Decreto 20/2005, do 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA |
Rango de Ley | Decreto |
A Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, creou o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Economía e Facenda, que ten como fin xeral preservar o funcionamento competitivo dos mercados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo a existencia neles dunha competencia efectiva. Procede neste momento desenvolver a súa estrutura orgánica, co fin de acadar un eficaz cumprimento das súas funcións.
Polo tanto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, tras o informe favorable do Tribunal Galego de Defensa da Competencia e demais informes preceptivos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,
DISPOÑO:
O Tribunal Galego de Defensa da Competencia é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, ao que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de defensa da competencia lle atribúe a Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ademais, o tribunal poderá:
-Comunicarlle ao Servizo Galego de Defensa da Competencia aquelas actividades das que teña coñecemento que poidan dar lugar á instrución dun expediente por condutas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 6/2004.
-Promover a realización de estudos en materia de competencia.
-Difundir na sociedade os beneficios que comporta a libre competencia.
Para o desempeño das súas funcións, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:
-
O presidente do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
-
O Pleno do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.
-
O presidente do tribunal, que ten a consideración de alto cargo, é o xefe superior do organismo. Ademais das atribucións que lle confire o artigo 6 da Lei 6/2004, do 12 de xullo, terá as demais funcións que lle poidan corresponder, segundo a lexislación vixente.
-
Do presidente depende a Secretaría Xeral, con rango de subdirección xeral, á que lle corresponden as seguintes...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba