Decreto 105/2008, do 8 de maio, polo que se crea e regula o Rexistro das Policías Locais de Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
Rango de Ley | Decreto |
A Constitución española recolle no seu título VIII, artigo 148.1.22º, como unha das competencias que poderán asumir as comunidades autónomas, a coordinación e demais facultades relacionadas coas policías locais, nos termos que estableza unha lei orgánica. Neste marco, a Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, regula no seu artigo 39 as competencias das comunidades autónomas.
De conformidade coas mencionadas disposicións na Comunidade Autónoma de Galicia promulgouse a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais de Galicia, que queda derrogada pola posterior Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, que entrou en vigor o 24 de maio de 2007.
A Lei 4/2007, no seu título III Da coordinación das policías locais, no artigo 12, dispón que, para os efectos desta lei, se entende por coordinación o conxunto de técnicas e medidas que posibiliten a unificación dos criterios de organización e actuación, a formación e o perfeccionamento uniforme do persoal e a homoxeneización dos recursos técnicos e materiais ao seu dispor, así como o establecemento de información recíproca, asesoramento e colaboración.
No referido título III e tras establecer o concepto de coordinación, o artigo 13 recolle as funcións en materia de coordinación, así como a atribución competencial aos órganos a que corresponde o exercicio de tales funcións. A continuación e como peche deste título, o artigo 21 dispón que, como instrumento de coordinación, se creará o Rexistro das Policías Locais de Galicia, onde se inscribirán preceptivamente todos os membros pertencentes aos corpos de policía local e as/os vixilantes municipais.
No número 3 do devandito artigo 21 establécese que regulamentariamente se determinará a información que deberá figurar no rexistro, que deberá referirse exclusivamente aos datos profesionais, así como ás cautelas necesarias para garantir a confidencialidade dos datos nos termos que establece a normativa vixente sobre a materia.
O rexistro que se crea mediante este decreto permitirá un máis adecuado exercicio das competencias en materia de coordinación de policías locais e o tratamento da información rexistral servirá como indicador para a toma de decisións pola Xunta de Galicia. Dado que o carácter do rexistro é unicamente para os efectos estatísticos e informativos, non substitúe os rexistros con que deben contar os concellos de Galicia.
A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinacións de policías locais, na súa disposición derradeira primeira, faculta o Consello da Xunta de Galicia para realizar o desenvolvemento normativo da devandita lei, e establece que o decreto que regule o Rexistro das Policías Locais se publicará no prazo de seis meses desde a súa entrada en vigor.
De conformidade co establecido no artigo 17.1º a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais a Comisión de Coordinación de Policías Locais, emitiu informe na súa sesión do 5 de novembro de 2007.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de maio de dous mil oito,
DISPOÑO
-
O obxecto deste decreto é a creación do Rexistro das Policías Locais de Galicia, a determinación da información que nel deberá figurar, que se referirá exclusivamente aos datos profesionais do persoal que debe inscribirse no rexistro, e a adopción das cautelas necesarias para garantir a confidencialidade dos datos nos termos que establece a normativa vixente sobre a materia.
-
No rexistro inscribiranse preceptivamente todos os membros pertencentes aos corpos de policía local, entendéndose incluídos as/os auxiliares de policía local, así como as/os vixilantes municipais dos concellos sen corpo.
-
O Rexistro das Policías Locais de Galicia configúrase como instrumento á disposición da consellería competente en materia de coordinación de policías locais para garantir o cumprimento das súas funcións de coordinación previstas na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.
-
O rexistro ten por obxecto dispoñer para os efectos estatísticos e informativos dun censo de todos os membros que integran os corpos de policía local e as/os vixilantes municipais, no cal se anotarán as circunstancias e resolucións que afecten a súa situación profesional, así como dispoñer de información dos distintos corpos de policía local que permitan un mellor exercicio das funcións de coordinación.
-
O rexistro non ten carácter público, podendo ter coñecemento dos seus datos exclusivamente os concellos respecto do persoal ao seu servizo e os membros pertencentes aos corpos de policía local e as/os vixilantes municipais respecto dos seus datos persoais.
O Rexistro das Policías Locais de Galicia dependerá da consellería competente en materia de seguridade e queda encadrado orgánica e funcionalmente na unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, que será tamén a responsable dos ficheiros.
Os concellos de Galicia en que non exista corpo de policía local pero conten con vixilantes municipais están obrigados a facilitar ao Rexistro das Policías Locais de Galicia os datos recollidos no artigo 7 e os concellos con corpo de policía local deberán ademais facilitar os datos incluídos no artigo 13º, de xeito que se poida contar cun rexistro permanentemente actualizado e cunha información veraz que permita un eficaz e eficiente exercicio das funcións de coordinación.
-
O Rexistro das Policías Locais de Galicia constará de dúas seccións complementarias e automatizadas.
-
Na sección primeira figurará información dos membros pertencentes aos corpos de policía local e das/dos vixilantes municipais.
-
Na sección segunda figurará información dos corpos de policía local que poida ser relevante para o exercicio das funcións de coordinación.
-
A unidade directiva competente en materia de coordinación asignará, consonte o criterio que se recolle no seguinte parágrafo e para os efectos de control interno, un número de rexistro a cada membro dos corpos de policías locais...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba