Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

Para o adecuado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu título VI, establece que no Servizo Galego de Saúde se integran todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e administrativos creados pola Administración da Xunta de Galicia ou procedentes de transferencias, así como as entidades sanitarias de natureza pública que se lle adscriban, e atribúelle á Consellería de Sanidade o exercicio das facultades de dirección, vixilancia e tutela sobre e, en particular, o exercicio das potestades regulamentarias e de organización que lle atribúe a lei e as restantes disposicións que sexan de aplicación.

O Servizo Galego de Saúde exercerá o goberno, a dirección e a xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos, garantindo a provisión dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública; coordinará a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros que teña asignados, e exercerá aquelas funcións que lle delegue ou encomende a Consellería de Sanidade.

O compromiso de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia, adquirido polo goberno e plasmado no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, debe ter a necesaria translación e reflexo nas normas regulamentarias que establecen a estrutura orgánica dos distintos organismos vinculados ou dependentes, entre os que se atopa o Servizo Galego de Saúde, como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Sanidade.

Esta nova dimensión organizativa reflíctese xa no Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, que no seu artigo 6 establece que o Servizo Galego de Saúde, como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á Consellería de Sanidade, terá unha Xerencia e tres direccións xerais, de Asistencia Sanitaria, Recursos Económicos e Recursos Humanos, respectivamente.

Así mesmo, é preciso destacar o alcance do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia, e a súa incidencia -directa e indirecta- na configuración da Administración autonómica e dos distintos departamentos que a integran.

Estes cambios esenciais na filosofía organizativa e na xestión pública deben ter a necesaria continuidade na norma de estrutura da Consellería de Sanidade e do seu organismo autónomo, tanto no seu nivel central como no periférico, co obxecto de responder ás demandas e necesidades que a xestión do ámbito competencial propio establece a propia organización e os destinatarios da súa actividade.

Así, no nivel central, establécese a estrutura cunha Xerencia e tres direccións xerais, plasmando o mandato recollido no Decreto 83/2009, do 21 de abril, antes citado.

Xa que logo, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Sanidade, cos informes previos da Consellería de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de maio de dous mil nove,

DISPOÑO:

Capítulo I

Servizos centrais

Artigo 1º Do Servizo Galego de Saúde.

Para o adecuado desenvolvemento das competencias que no ámbito sanitario lle corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia, configúrase o Servizo Galego de Saúde como un organismo autónomo de natureza administrativa, dotado de personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

O Servizo Galego de Saúde está adscrito á Consellería de Sanidade e rexerase polo establecido na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

O Servizo Galego de Saúde, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos seus fins, contará coa seguinte estrutura:

  1. Órganos centrais de dirección:

    1. Órganos colexiados:

      Consello de Dirección.

    2. Órganos unipersoais:

      1. Presidente.

      2. Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

      3. Director de Asistencia Sanitaria.

      4. Director de Recursos Económicos.

      5. Director de Recursos Humanos.

  2. Órganos de coordinación do Servizo Galego de Saúde.

    1. O Comité Executivo do Servizo Galego de Saúde.

  3. Órganos periféricos de dirección:

    Os directores das áreas sanitarias.

Artigo 2º O Consello de Dirección.
  1. O Consello de Dirección do Servizo Galego de Saúde estará integrado polos seguintes membros:

    1. A conselleira ou o conselleiro de Sanidade, que será o seu presidente.

    2. A xerente ou o xerente do Servizo Galego de Saúde, que será o seu vicepresidente/a e coordinador/a.

    3. O secretario ou a secretaria xeral da Consellería de Sanidade.

    4. Os directores e directoras do Servizo Galego de Saúde e a directora ou director xeral de Saúde Pública e Planificación.

    5. Os titulares dos órganos periféricos do Servizo Galego de Saúde e da consellería e os xerentes das áreas sanitarias, se é o caso.

  2. Actuará como secretario do Consello de Dirección, con voz pero sen voto, un funcionario do Servizo Galego de Saúde nomeado polo conselleiro ou conselleira de Sanidade.

  3. O Consello de Dirección funcionará sempre en pleno e reunirase, como regra xeral, unha vez ao mes e sempre que sexa convocado pola súa presidencia.

  4. Poderán asistir ás sesións do consello, con voz pero sen voto, os asesores técnicos ou as persoas representantes de organismos e outras entidades, cando a presidencia o considere oportuno.

  5. Serán funcións do Consello de Dirección:

    1. Definir os posicionamentos, orientacións e liñas de actuación de carácter estratéxico do Servizo Galego de Saúde, de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    2. Definir as políticas de financiamento e orzamentos do Servizo Galego de Saúde de acordo cos criterios emanados da Consellería de Sanidade.

    3. Emitir informe sobre o anteproxecto do orzamento do Servizo Galego de Saúde e elevalo á Consellería de Sanidade.

    4. Definir as políticas de recursos humanos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

    5. Definir os proxectos de carácter estratéxico da consellería e do Servizo Galego de Saúde.

    6. Definir o cadro de mando da alta dirección da consellería e do Servizo Galego de Saúde.

    7. Elaborar todos aqueles informes, de materia da súa competencia, que lle sexan solicitados pola Consellería de Sanidade.

    8. Cantas outras deriven da normativa vixente.

Artigo 3º A Presidencia do Servizo Galego de Saúde.

A conselleira ou conselleiro de Sanidade, como superior autoridade, é a máxima responsable da consellería, e ademais presidenta do Servizo Galego de Saúde, e como tal correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. A representación legal do organismo.

  2. Asinar os convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.

  3. Aprobar os plans de obras, instalacións e equipamentos centralizados do Servizo Galego de Saúde.

  4. Exercer a xefatura superior do persoal adscrito ao organismo.

  5. Dispor os gastos e propor a ordenación dos pagamentos do organismo.

Artigo 4º A Xerencia do Servizo Galego de Saúde.
  1. A Xerencia do Servizo Galego de Saúde, co nivel orgánico de dirección xeral, é o órgano responsable dos servizos de asistencia sanitaria e ten, baixo a dependencia da conselleira ou conselleiro de Sanidade, a dirección e control do Servizo Galego de Saúde, e como tal correspóndenlle as seguintes funcións:

    1. A dirección, avaliación e control de todas as actividades do organismo relacionadas coas funcións encomendadas a este polas disposicións legais que o rexen, sen prexuízo das facultades e competencias do Consello de Dirección e da Consellería de Sanidade.

    2. Elevar ao Consello de Dirección o anteproxecto de orzamento do organismo.

    3. Velar pola execución dos acordos do Consello de Dirección.

    4. A xestión do patrimonio do organismo.

    5. A xestión económica e do persoal do organismo.

    6. Presentarlle ao Consello de Dirección a memoria anual de actividades do organismo.

    7. Resolver os conflitos de atribucións que xurdan entre as autoridades dependentes do organismo.

  2. O xerente ou a xerente do Servizo Galego de Saúde poderá delegar nos directores do Servizo Galego de Saúde, nos directores de área e noutros órganos centrais ou periféricos do organismo funcións relacionadas cos correspondentes ámbitos de actuación.

  3. En caso de ausencia, enfermidade ou vacante, o xerente ou a xerente será substituído polos directores do Servizo Galego de Saúde segundo a orde de prelación que aparece no artigo 1º.II.

  4. Igualmente, correspóndelle dirixir e coordinar o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR