Decreto 264/2003, do 2 de maio, polo que se modifica o Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de productos alimenticios relacionados co consumo humano.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE SANIDADE |
Rango de Ley | Decreto |
O Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de productos alimenticios relacionados co consumo humano, ten entre outras finalidades, determina-la conformidade dos productos alimenticios para previ-los riscos para a saúde.
Segundo o establecido no artigo 10.2º do Decreto 44/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade, correspóndenlle á Dirección Xeral de Saúde Pública, entre outras funcións, as actividades dirixidas a identifica-los factores determinantes da saúde dos cidadáns galegos, as actividades dirixidas a diminuí-lo impacto dos factores de risco, e as actividades de control e coordinación na rede de saúde pública. Así mesmo, é da súa competencia a aplicación e execución das directrices en materia de coordinación interna da organización de saúde pública e a relación con outras administracións ou entidades con competencia en saúde pública.
O Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de ensaios sobre productos alimenticios relacionados co consumo humano, contémplase no artigo 6 do devandito Decreto 14/2000. Consta de dúas seccións, é de carácter público e queda adscrito á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade. Nel deberán inscribirse tódalas autorizacións que se concedan ós laboratorios para a realización deste tipo de ensaios.
Por todo isto, parece máis procedente e axeitado que o Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de ensaios sobre productos alimenticios relacionados co consumo humano, ata hoxe adscrito á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, pase a depender da Dirección Xeral de Saúde Pública, por ser este o órgano encargado da protección e promoción colectiva da saúde da poboación galega.
Na súa virtude, por iniciativa dos conselleiros de Innovación, Industria e Comercio; Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Sanidade e Pesca e Asuntos Marítimos, e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de dous mil tres,
DISPOÑO:
autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba