Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA |
Rango de Ley | Decreto |
Preámbulo.
Coa aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 3/2003, do 19 de xuño, a Comunidade Autónoma de Galicia asume a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, aliviar e corrixir as situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e un reparto máis xusto dos froitos do crecemento económico.
A lei regula as accións con que a Comunidade Autónoma de Galicia fai efectiva aquela responsabilidade e aplícase ao conxunto das actuacións, iniciativas e recursos que as diferentes organizacións, entidades e administracións públicas galegas poñen ao servizo dos pobos máis desfavorecidos co fin de contribuír ao seu desenvolvemento humano, definido este como unha medición de tres indicadores: vivir unha vida longa e saudable, recibir educación e gozar dun nivel de vida decoroso, de acordo cos obxectivos, principios, criterios, prioridades xeográficas e sectoriais que se enuncian no capítulo I da lei.
O punto 2 da disposición final segunda da lei dispón que o seu desenvolvemento regulamentario se efectuará no prazo dun ano desde a súa entrada en vigor.
A xestión ordinaria das accións da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na materia exixe contar canto antes coa participación inmediata, para os efectos de consulta e asesoramento, dos axentes de cooperación previstos no artigo 23 da lei, así como co concurso das entidades locais e dos outros departamentos para a mellor coordinación daquelas. Tamén resulta ineludible crear o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento onde figuren os datos precisos para implementar de forma áxil as medidas de fomento previstas na lei, tendo en consideración que a orde en vigor desde 1994 ten como finalidade rexistrar as entón chamadas organizacións non gobernamentais de axuda ao desenvolvemento e que a Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, amplía o abano de axentes de cooperación.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de acordo co ditame do Consello Consultivo
de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil catro,
DISPOÑO:
Apróbase o regulamento polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego para os Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, que se publica como anexo a este decreto.
Disposicións adicionais
Primeira.-Os órganos de coordinación e asesoramento constituiranse no prazo máximo de dous meses contados a partir da entrada en vigor deste regulamento.
Segunda.-Para os efectos operativos e de coordinación entre os rexistros de entidades que actúan nas áreas relacionadas coa política de cooperación para o desenvolvemento, no prazo de tres meses desde a publicación desta disposición, procederase á súa conexión informática a través do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).
Terceira.-As unidades administrativas da Xunta de Galicia responsables daqueles rexistros facilitarán a documentación precisa e procederán a realizar a adaptación informática necesaria para garantir a coordinación interrexistral.
Cuarta.-As entidades actualmente inscritas no Rexistro de Organizacións non Gobernamentais de Axuda ao Desenvolvemento que acorden a súa extinción e destinar o seu patrimonio a unha fundación ou asociación que teña entre os seus fins a cooperación para o desenvolvemento, causarán baixa naquel rexistro. A entidade que adquira os bens e dereitos da que se extinga, caso de incluír nos seus estatutos o compromiso de asumir as obrigas derivadas da concesión a aquela de axudas ou subvencións públicas da comunidade autónoma durante os catro últimos exercicios, conservará a antigüidade daquela para os efectos da concorrencia ás convocatorias de subvencións en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Disposicións transitorias
Primeira.-Os procedementos administrativos que se encontren en tramitación á entrada en vigor deste decreto deberán seguir cursándose de acordo coas súas disposicións específicas anteriores.
Segunda.-Os vogais nomeados en representación das entidades locais na comisión interterritorial de cooperación para o desenvolvemento (Cintercode) continuarán nos seus cargos ata a celebración das vindeiras eleccións municipais.
Terceira.-As entidades actualmente inscritas no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais de Axuda ao Desenvolvemento quedarán inscritas no Rexistro de Axentes de Cooperación, de oficio, tras achegar a documentación que se lles requira para o efecto de complementar a exixida por este decreto
ou actualizar a que existe no centro directivo encargado da conservación daquel rexistro, no prazo de tres meses a partir da entrada en vigor deste decreto.
Cuarta.-Entre tanto o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento non aprobe o seu regulamento de funcionamento, este rexerase polas normas contidas no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o conselleiro competente en materia de cooperación para o desenvolvemento para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil catro.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública
ANEXO I
Capítulo I
Disposicións xerais
-
Constitúe o obxecto deste regulamento o desenvolvemento regulamentario da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, no atinente á regulación da composición e funcionamento dos órganos de coordinación e asesoramento previstos na sección terceira do capítulo III daquela e á creación do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
-
Os órganos regulados son a Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (Cintercode), a Comisión Interdepartamental de Cooperación para o Desenvolvemento (Cincode) e o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).
Capítulo II
Dos órganos de coordinación e asesoramento
Sección primeira
Da Comisión Interterritorial de Cooperación para
o Desenvolvemento (Cintercode)
-
De acordo co artigo 20 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a Comisión Interterritorial de Cooperación para o desenvolvemento é o órgano de colaboración entre a Xunta
de Galicia e as administracións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan nos seus orzamentos partidas computables como axuda de cooperación para o desenvolvemento.
-
A comisión adscríbese ao departamento da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de cooperación...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba