Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorPRESIDENCIA
Rango de LeyLei

Exposición de motivos

O conxunto de medidas incluídas nesta lei está concibido como un complemento adecuado para o mellor desenvolvemento das diversas políticas de carácter económico e social instrumentadas a través dos orzamentos da Comunidade Autónoma do ano 2005 e a consecución dos obxectivos que lles serven de referencia. Esa conexión material ten relación, por outra banda, con obxectivos que normalmente sobrepasan os límites dun único exercicio orzamentario, e desa característica deriva a vixencia per

manente da práctica totalidade das disposicións aquí recollidas.

No título I da lei, referente ás normas tributarias, merece destacarse o establecemento dunha serie de medidas de apoio a políticas de diverso signo, en forma de deducións sobre o imposto da renda das persoas físicas. En ocasións, como no caso da política de fomento da natalidade, non se trata realmente de medidas de nova implantación, senón do reforzo, en forma de aumento da contía das deducións, das existentes en anos anteriores. Máis novas son en cambio as que afectan as políticas de conciliación da vida laboral e familiar, de asistencia aos maiores dependentes e de fomento do uso de novas tecnoloxías, que baixo a forma de incentivos fiscais aparecen recollidas por vez primeira no ordenamento da Comunidade Autónoma.

Igualmente dentro da imposición directa establécese un mínimo exento no imposto sobre o patrimonio, que se duplica no caso de persoas con discapacidade superior ao grao que se determina, mentres que no imposto sobre sucesións e doazóns se aproban diferentes reducións nas adquisicións mortis causa, tamén aplicables aos afectados por diversos graos de minusvalideces.

En apoio do Programa de vivendas de alugueiro desenvolto pola Comunidade Autónoma autorízase unha bonificación do 100% da cota que grava, no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, os arrendamentos entre particulares realizados con intermediación do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Dentro do capítulo de taxas, actualízase o importe das cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, que afecta determinados tipos de máquinas.

O título I queda pechado coa determinación das obrigas de información que en relación con determinados feitos impoñibles afectan as notarías e os rexistros da propiedade respecto da Administración tributaria da Comunidade Autónoma.

Polo que se refire ao título II, dedicado ás normas de réxime administrativo, hai que salientar a adaptación do actual tratamento das subvencións, recollido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, ao contido das disposicións de carácter básico da Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. A este respecto débese indicar que a regulación actual da Comunidade Autónoma xa define un réxime completo e sistemático aplicable nesta materia, polo que as modificacións efectuadas nos artigos da Lei de réxime financeiro e orzamentario afectados unicamente recollen as adaptacións precisas para adecualos á normativa de rango básico antes mencionada.

A entrada en vigor das normas internacionais de contabilidade (NIC) levan consigo unha serie de cambios que afectan as empresas en xeral e as entidades de crédito en particular. A modificación introducida no artigo 48 da Lei de caixas de aforros pre

tende superar a disfunción provocada por esas normas contables respecto da redacción actual, na que se mantén a actual filosofía en materia de distribución de excedentes.

As modificacións realizadas na Lei de cooperativas teñen por finalidade facer extensivo ás cooperativas galegas as mesmas posibilidades previstas para determinadas cooperativas na lexislación estatal.

En disposicións adicionais prevese, un ano máis, o establecemento dunha prestación familiar por coidado de fillos menores, que se aplicará cando quen os teña ao seu cargo non estea obrigado a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas. Por outra banda, adáptase a Lei de función pública ao establecido na Lei galega para a igualdade de mulleres e homes, no tocante á elección do período de vacacións por parte das mulleres xestantes e das mulleres e homes con fillos menores de seis anos. Modifícase a Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, para evitar contradicións coa lexislación estatal de carácter básico, así como para acomodala á doutrina xurisprudencial do Tribunal de Xustiza Europeo en materia de aplicación das directivas comunitarias sobre contratación pública. E finalmente efectúanse determinadas modificacións na Lei de ordenación sanitaria de Galicia, para dalle entrada á posibilidade de que o persoal ao servizo das fundacións públicas sanitarias poida ter carácter estatutario, ademais de carácter laboral.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Título I

Normas tributarias

Capítulo I

Impostos directos

Artigo 1 Imposto sobre a renda das persoas físicas.

Un. Apróbanse as seguintes deducións da cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda:

1) Por nacemento ou adopción de fillos.

Por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto, 300 euros.

No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou á adopción, sempre que o fillo nacido ou adoptado conviva co contribuínte na data de devengo do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

-300 euros, sempre que a renda determinada segundo o previsto no artigo 15.3 do texto refundido

da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, estivese comprendida entre 22.001 e 31.000 euros.

-360 euros, sempre que a renda determinada segundo o previsto no artigo 15.3 do texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, fose menor ou igual a 22.000 euros.

Cando, no período impositivo do nacemento ou da adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores, a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

2) Por familia numerosa.

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir as seguintes cantidades:

-250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.

-400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

Cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa aplicable o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %, a dedución anterior será de 500 e 800 euros respectivamente.

Esta dedución practicaraa o contribuínte co que convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

3) Por coidado de fillos menores.

Os contribuíntes que por motivos de traballo, por conta propia ou allea, teñan que deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en garderías poderán deducir o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 200 euros, sempre que concorran os seguintes requisitos:

  1. Que na data de devengo do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.

  2. Que ambos os dous pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.

  3. Que, no suposto de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime especial de empregadas do fogar da Seguridade Social.

  4. Que a renda determinada segundo o previsto no artigo 15.3 do texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.

    Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe ratearase entre eles.

    4) Por suxeitos pasivos minusválidos, de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas.

    Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos afectados por un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas poderán aplicar unha dedución do 10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  5. A renda determinada segundo o previsto no artigo 15.3 do texto refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2004, do 5 de marzo, non exceda de 22.000 euros en tributación individual ou de 31.000 euros en tributación conxunta.

  6. Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.

  7. O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

    5) Por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos.

    Os contribuíntes que durante o exercicio accedan a Internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade poderán deducir o 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cun límite máximo de 100 euros e segundo os seguintes requisitos:

  8. Só poderá aplicarse no exercicio no que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.

  9. A liña de alta velocidade contratada estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.

  10. Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio. Non resultará tampouco aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, asemade, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.

  11. O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión ou ben a varios que se manteñan simultaneamente.

    Dous. A práctica das deducións ás que se refire o punto anterior quedará condicionada á xustificación documental adecuada e suficiente do suposto de feito e dos requisitos que determinen a súa aplicabilidade.

Artigo 2 Imposto sobre o patrimonio.

O mínimo exento no imposto sobre o patrimonio establécese en 108.200 euros. No caso de que o contribuínte sexa unha persoa discapacitada física, psíquica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65%, este mínimo exento será de 216.400 euros.

Artigo 3 Imposto sobre sucesións e doazóns.

Nas adquisicións mortis causa por persoas con minusvalidez física, psíquica ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, aplicarase unha redución de 108.200 euros. Esta redución será de 216.400 euros para aquelas persoas que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. Estas reducións aplicaranse ademais das que puidesen corresponder en función do grao de parentesco co causante.

Capítulo II

Impostos indirectos

Artigo 4 Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  1. Establécese no 1% o tipo de gravame aplicable na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas ás transmisións de embarcacións de lecer e motores mariños.

  2. Establécese, na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas, unha bonificación na cota do 100% para aqueles arrendamentos de vivenda que se realicen entre particulares con intermediación do Instituto Galego da Vivenda e Solo ao amparo do Programa de vivenda de alugueiro.

Capítulo III

Taxas

Artigo 5 Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar.

Modifícanse as cotas fixas da taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar, no sentido que a seguir se indica:

Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, consonte as normas seguintes:

  1. Máquinas tipo A especial.

    Cota anual: 500 euros.

  2. Máquinas tipo B ou recreativas con premio.

    1. Cota anual: 3.448 euros.

    2. Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo «B», nos que poidan intervir dous ou máis xogadores de forma simultánea e sempre que o xogo de cada un deles sexa independente do realizado por outros xogadores, serán aplicables as seguintes cotas:

    -Máquinas ou aparellos de dous xogadores: dúas cotas de acordo co previsto na letra a).

    -Máquinas ou aparellos de tres ou máis xogadores: 7.060 euros máis o resultado de multiplicar por 2.840 o produto do número de xogadores polo prezo autorizado para a partida.

  3. Máquinas tipo C ou de azar.

    Cota anual: 5.030 euros.

    No caso de modificación do prezo máximo de 0,20 euros autorizado para a partida en máquinas de tipo «B» ou recreativas con premio, as cotas tributarias establecidas na letra B) anterior incrementaranse en 17,36 euros por cada céntimo de euro no que se incremente o novo prezo máximo autorizado.

    Se a modificación se producise con posterioridade ao devengo da taxa, os suxeitos pasivos que exploten máquinas con permisos de data anterior a aquela na que se autorice a suba deberán autoliquidar e ingresar a diferenza de cota que corresponda na forma e nos prazos que determine a Consellería de Economía e Facenda.

    Malia o previsto no parágrafo anterior, a autoliquidación e o ingreso serán só do 50% da diferenza se a modificación do prezo máximo autorizado para a partida se produce despois do 30 de xuño.

Artigo 6 Pagamento

Modificación da Lei de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Modifícase o apartado 5 do artigo 16 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:

5. Poderase aprazar ou fraccionar o pagamento das taxas, para o que é aplicable o disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria

.

Capítulo IV

Obrigas de información das notarías e dos rexistros da propiedade inmobiliaria e mercantil

Artigo 7 Obrigas formais dos notarios.

Coa finalidade de facilitar o cumprimento das obrigas tributarias dos contribuíntes e o acceso telemático dos documentos aos rexistros públicos, os notarios destinados na Comunidade Autónoma de Galicia, en colaboración co Consello Xeral do Notariado, remitiranlle por vía telemática á Consellería de Economía e Facenda unha declaración informativa notarial dos elementos básicos das escrituras autorizadas por eles, así como copia electrónica delas de conformidade co disposto na lexislación notarial, en relación cos feitos impoñibles que determine a Consellería de Economía e Facenda, que, ademais, establecerá os procedementos, a estrutura e os prazos nos que debe ser remitida a información.

Artigo 8 Obrigas formais dos rexistradores da propiedade inmobiliaria e mercantís.

Os rexistradores da propiedade inmobiliaria e mercantís con destino na Comunidade Autónoma de Galicia virán obrigados a remitirlle trimestralmente á Consellaría de Economía e Facenda unha relación

dos documentos que conteñan actos ou contratos suxeitos ao imposto sobre sucesións e doazóns ou ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados que se presenten á inscrición nos seus rexistros, cando o pagamento dos devanditos tributos ou a presentación da declaración tributaria se realizase nunha comunidade autónoma distinta a esta.

A Consellería de Economía e Facenda determinará o contido da información que debe remitirse, os modelos de declaración e os prazos de presentación, así como as condicións nas que a presentación mediante soporte lexible por ordenador ou mediante transmisión por vía telemática será obrigatoria.

Título II

Normas de réxime administrativo

Capítulo I

Xestión financeira e orzamentaria

Artigo 9 Acceso á vía de constrinximento

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícase o apartado 2 do artigo 19 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactado nos seguintes termos:

2. As providencias de constrinximento acreditativas do descuberto ante a Facenda da Comunidade das débedas por tributos e demais ingresos de dereito público, expedidas polos funcionarios competentes segundo os regulamentos, serán títulos suficientes para iniciar o seu cobramento pola vía de constrinximento e terán a mesma forza executiva que a sentenza xudicial para proceder contra os bens e os dereitos dos debedores

.

Artigo 10 Xuros de mora

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícase o apartado 2 do artigo 21 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactado da seguinte forma:

2. Agás o establecido en leis especiais, o xuro de mora resultará da aplicación, para cada ano ou período dos que integran o período de cálculo, do xuro legal fixado na Lei de orzamentos do Estado para os devanditos exercicios

.

Artigo 11 Prescrición

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícase a letra a) do apartado 3 do artigo 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactada da seguinte maneira:

a) Pola interposición de reclamacións ou recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia

perante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos devanditos recursos

.

Artigo 12 Réxime xeral de axudas e subvencións

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícase o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactado nos seguintes termos:

Artigo 78. Réxime xeral de axudas e subvencións

1. As normas contidas neste e no seguinte artigo son aplicables ás subvencións e axudas públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

O disposto nesta lei será de aplicación supletoria para os procedementos de concesión de axudas e subvencións establecidos en normas da Unión Europea ou, se é o caso, polas normas de desenvolvemento ou transposición daquelas e para os casos nos que lle corresponda a outra administración a regulamentación básica.

Así mesmo deberán axustarse a esta lei as subvencións outorgadas polos organismos e polas demais entidades de dereito público con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes da Administración da Comunidade Autónoma na medida na que as subvencións que outorguen sexan consecuencia do exercicio de potestades administrativas.

Serán aplicables os principios de xestión contidos nesta lei e os de información aos que fai referencia o artigo 20 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, ao resto das entregas dinerarias sen contraprestación que realicen os entes do parágrafo anterior que se rexan polo dereito privado. En todo caso, as achegas gratuítas terán relación directa co obxecto da actividade contido na súa norma de creación ou nos seus estatutos.

Os incentivos á actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidos ao abeiro do Decreto 172/2000, do 12 de xullo, dos que a súa xestión lle corresponde ao Instituto Galego de Promoción Económica regularanse polo disposto na súa normativa específica, excepto no referido ao réxime de control financeiro e ás infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións, que se rexerán polo disposto nesta lei.

2. Enténdese por subvención e axuda pública, para os efectos desta norma, toda disposición dineraria acordada pola Administración da Comunidade Autónoma ou por unha entidade vinculada ou dependente dela con cargo aos seus orzamentos a favor de persoas públicas ou privadas ou de particulares, e que cumpra os seguintes requisitos:

a) Que a entrega se realice sen contraprestación directa dos beneficiarios.

b) Que a entrega estea suxeita ao cumprimento dun determinado obxectivo, á execución dun proxecto, á realización dunha actividade, á adopción dun comportamento singular, xa realizados ou por desenvolver, ou á concorrencia dunha situación, debendo o beneficiario cumprir as obrigas materiais e formais que se establecesen.

c) Que o proxecto, a acción, a conduta ou a situación financiada teña por obxecto o fomento dunha actividade de utilidade pública ou interese social ou de promoción dunha finalidade pública.

Non están comprendidas no ámbito de aplicación desta lei as achegas dinerarias entre diferentes administracións públicas, así como entre a administración e os organismos e outros entes públicos dependentes delas, destinadas a financiar globalmente a actividade de cada ente no ámbito propio das súas competencias, para o que resulta aplicable o disposto de maneira específica na súa normativa reguladora.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta lei:

a) Os premios que se outorguen sen a previa solicitude do beneficiario.

b) As subvencións previstas na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

c) As subvencións reguladas na Lei orgánica 3/1987, do 2 de xullo, de financiamento dos partidos políticos.

d) As subvencións aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia nos termos previstos na súa normativa específica.

3. Son órganos competentes para a concesión de subvencións ou axudas públicas os conselleiros, os presidentes ou os directores dos organismos autónomos e mais os órganos reitores dos demais entes segundo as súas leis de creación ou a normativa específica dentro do ámbito da súa competencia. As devanditas atribucións poderán ser obxecto de delegación.

Malia o anterior, requirirá autorización do Consello da Xunta a concesión de subvencións ou axudas públicas que superen a contía de 3.000.000 de euros por beneficiario. A autorización non implicará a aprobación do gasto, que lle corresponderá en todo caso ao órgano competente para a concesión da subvención.

4. Terá a consideración de beneficiario da subvención ou da axuda pública a persoa que teña que realizar a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atope na situación que lexitima a súa concesión.

Cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, e sempre que así estea previsto nas bases reguladoras, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro terán igualmente a condición de beneficiarios.

Cando estea previsto expresamente nas bases reguladoras, poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución da concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da subvención para aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79.Tres desta lei.

Son obrigas do beneficiario:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar perante a entidade concedente ou, se é o caso, perante a entidade colaboradora a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou das condicións que determinan a concesión ou o gozo da axuda. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 30 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na normativa regulamentaria de desenvolvemento e do disposto nas bases reguladoras ou nos instrumentos de concesión.

c) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma na que se determine regulamentariamente e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente ou, se é o caso, a entidade colaboradora, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Comunicarlle á entidade concedente ou, se é o caso, á entidade colaboradora a obtención de sub

vencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no apartado 8 deste artigo.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no apartado 10 deste artigo.

5. A subcontratación das actividades subvencionadas polos beneficiarios axustarase ao disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

6. Será entidade colaboradora aquela que, actuando en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, lles entregue e distribúa os fondos públicos aos beneficiarios, cando así se estableza nas bases reguladoras, ou colabore na xestión da subvención sen que se produza a previa entrega e distribución dos fondos recibidos. Estes fondos non se considerarán en ningún caso integrantes do seu patrimonio. Igualmente terán esta condición os que, sendo nomeados beneficiarios consonte a normativa comunitaria, teñan encomendadas, exclusivamente, as funcións enumeradas no parágrafo anterior.

Para estes efectos, poderán ser consideradas entidades colaboradoras os organismos e demais entes públicos, as sociedades mercantís participadas integramente ou maioritariamente polas administracións públicas, polos organismos ou polos entes de dereito público e mais as asociacións ás que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases do réxime local, así como as persoas xurídicas que reúnan as condicións de solvencia e eficacia que regulamentariamente se establezan.

A Administración xeral do Estado, os seus organismos públicos e entes que teñan que axustar a súa actividade ao dereito público e as corporacións locais poderán actuar como entidades colaboradoras das subvencións concedidas pola Administración da Comunidade Autónoma, dos seus organismos e entes de dereito público vinculados ou dependentes.

De igual forma, e nos mesmos termos, a Administración da Xunta de Galicia e os seus organismos

públicos poderán actuar como entidades colaboradoras das subvencións concedidas pola Administración do Estado e os seus organismos públicos e polas corporacións locais.

Son obrigas da entidade colaboradora:

a) Entregarlles aos beneficiarios os fondos recibidos de acordo cos criterios establecidos nas normas reguladoras da subvención ou da axuda e no convenio subscrito coa entidade concedente.

b) Verificar, se é o caso, o cumprimento e a efectividade das condicións ou dos requisitos determinantes para o seu outorgamento, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

c) Xustificar a aplicación dos fondos percibidos perante a entidade concedente e, se é o caso, entregar a xustificación presentada polos beneficiarios.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que respecto da xestión dos devanditos fondos pode efectuar a entidade concedente así como calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais coma comunitarios, coa achega de canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Colaborar na restitución das subvencións outorgadas nos supostos nos que concorra causa de reintegro.

Formalizarase un convenio de colaboración entre o órgano concedente e a entidade colaboradora no que se regularán as condicións e as obrigas asumidas por esta.

O convenio deberá conter, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Definición do obxecto da colaboración e da entidade colaboradora.

b) Identificación da normativa reguladora especial das subvencións que van ser xestionadas pola entidade colaboradora.

c) Prazo de duración do convenio de colaboración.

d) Compensación económica que, se é o caso, se fixe a favor da entidade colaboradora.

Cando a Administración xeral do Estado, as administracións doutras comunidades autónomas, as corporacións locais ou os organismos públicos vinculados ou dependentes delas actúan como entidades colaboradoras, a Administración da Comunidade Autónoma ou os seus organismos vinculados ou dependentes subscribirán con aquelas os correspondentes convenios, nos que se determinarán os requisitos para a distribución ou a entrega dos fondos, así como os criterios de xustificación e rendición de contas.

Cando as entidades colaboradoras sexan persoas suxeitas a dereito privado, seleccionaranse previamente mediante un procedemento sometido aos prin

cipios de publicidade, concorrencia, igualdade e non discriminación e a colaboración formalizarase mediante convenio, agás que polo obxecto da colaboración resulte de aplicación plena o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

O contrato, que incluirá necesariamente o contido mínimo previsto neste artigo para os convenios de colaboración, así como o que resulte preceptivo de acordo coa normativa reguladora dos contratos administrativos, deberá facer mención expresa ao sometemento do contratista ao resto das obrigas mínimas impostas ás entidades colaboradoras por esta lei.

7. Poderán obter a condición de beneficiario ou entidade colaboradora as persoas ou as entidades que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención ou nas que concorran as circunstancias previstas nas bases reguladoras e na convocatoria e non incorran nas circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

8. A xestión de subvencións e axudas públicas axustarase aos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

O procedemento ordinario de concesión de subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Neste suposto a proposta de concesión formularáselle ao órgano competente por un órgano colexiado a través do órgano instrutor. A composición do órgano colexiado será a que establezan as correspondentes bases reguladoras.

Excepcionalmente, sempre que así estea previsto nas bases reguladoras, o órgano competente procederá ao rateo entre os beneficiarios da subvención do importe global máximo destinado ás subvencións.

Sen prexuízo de que o Consello da Xunta determine os criterios básicos, os órganos concedentes establecerán con carácter previo á disposición dos créditos as bases reguladoras aplicables á concesión.

As citadas bases serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e conterán, como mínimo, os seguintes extremos:

a) Definición precisa do obxecto da axuda ou da subvención.

b) Requisitos que deberán reunir os beneficiarios para a obtención da subvención ou da axuda pública, e, se é o caso, os membros das entidades previstas nos parágrafos segundo e cuarto do apartado 4 deste artigo, prazo e forma de acreditalos e prazo e forma nos que deben presentarse as solicitudes.

c) Criterios obxectivos de adxudicación da subvención ou da axuda pública e, se é o caso, ponderación deles.

d) Procedemento de concesión da subvención.

e) Crédito orzamentario ao que deben imputarse e importe global máximo que se destina, posibilidade de concorrencia con outras axudas, subvencións, ingresos ou recursos e, se é o caso, incompatibilidade coa súa percepción.

f) Órganos competentes para a xestión da subvención ou da axuda pública e para a resolución da concesión e prazo no que será notificada a resolución.

g) Prazo e forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención ou a axuda pública e da aplicación dos fondos percibidos.

h) No suposto de prever a posibilidade de realizar aboamentos á conta e pagamentos anticipados, prazos, modo de pagamento e réxime particular de garantías que deberán achegar os beneficiarios, así como aqueloutras medidas de garantía a favor dos intereses públicos que poidan considerarse precisas.

i) Obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

j) Obriga do beneficiario de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

k) Se é o caso, as condicións de solvencia e eficacia que teñan que reunir as entidades colaboradoras.

l) Mención expresa do disposto no apartado 9 deste artigo.

m) Expresión dos recursos que procedan contra a resolución da concesión, con indicación do órgano administrativo ou xudicial perante o que teñan que presentarse, prazo para interpoñelos e demais requisitos exixidos pola normativa de xeral aplicación.

Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nos termos que se fixen regulamentariamente, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade ou as finalidades da subvención.

Poderá aprobarse de forma directa a concesión das subvencións nos seguintes supostos:

a) Cando teñan asignación nominativa nos orzamentos, nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.

b) Aquelas das que o seu outorgamento e contía lle veñan impostos á administración por unha norma

de rango legal, que seguirán o procedemento de concesión que resulte aplicable segundo a súa propia normativa.

c) Excepcionalmente, cando non sexa posible promover a concorrencia por acreditarse razóns de interese público, social, económico ou humanitario ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública.

Non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia da concesión das subvencións nos seguintes supostos:

a) Aqueles aos que se refiren as letras a) e b) do parágrafo anterior.

b) Cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros. Neste suposto, as bases reguladoras deberán prever a utilización doutros procedementos que, de acordo coas súas especiais características, contía e número, aseguren a publicidade dos seus beneficiarios.

c) Cando a publicación dos datos do beneficario por razón do obxecto da subvención poida ser contraria ao respecto e salvagarda do honor, á intimidade persoal e familiar das persoas físicas en virtude do establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, e fose previsto na súa normativa reguladora.

Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención nos termos regulamentariamente establecidos.

Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención en tanto o beneficiario non figure ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

9. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

O importe das subvencións reguladas neste artigo non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

A normativa reguladora da subvención poderá exixir un importe de financiamento propio para cubrir a actividade subvencionada. A achega de fondos propios ao proxecto ou á acción subvencionada terá que ser acreditada nos termos previstos para o cumprimento da obriga de xustificación.

A normativa reguladora da subvención determinará o réxime de compatibilidade ou incompatibilidade para a percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuízo do disposto no segundo parágrafo deste apartado.

Os rendementos financeiros que se xeren polos fondos librados aos beneficiarios incrementarán o importe da subvención concedida e aplicaranse igualmente á actividade subvencionada, agás que, por razóns debidamente motivadas, se dispoña o contrario nas bases reguladoras da subvención.

Isto último non será aplicable nos supostos nos que o beneficiario sexa unha administración pública.

A determinación dos gastos subvencionables axustarase ao disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

10. Procederá o reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida e dos xuros de mora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos termos establecidos no artigo 30 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e, se é o caso, nas normas reguladoras da subvención.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

d) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou da axuda pública, así como dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo no que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles distintos dos anteriores, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de

calquera administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no apartado 8 deste artigo.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos apartados 4 e 6 deste artigo, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 ao 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

Cando o cumprimento polo beneficiario ou, se é o caso, a entidade colaboradora se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite por estes unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, a cantidade que debe reintegrarse virá determinada pola aplicación dos criterios establecidos nas bases reguladoras da subvención e na normativa aplicable.

Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos previstos no apartado 9 deste artigo sobre o custo da actividade desenvolvida.

Con independencia das causas de reintegro enumeradas neste apartado, a declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorrer as causas previstas nos artigos 62 e 63 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando concorra algunha das causas de reintegro antes referidas, levará á obriga de devolver as cantidades percibidas. Non procederá a revisión de oficio do acto de concesión cando concorra causa de reintegro.

As cantidades que deban reintegrarse terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 ao 23 desta lei.

11. Os beneficiarios, as entidades colaboradoras e os terceiros relacionados co obxecto da subvención ou a súa xustificación estarán na obriga de prestaren colaboración e facilitaren canta documentación lles sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como aos órganos que, de acordo coa normativa comunitaria, teñan atribuídas fun

cións de control financeiro, e para este fin terán as seguintes facultades:

a) O libre acceso á documentación obxecto de comprobación, incluídos os programas e arquivos en soportes informáticos.

b) O libre acceso aos locais de negocio e aos demais establecementos ou lugares nos que se desenvolva a actividade subvencionada ou se permita verificar a realidade e regularidade das operacións financiadas con cargo á subvención.

c) A obtención de copia ou a retención das facturas, dos documentos equivalentes ou substitutivos e de calquera outro documento relativo ás operacións nas que se deduzan indicios da incorrecta obtención, gozo ou destino da subvención.

d) O libre acceso á información das contas bancarias nas entidades financeiras onde poida efectuarse o cobramento das subvencións ou con cargo ás que poidan realizarse as disposicións dos fondos.

A negativa ao cumprimento desta obriga considerarase resistencia, escusa, obstrución ou negativa para os efectos previstos no apartado 9 deste artigo, sen prexuízo das sancións que, se é o caso, puidesen corresponder.

12. O control financeiro poderá estenderse ás persoas físicas ou xurídicas ás que se atopen asociadas os beneficiarios, así como a calquera outra persoa susceptible de presentar un interese na consecución dos obxectivos, na realización das actividades, na execución dos proxectos ou na adopción dos comportamentos.

13. Os órganos de control das administracións públicas, en aplicación da normativa comunitaria, poderán levar a cabo, ademais, controis e verificacións dos procedementos de xestión dos distintos órganos xestores que interveñan na concesión e xestión e no pagamento das axudas cofinanciadas con fondos comunitarios que permitan garantir a correcta xestión financeira dos fondos comunitarios

.

Artigo 13 Infraccións, sancións e réxime de responsabilidades

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Modifícase o artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactado como segue:

Artigo 79.-Infraccións, sancións e réxime de responsabilidades.

Un. Infraccións.

Constitúen infraccións administrativas en materia de axudas e subvencións públicas as seguintes condutas, cando nelas interveña calquera forma de culpa:

1. Constitúen infraccións moi graves:

a) A obtención dunha axuda ou subvención con falsificación das condicións requiridas para a súa concesión ou ocultación das que a impedisen ou limitasen.

b) A non aplicación, en todo ou en parte, das cantidades ou dos bens recibidos para os fins para os que a axuda ou a subvención foi concedida, sempre que non se procedese á súa devolución sen previo requirimento.

c) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de control previstas, respectivamente, nos apartados 4 e 6 do artigo 78 desta lei, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento da finalidade e da realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

d) A falta de entrega, por parte das entidades colaboradoras, cando así se estableza, aos beneficiarios dos fondos recibidos de acordo cos criterios previstos nas bases reguladoras da subvención.

e) As demais condutas tipificadas como infraccións moi graves na normativa da Unión Europea en materia de subvencións.

2. Constitúen infraccións graves:

a) O incumprimento da obriga de comunicarlle ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención de subvencións, axudas públicas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, á que se refire a letra e) do parágrafo catro do artigo 78 desta lei.

b) O incumprimento das condicións establecidas con alteración substancial dos fins para os que a subvención foi concedida.

c) A falta de xustificación do emprego dado aos fondos recibidos logo de transcorrer o prazo establecido para a súa presentación.

d) A obtención da condición de entidade colaboradora con falsificación dos requisitos requiridos nas bases reguladoras da subvención ou ocultación dos que a impedisen.

e) O incumprimento por parte da entidade colaboradora da obriga de verificar, se é o caso, o cumprimento e a efectividade das condicións ou dos requisitos determinantes para o outorgamento das subvencións cado disto derive a obriga de reintegro.

f) As demais condutas tipificadas como infraccións graves na normativa da Unión Europea en materia de subvencións.

3. Constitúen infraccións leves os incumprimentos das obrigas recollidas nesta lei e nas bases reguladoras de subvencións cando non constitúan infraccións graves ou moi graves e non operen como elemento de graduación da sanción. En particular, constitúen infraccións leves as seguintes condutas:

a) A presentación fóra de prazo das contas xustificativas da aplicación dada aos fondos percibidos.

b) A presentación de contas xustificativas inexactas ou incompletas.

c) O incumprimento das obrigas formais que, ao non estaren previstas de forma expresa no resto de parágrafos deste artigo, sexan asumidas como consecuencia da concesión da subvención, nos termos establecidos regulamentariamente.

d) O incumprimento de obrigas de índole contable ou rexistral, en particular:

1. A inexactitude ou a omisión dunha ou varias operacións na contabilidade e nos rexistros legalmente exixidos.

2. O incumprimento da obriga de levar ou conservar a contabilidade, os rexistros legalmente establecidos, os programas e arquivos informáticos que lles sirvan de soporte e os sistemas de codificación utilizados.

3. Levar contabilidades diversas que, referidas a unha mesma actividade e exercicio económico, non permitan coñecer a verdadeira situación da entidade.

4. A utilización de contas con significado distinto do que lles corresponde, segundo a súa natureza, que dificulte a comprobación da realidade das actividades subvencionadas.

e) O incumprimento das obrigas de conservación de xustificantes ou documentos equivalentes.

f) O incumprimento por parte das entidades colaboradoras das obrigas establecidas no apartado 6 do artigo 78 desta lei que non estean previstas de forma expresa no resto de apartados deste artigo.

g) A resistencia, a obstrución, a escusa ou a negativa ás actuacións de control financeiro.

Enténdese que existen as circunstancias cando o responsable das infraccións administrativas en materia de subvencións, debidamente notificado para o efecto, realizase actuacións tendentes a dilatar, empecer ou impedir as actuacións dos funcionarios da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma no exercicio de funcións de control financeiro.

Entre outras, constitúen resistencia, obstrución, escusa ou negativa as seguintes condutas:

1. Non achegar ou non facilitar o exame de documentos, informes antecedentes, libros, rexistros, ficheiros, xustificantes, asentos de contabilidade, programas e arquivos informáticos, sistemas operativos e de control e calquera outro dato obxecto de comprobación.

2. Non atender ningún requirimento.

3. A incomparecencia, agás causa xustificada, no lugar e tempo sinalado.

4. Negar ou impedir indebidamente a entrada ou a permanencia en locais de negocio e demais establecementos ou lugares nos que existan indicios probatorios para a correcta xustificación dos fondos percibidos polo beneficiario ou pola entidade colaboradora ou da realidade e regularidade da actividade subvencionada.

5. As coaccións ao persoal controlador que realice o control financeiro.

h) O incumprimento da obriga de colaboración por parte das persoas ou entidades ás que se refire o apartado 11 do artigo 78 desta lei, cando disto derive a imposibilidade de contrastar a información facilitada polo beneficiario ou pola entidade colaboradora.

i) As demais condutas tipificadas como infracción leve na normativa da Unión Europea en materia de subvencións.

Dous. Sancións.

1. As infraccións administrativas serán sancionadas de forma acumulativa de acordo coa seguinte escala:

A) Infraccións moi graves:

a) Multa do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida ou, no caso de entidade colaboradora, dos fondos recibidos.

b) A perda, tanto no suposto de beneficiario coma de entidade colaboradora, durante o prazo de tres a cinco anos, do dereito a obter axudas ou subvencións da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou a ser designados como entidade colaboradora.

c) Prohibición, durante un prazo de tres a cinco anos, de asinar contratos coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Infraccións graves:

a) Multa do tanto ao duplo da cantidade indebidamente obtida ou, no caso de entidade colaboradora, dos fondos recibidos.

b) A perda, tanto no suposto de beneficiario coma de entidade colaboradora, durante o prazo dun a tres anos, do dereito a obter axudas ou subvencións da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia ou a ser designados como entidade colaboradora.

c) Prohibición, durante un prazo dun a tres anos, de asinar contratos coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

C) Infraccións leves:

a) Multa fixa entre 75 e 6.000 euros.

b) Multa de ata o tanto da cantidade indebidamente obtida ou do importe da cantidade non xustificada ou, no caso de entidade colaboradora, dos fondos recibidos.

2. As sancións das infraccións administrativas previstas neste artigo graduaranse en atención á existencia de intencionalidade, participación e beneficio obtido, á transcendencia social e natureza dos prexuízos causados e á reincidencia na comisión de infraccións.

3. As sancións ás que se refire o parágrafo anterior enténdense sen prexuízo da obriga de reintegro prevista no artigo 78.10 desta lei, así como das indemnizacións de danos e perdas que puidesen exixirse e, se é o caso, da responsabilidade penal.

Tres. Prescrición de infraccións e sancións.

As infraccións prescribirán no prazo de catro anos, contado desde o día no que a infracción se producise.

As sancións prescribirán no prazo de catro anos, contado desde o día seguinte a aquel no que adquirise firmeza a resolución pola que se impuxo a sanción.

O prazo de prescrición interromperase consonte o establecido no artigo 132 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A prescrición aplicarase de oficio, sen prexuízo de que poida ser solicitada a súa declaración polo interesado.

Catro. Réxime de responsabilidades.

1. Serán responsables da obriga de reintegro os beneficiarios ou, se é o caso, as entidades colaboradoras nos termos e casos previstos no apartado 10 do artigo 78 desta lei.

Os membros das persoas e das entidades previstas no parágrafo segundo e cuarto do apartado 4 do artigo 78 desta lei responderán solidariamente da obriga de reintegro do beneficiario en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a efectuar.

Responderán solidariamente da obriga de reintegro os representantes legais do beneficiario cando este carecese de capacidade de obrar.

Responderán solidariamente os membros, os partícipes ou os cotitulares das entidades ás que se refire o parágrafo cuarto do apartado 4 do artigo 78 desta lei en proporción ás súas respectivas participacións, cando se trate de comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

2. Serán responsables das infraccións administrativas en materia de subvencións as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, así como os entes sen personalidade aos que se refire o parágrafo cuarto do apartado 4 do artigo 78 desta lei, que por acción ou omisión incorran nos supostos tipificados como infraccións nesta lei, e, en particular, as seguintes:

a) Os beneficiarios de subvencións, así como os membros das persoas ou das entidades previstas nos parágrafos segundo e cuarto do apartado 4 do artigo 78 desta lei, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar.

b) As entidades colaboradoras.

c) O representante legal dos beneficiarios de subvencións que carezan de capacidade de obrar.

d) As persoas ou as entidades relacionadas co obxecto da subvención ou a súa xustificación obrigadas a prestaren colaboración e facilitaren canta documentación lles sexa requirida en cumprimento do disposto no apartado 11 do artigo 78 desta lei.

Responderán solidariamente da sanción pecuniaria os membros, os partícipes ou os cotitulares das entidades ás que se refire o parágrafo terceiro do apartado 4 do artigo 78 desta lei en proporción ás súas respectivas participacións, cando se trate de comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

3. Serán responsables subsidiariamente da obriga de reintegro e das sancións pecuniarias os administradores ou aqueles que teñan a representación legal das persoas xurídicas, de acordo coas disposicións legais ou estatutarias que lles resulten aplicables, que non realizasen os actos necesarios que fosen da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas infrinxidas, adoptasen acordos que fixesen posibles os incumprimentos ou consentisen os de quen deles dependa.

Así mesmo, os que teñan a representación legal das persoas xurídicas, de acordo coas disposicións legais ou estatutarias que lles resulten aplicables, que cesasen nas súas actividades responderán subsidiariamente en todo caso das obrigas de reintegro destas.

4. No caso de sociedades ou entidades disoltas e liquidadas, as súas obrigas de reintegro e sancións pendentes transmitiránselles aos socios ou partícipes no capital, que responderán delas solidariamente e ata o límite do valor da cota de liquidación que se lles adxudicase ou debese adxudicar.

5. No caso de sociedades ou entidades disoltas e liquidadas nas que a lei non limita a responsabilidade patrimonial dos socios, os partícipes ou os cotitulares, as sancións pendentes transmitiránselles a estes, que quedarán obrigados solidariamente ao seu cumprimento.

6. As accións ou as omisións tipificadas nesta lei non darán lugar á responsabilidade por infracción administrativa en materia de subvencións nos seguintes supostos:

a) Cando se realicen por quen careza de capacidade para obrar.

b) Cando concorra forza maior.

c) Cando deriven dunha decisión colectiva, para quen salvase o seu voto ou non asistise á reunión na que se tomou aquela.

7. A responsabilidade derivada das infraccións extínguese polo pagamento ou o cumprimento da sanción, por prescrición ou por falecemento.

Cinco. Órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Será competente para a resolución do procedemento sancionador, nas infraccións leves e graves,

o titular do departamento que concedese a axuda ou a subvención ou ao que estivese adscrito o órgano concedente. A resolución das infraccións moi graves, así como a daquelas subvencións que autorizase, calquera que fose a cualificación xurídica da infracción, é competencia do Consello da Xunta.

2. A imposición das sancións efectuarase mediante expediente administrativo, no que, en todo caso, se lle dará audiencia ao interesado antes de ditar o acordo correspondente, e que será tramitado consonte o disposto na lexislación de carácter xeral que regule o procedemento sancionador. Os acordos de imposicións de sancións poñerán fin á vía administrativa.

3. O expediente iniciarase de oficio, como consecuencia da actuación investigadora desenvolvida polo órgano concedente ou pola entidade colaboradora, así como das actuacións de control financeiro efectuadas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e dos procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

4. Nos supostos nos que a conduta puidese ser constitutiva de delito, a administración pasará o tanto de culpa á xurisdición competente e acordará a suspensión do procedemento sancionador ata que recaia resolución xudicial firme, teña lugar o sobresemento ou o arquivo das actuacións ou se produza a devolución do expediente polo Ministerio Fiscal. A pena imposta pola autoridade xudicial excluirá a imposición de sanción administrativa se se lle impuxo ao mesmo suxeito polos mesmos feitos e idéntico fundamento aos considerados no procedemento sancionador. De non estimarse a existencia de delito, a administración iniciará ou continuará o expediente sancionador con base nos feitos que os tribunais considerasen probados.

5. No non previsto neste artigo, será aplicable o establecido na lexislación xeral sobre potestade sancionadora vixente en cada momento

.

Artigo 14 Fundacións do sector público

Modificación da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Engádeselle unha disposición adicional ao texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, que queda redactada do seguinte xeito:

Cuarta. Fundacións do sector público.

1. As entregas dinerarias sen contraprestación que realicen as fundacións do sector público rexeranse polo dereito privado, se ben serán aplicables os principios de xestión contidos nesta lei e os de información aos que se fai referencia no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvenciones. En todo caso, as achegas gratuítas que realicen terán relación directa co obxecto da actividade descrita na norma de creación ou nos seus estatutos.

2. Para os efectos da regra anterior, consideraranse fundacións do sector público aquelas fundacións nas que se dea algunha das seguintes circunstancias:

a) Que se constitúan cunha achega maioritaria, directa ou indirecta, das administracións públicas, dos seus organismos públicos ou demais entidades do sector público.

b) Que o seu patrimonio fundacional, cun carácter de permanencia, estea formado en máis dun 50% por bens ou dereitos achegados ou cedidos polas referidas entidades

.

Capítulo II

Caixas de aforro

Artigo 15 Excedentes

Modificación da Lei de caixas de aforros de Galicia.

Modifícase o artigo 48 da Lei 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia, que queda redactado como segue:

Artigo 48. Dotacións.

1. De acordo coa súa finalidade e natureza fundacional, as caixas destinarán a totalidade dos seus excedentes que non teñan que aplicarse a reservas por mandato legal á dotación de reservas voluntarias e á creación e ao mantemento de obras benéfico-sociais.

2. No caso de caixas que encabecen un grupo consolidable de entidades de crédito, o excedente de referencia será o que resulte dos estados contables consolidados.

3. Correspóndelle á Consellería de Economía e Facenda autorizar os acordos aprobados pola asemblea xeral das caixas, relativos á determinación dos excedentes e á súa distribución consonte a normativa aplicable.

4. A Consellería de Economía e Facenda e as caixas poderán acordar a porcentaxe dos seus excedentes que estas últimas dedicarán, anualmente, a obras benéfico-sociais. No caso contrario, poderán establecerse por vía regulamentaria, logo de ser oída a Federación Galega de Caixas de Aforros

.

Capítulo III

Cooperativas de crédito

Artigo 16 Fondo de formación e promoción cooperativa

Modificación da Lei de cooperativas de Galicia.

Modifícase a letra f) do apartado 2 do artigo 68 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que queda redactada nos seguintes termos:

f) As cooperativas de crédito poderán destinar este fondo á promoción cultural, profesional e social da comunidade en xeral. As restantes cooperativas precisarán a autorización previa do Consello Galego de Cooperativas

.

Artigo 17 Asalariados

Modificación da Lei de cooperativas de Galicia.

Modifícase o apartado 1 do artigo 110 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

1. A cooperativa poderá contratar traballadores por conta allea. O número de horas/ano realizadas por estes non poderá ser superior ao 30% do total de horas/ano realizadas polos socios traballadores. Non se computarán nesta porcentaxe:

a) Os traballadores integrados na cooperativa por subrogación legal así como aqueles que se incorporen en actividades sometidas a esta subrogación.

b) Os traballadores que substitúan socios traballadores ou asalariados en situación de excedencia ou incapacidade temporal, baixa por maternidade, adopción ou acollemento.

c) Os traballadores con contratos de traballo en prácticas e para a formación.

d) Os traballadores contratados en virtude de calquera disposición de fomento do emprego de diminuídos físicos ou psíquicos.

e) Os traballadores que se neguen explicitamente a ser socios traballadores

.

Artigo 18 Suxeitos, obxecto, ámbito e réxime dos socios

Modificación da Lei de cooperativas de Galicia.

Modifícase o apartado 5 do artigo 112 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

5. O número de horas/ano realizadas por traballadores asalariados non poderá superar os límites establecidos no artigo 110.1 desta lei para as cooperativas de traballo asociado

.

Artigo 19 Suxeitos, obxecto e ámbito

Modificación da Lei de cooperativas de Galicia.

Modifícase o apartado 5 do artigo 118 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

5. O número de horas/ano realizadas por traballadores asalariados non poderá superar os límites establecidos no artigo 110.1 desta lei para as cooperativas de traballo asociado

.

Disposicións adicionais

Primeira.-Prestacións familiares por coidado de fillos menores.

Aquelas persoas que, na data de entrada en vigor desta lei, teñan ao seu cargo fillos menores de tres anos terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un deles cando, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2003, nin eles nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período.

A percepción desta prestación axustarase ao procedemento que estableza a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, que exixirá xustificación documental dos requisitos precisos para o seu gozo, sen que o mesmo fillo poida dar lugar a máis dunha prestación.

Segunda.-Vacacións. Modificación da Lei da función pública de Galicia.

Engádeselle un novo parágrafo ao apartado 3 do artigo 69 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, coa seguinte redacción:

Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de seis anos ou maiores dependentes ao seu coidado

.

Terceira.-Rede de albergues para peregrinos. Modificación da Lei de protección dos camiños de Santiago.

Modifícase a letra c) do artigo 29 da Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago, que queda redactado como segue:

c) O establecemento, a organización e a xestión dunha rede de albergues destinados á peregrinación. Poderá igualmente establecerse un sistema de apoio a albergues e hospedarías que teñan carácter privado

.

Cuarta.-Fundacións e outras entidades. Modificación da Lei 10/1996, do 5 de novembro

Modifícase o artigo 9 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, que queda redactado da seguinte forma:

Artigo 9. Principios.

Ás fundacións e ás sociedades públicas ás que se refire o artigo 1.b) e c) desta lei seralles de aplicación directa a lexislación de contratos das administracións públicas nos mesmos termos que se establecen nesta para as sociedades de dereito privado creadas para satisfacer necesidades de interese xeral.

As entidades ás que se refire o artigo 1, cando non lles resulte de aplicación directa a lexislación de contratos das administracións públicas, axustarán a súa actividade contractual aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, agás que a natureza da operación que se vaia realizar sexa incompatible con estes principios

.

Quinta.-Réxime xurídico do persoal das fundacións públicas sanitarias. Modificación da Lei de ordenación sanitaria de Galicia.

Un. Modifícase o punto 1 do artigo 72 da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sani

taria de Galicia, que queda redactado da seguinte forma:

1. A relación xurídica do persoal ao servizo das fundacións públicas sanitarias poderá ser de natureza laboral, ao que lle será aplicable o disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, ou estatutaria, sen prexuízo da eventual adscrición de persoal funcionario ou estatutario do Servizo Galego de Saúde, cando as necesidades do servizo público sanitario así o requiran

.

Dous. Engádeselle unha disposición adicional cuarta á Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, redactada nos seguintes termos:

Cuarta. Integración, no réxime estatutario, do persoal de fundacións públicas e sociedades públicas autonómicas do sector sanitario.

Autorízase o Consello da Xunta, dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes, para adoptar as medidas tendentes á progresiva integración no réxime estatutario do persoal das fundacións públicas sanitarias constituídas pola Comunidade Autónoma e das sociedades públicas autonómicas do sector sanitario

.

Sexta.-Réxime expropiatorio.

A sociedade pública estatal Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., para levar a cabo as súas actucións e adquisicións de solo mediante expropiación, dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, terá a condición de beneficiaria nos termos previstos na Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, correspondéndolle a potestade expropiatoria a calquera das administracións urbanísticas competentes.

Así mesmo, poderá adxudicárselle directamente a formulación e execución de proxectos sectoriais, plans de sectorización, plans parciais e en xeral calquera plan de ordenación e a xestión dos seus patrimonios de solo mediante os acordos ou as concesións que para tal efecto se establezcan coas administracións correspondentes.

Disposición transitoria

Única.-Maquinas de xogo tipo «B».

Mentres non se planifique a oferta de máquinas de xogo tipo «B», ás que fai referencia a Lei 14/1985, do 23 de outubro, o outorgamento de autorizacións de explotación para máquinas recreativas deste tipo limitarase ao parque de máquinas existente na actualidade, sen que se outorguen novas autorizacións, sen prexuízo da modificación das existentes polo procedemento de cambio previsto no artigo 57 do Regulamento de máquinas recreativas e de azar, aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, ou o cambio de titularidade da máquina previsto no artigo 60 deste.

No prazo dun ano a partir da entrada en vigor desta lei, procederase, mediante decreto, á aprobación da planificación da oferta de máquinas de xogo tipo «B» na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Preceptos de vixencia temporal.

Terá vixencia exclusiva para o ano 2005 a disposición adicional primeira desta lei.

Segunda.-Entrada en vigor da lei e desenvolvemento regulamentario.

Autorízase o Consello da Xunta para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución do disposto nesta lei, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2005.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR