Decreto 106/2008, do 15 de maio, polo que se regula a legalización de documentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deban producir efectos no estranxeiro.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorVICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango de LeyDecreto

A dilixencia de legalización consiste nun recoñecemento de sinatura mediante o que unha autoridade que teña atribuída a competencia para iso declara a autenticidade da sinatura do signatario dun documento administrativo. A devandita dilixencia é un requisito imprescindible para que os documentos expedidos en España produzan efectos no estranxeiro, salvo nos supostos determinados e nos países exceptuados en virtude de convenios internacionais subscritos pola Administración xeral do Estado. Nestes últimos casos, os documentos administrativos que teñan que producir efectos nos estados que forman parte do Convenio Internacional da Haia do 5 de outubro de 1961, deberán conter a apostila correspondente, de acordo coa normativa que regula o devandito convenio (BOE nº 229, do 25 de setembro de 1978; nº 248, do 17 de outubro de 1978, e nº 226, do 20 de setembro de 1984).

Na normativa anterior da comunidade autónoma nesta materia e que este decreto derroga, o Decreto 230/2002, do 4 de xullo, de legalización de documentos da Comunidade Autónoma de Galicia que deban producir efectos no estranxeiro, regulaba os procesos de recoñecemento de sinatura de documentos que por vía diplomática se legalizaban no Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, mais non recollía un sistema alternativo para aqueles expedientes que tivesen que producir efectos en países signatarios do Convenio Internacional da Haia de 1961. Por outra banda, razóns de eficiencia, eficacia e celeridade nos complexos procedementos de adopción de menores aconsellan designar o órgano que neste eido específico debe legalizar os documentos dos ditos expedientes.

A variedade de relacións interadministrativas na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten atribuídas competencias exclusivas contempladas no seu Estatuto de autonomía e que desenvolve unha intensa actividade administrativa que pode ter implicacións no ámbito internacional, así como a multiplicidade de documentos que esta actividade xera e os distintos rangos dos órganos que os producen e asinan, xustifican unha nova normativa específica que regule a legalización de sinaturas da Administración autonómica no Ministerio de Asuntos Exteriores e que ao mesmo tempo, dea cobertura a aqueles documentos administrativos que, por razón dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR