Resolución do 22 de marzo de 2011 pola que se abre un proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais necesarias para o funcionamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e se modifica a Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorINSTITUTO GALEGO DA CALIDADE ALIMENTARIA
Rango de LeyResolución

O Ingacal elaborou as súas listas de contratación de temporal por medio da resolución do presidente do Ingacal, do 23 de maio de 2008, pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), (DOG nº 112, do 11 de xuño de 2008), modificada pola Resolución do 2 de xullo de 2008 (DOG nº 131, do 8 de xullo).

A resolución do presidente do Ingacal, do 23 de maio de 2008, establecía na súa base novena unha vixencia das listas de dous anos a partir da súa elaboración, polo que se fai necesaria a apertura dun proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais que se consideren necesarias para o funcionamento do ente. Esta adaptación suporá unha redución do número de ámbitos posibles nas diferentes categorías e especialidades, quedando as novas listas restrinxidas aos ámbitos que figuran na cláusula quinta desta resolución.

Polo exposto, o presidente do Ingacal, no exercicio da competencia prevista no artigo 8º do Decreto 259/2006, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria, e despois do acordo do Consello de Dirección do Ingacal, resolve convocar a apertura dun proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías necesarias para o funcionamento do ente e a modificación da Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abría o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Estas bases regulan o proceso de actualización e inclusión de novo persoal naquelas categorías profesionais necesarias para o funcionamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

Segunda.-Solicitudes.

Inclusión de novo persoal.

As persoas interesadas en formar parte dunha ou de varias categorías ou listas deberán presentar as súas solicitudes, segundo o modelo anexo II, xunto coa documentación que se indica nas bases Terceira.-Requisitos xerais, Cuarta.-Requisitos específicos de cada categoría e Sexta.-Baremo de méritos desta resolución.

Actualización de méritos.

As persoas xa inscritas nalgunha das listas do Ingacal continuarán nelas unha vez que estas sexan actualizadas conforme a esta resolución. Aquelas persoas interesadas en actualizar os seus méritos deberán presentar unha solicitude por lista, segundo o modelo do anexo III, xunto coa documentación que se indica nas base Sexta.-Baremo de méritos desta resolución. A documentación que se entregará para a actualización dos méritos fará referencia aos méritos acadados polos candidatos entre o 11 de xuño de 2008 e a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Modificación de ámbitos.

Co fin de poder manterse nas listas, as persoas inscritas nunha determinada lista unicamente, en ámbitos que desaparecen nesta resolución poderán presentar unha solicitude indicando o ámbito en que desexan inscribirse segundo o anexo V; de non faceren, quedarán excluídas nas novas listas.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Ingacal, Pazo de Quián s/n, 15881, Sergude (Boqueixón) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes para inclusión de novo persoal, actualización de méritos e modificación de ámbitos será de trinta días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os formularios de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR