Resolución do 9 de maio de 2008 pola que se dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2008, acordou por unanimidade dos membros asistentes autorizar o director xeral do Igape para aprobar mediante resolución as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, entre as cales se inclúen as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, e a publicalas no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas.

Segundo.-Convocar en réxime de concorrencia non competitiva as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas:

  1. Proxectos de elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de internacionalización (procedemento IG150-artigo 7).

  2. Proxectos de elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais (procedemento IG151-artigo 8).

  3. Proxectos de participación en eventos expositivos internacionais (procedemento IG110-artigo 9).

  4. Proxectos de organización e participación en misións empresariais internacionais directas (procedemento IG123-artigo 11).

  5. Proxectos de organización e participación en misións internacionais tecnolóxicas (procedemento IG154-artigo 13).

  6. Proxectos de organización e participación en misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia (procedemento IG124-artigo 14).

  7. Proxectos de asistencia técnica para a participación en licitacións públicas internacionais (procedemento IG155-artigo 15).

  8. Proxectos de cooperación internacional (procedemento IG111-artigo 16).

  9. Proxectos de iniciativas de difusión en materia de internacionalización (procedemento IG156-artigo 17).

  10. Proxectos de identificación e implantación de boas prácticas e proxectos de intercambio de experiencia no ámbito internacional (procedemento IG157-artigo 18).

  11. Proxectos de prospección e primeira implantación comercial conxunta no estranxeiro (procedemento IG158-artigo 19).

Terceiro.

  1. O prazo de presentación de solicitudes comezará:

-Para o IG110, IG111, IG123 e IG124: o 2 de xuño de 2008.

-Para o IG156: o 1 de xullo de 2008.

-Para o resto das liñas: o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte.

O prazo de presentación de solicitudes rematará para todas as liñas o 30 de xuño de 2009. No caso de que en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente se esgotase o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria das liñas anteriores aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Quinto.-Para todos os créditos especificados nesta convocatoria, resérvase un 10% do importe para proxectos presentados por solicitantes localizados nos municipios indicados no anexo IV das bases anexas. No caso de que os proxectos aprobados non esgoten os créditos reservados, o remanente aplicarase aos restantes proxectos.

Sexto.-Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada liña e mediante resolución, o director xeral do Igape poderá redistribuir entre elas os créditos aprobados, os cales tamén poderán ser ampliados e as partidas orzamentarias modificadas mediante a resolución publicada para o efecto.

Sétimo.-Os requisitos das letras c), e) e l) do artigo 20.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución e os requisitos das letras f), h), i), j), k), m) e n) do citado artigo, reséñanse no artigo 4 das bases anexas e nas bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape, publicadas mediante a Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG nº 55, do 18 de marzo).

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2008.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, de acceder a recursos inaccesibles ou custosos no seu mercado de orixe conseguindo economías de localización, de mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, de entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico, en definitiva, de mellorar a súa eficiencia económica e incrementar a súa capacidade competitiva.

A aposta do goberno galego pola internacionalización das nosas empresas é incuestionable, mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos humanos.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior.

En xeral, a tramitación destas axudas exclúe a concorrencia competitiva con base o establecido no artigo 19.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por canto serán subvencionables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles, por razón de que, tendo en conta a pequena contía das subvencións individuais previstas, non semella que as solicitudes presentadas poidan esgotar os créditos reservados, e tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos pola dificultade de planificar determinadas accións subvencionadas.

Estas axudas compleméntanse con servizos directos ao empresariado galego tales como asesoramento e asistencia técnica en destino, información sobre mercados e oportunidades de negocio, así como outros servizos de aseguranza de operacións comerciais, interpretación telefónica, formación e incorporación laboral de especialistas en comercio exterior, organización de accións promocionais de participación agrupada, rede de empresarios e profesionais de orixe galega, difusión da oferta exportadora galega, seminarios, e calquera outros que solicite o empresariado galego dentro dos medios e recursos dispoñibles do Igape, que se detallan na páxina web oficial do Igape.

Artigo 1º Proxectos obxecto de apoio.

1.1. Co obxectivo de promocionar e facilitar o acceso das empresas galegas ao exterior, o Igape proporcionará apoio financeiro ás accións que realicen as empresas ou organismos intermedios que teñan a sede efectiva da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que realicen actuacións dirixidas á promoción internacional de produtos elaborados, comercializados e/ou servizos prestados por estas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nestas bases, co obxectivo de incentivar a súa internacionalización.

1.2. O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de proxectos:

  1. Proxectos de elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de internacionalización, segundo o establecido no artigo 7.

  2. Proxectos de elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais, segundo o establecido no artigo 8.

  3. Proxectos de participación en eventos expositivos internacionais, segundo o establecido no artigo 9.

  4. Proxectos de participacións agrupadas organizadas polo Igape en eventos expositivos internacionais, segundo o establecido no artigo 10.

  5. Proxectos de organización e participación en misións empresariais internacionais directas, segundo o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR