2 do artigo 27º queda redactada do seguinte xeito:

b) Propor a creación, modificación ou supresión de centros, institutos, titulacións e estudos

.

Dezasete.-A letra i) do punto 2 do artigo 27º queda redactada do seguinte xeito:

i) Designar os directores de centros non provistos por elección

.

Dezaoito.-A letra l) do punto 2 do artigo 27º queda redactada do seguinte xeito:

l) Elixir os membros da Comisión de Posgrao e aprobar os seus regulamentos

.

Dezanove.-O punto 1 do artigo 28º queda...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR