Decreto 246/2004, do 14 de outubro, polo que se crea o Conservatorio Elemental de Música de Cambados (Pontevedra).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, e de acordo co artigo 1 do Decreto 454/2003, do 26 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro de 2004), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden estas competencias.

Realizadas polo Concello de Cambados as obras necesarias para adaptar as instalacións aos requisitos mínimos previstos no artigo 15.1º do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (Boletín Oficial del Estado do 28 de abril), solicita a creación do conservatorio elemental de música para impartir as ensinanzas de grao elemental que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro).

Cumpridos todos os trámites regulamentarios, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de outubro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase o conservatorio elemental de música de titularidade do Concello de Cambados (Pontevedra) para impartir as ensinanzas correspondentes ao grao elemental.

Artigo 2º

Neste...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR