Decreto 79/2005, do 21 de abril, polo que se establecen normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

A disposición adicional da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, faculta a Xunta de Galicia para que dite as disposicións precisas para o cumprimento e execución do previsto nesa lei.

Con base nesta facultade, o Decreto 198/2001, do 27 de agosto, en desenvolvemento da disposición aludida, estableceu as normas sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e documentación que se utilizaron nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, remitíndose, como lexislación supletoria, no non previsto nel, á normativa reguladora das eleccións ao Congreso dos Deputados das Cortes Xerais.

Atendendo á necesaria integración dos principios previstos na Lei electoral autonómica no marco da normativa electoral xeral, e de conformidade co Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, modificado á súa vez polo Real decreto 1382/2002, do 20 de decembro, e pola Orde Int/2838/2003 modificadora dos seus anexos 1 e 2, resulta conveniente modificar o preceptuado polo citado Decreto 198/2001.

De acordo con estas directrices e na experiencia acumulada nos sucesivos procesos electorais acaecidos na nosa comunidade autónoma, este decreto, que derroga o Decreto 198/2001, do 27 de agosto, constituirá o marco normativo que regulará os medios materiais para utilizar no proceso electoral autonómico, o que redundará nunha maior claridade e sinxeleza da norma en beneficio das forzas políticas que concorran aos comicios autonómicos e dos propios electores.

Por todo o exposto e en virtude da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, e pola Lei 12/2004, do 7 de decembro, que faculta, na súa disposición adicional, a Xunta de Galicia para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu cumprimento e execución, faise necesario modificar a redacción da vixente norma sobre urnas, cabinas, papeletas, sobres e demais impresos que se van utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e un de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Locais electorais.

Os locais que se utilicen nas eleccións ao Parlamento de Galicia reunirán as condicións necesa

rias para o seu fin, estarán perfectamente sinalizados no referente a seccións e mesas, serán preferentemente de titularidade pública e de entre eles os de carácter docente, cultural ou recreativo, e deberán ser accesibles ás persoas con limitacións de mobilidade.

Os concellos deberán sinalizar convenientemente os locais correspondentes a cada sección e mesa electoral.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos e materiais que lles permitan levar a cabo o acondicionamento dos locais electorais.

Artigo 2º Urnas.

Cada mesa electoral disporá dunha urna que se axustará ás características que figuran no anexo I da Orde Int/2838/2003, do 14 de outubro, pola que se modifican os anexos I e II do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, no caso de que non existisen urnas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de urnas conforme o modelo vixente anteriormente.

Excepcionalmente, e cando o número de electores correspondentes a unha mesa o aconselle, porase ao dispor dos votantes unha segunda urna, coas características sinaladas no parágrafo anterior. Previamente á súa utilización, o presidente da mesa verificará que se atopa baleira e situaraa de par da xa utilizada, que será debidamente pechada, procedéndose a partir dese momento a utilizar exclusivamente a segunda urna.

As urnas, despois de montadas e precintadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

Os precintos consistirán nun peche que impida a apertura da urna sen coñecemento dos membros da mesa e dos interventores. De producirse a ruptura ou deterioración do precinto, o presidente da mesa, se non puider obter oportunamente outra urna da Xunta Electoral de Zona, asegurará o peche da mesma con calquera elemento que teña ao seu dispor.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de urnas.

Artigo 3º Cabinas.

No mesmo cuarto, en que se desenvolva a votación, e en lugar intermedio entre a entrada e a mesa electoral, existirá, polo menos, unha cabina na que o votante poderá seleccionar as papeletas electorais e introducilas nos correspondentes sobres. No seu interior, nos compartimentos destinados para o efecto ou de par da cabina, haberá unha mesa con número suficiente de sobres e papeletas de cada candidatura.

As cabinas a utilizar nas eleccións ao Parlamento de Galicia axustaranse ás características que figuran no anexo II da Orde Int/2838/2003, do 14 de outubro, pola que se modifican os anexos I e II do Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais.

Agora ben, dado que se trata de eleccións anticipadas, no caso de que non existisen cabinas en número suficiente para este proceso electoral, considerarase válida a utilización de cabinas conforme o modelo vixente anteriormente.

As cabinas, despois de montadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos.

A Xunta de Galicia porá ao dispor dos concellos os medios económicos que lles permitan levar a cabo a montaxe, a desmontaxe e o transporte de cabinas.

Artigo 4º Papeletas e sobres.

As papeletas e sobres electorais conterán as características que se sinalan no artigo 32 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, e as que se establecen no artigo 70.1º da Lei orgánica 5/1985, do 19 xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 abril, pola Lei orgánica 8/1991, do 13 de marzo, pola Lei orgánica 6/1992, do 2 de novembro, pola Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, pola Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, pola Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, Lei orgánica 3/1998, do 15 de xuño, pola Lei orgánica 8/1999, do 21 de abril, pola disposición adicional segunda da Lei orgánica 6/2002, do 27 de xuño, Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo e pola Lei orgánica de 16/2003, do 28 de novembro, axustándose ás características e condicións de impresión sinaladas nos anexos I e II deste decreto.

De acordo co disposto no punto 4º do artigo 31 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, os delegados provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ou as persoas que os substitúan, poñerán ao dispor dos presidentes das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR