Resolución do 14 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases e se convocan axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

A Comunidade Autónoma, en virtude do artigo 148º.1 20 da Constitución española e do artigo 27º.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, asume a competencia exclusiva en materia de asistencia social. A Xunta de Galicia, na aplicación do principio de integración da dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, execución e seguimento de todas as políticas e accións da súa competencia establece, como un dos criterios xerais da súa actuación, a garantía da dignidade das mulleres e homes, con especial incidencia na adopción de accións tendentes á erradicación de todas as formas de violencia de xénero, tal e como recolle o artigo 6º da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O preámbulo da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero refire as accións que os poderes públicos deben levar a cabo para protexer e asistir as mulleres que sofren violencia de xénero, menciona a asistencia sanitaria, xurídica, social e psicolóxica integral, os dispositivos de alarma e os programas de reeducación como instrumentos básicos de protección, mais a propia lei indica que todas estas medidas son insuficientes se as vítimas carecen de recursos para iniciar unha nova vida en liberdade e afastada dos seus agresores, polo que se establecen procedementos abreviados para o acceso a distintas axudas e unha prestación económica de apoio ás vítimas. Porén, o artigo 39º da citada lei indica que a Xunta de Galicia establecerá, a través do departamento competente, unha prestación económica dirixida ás mulleres que sofren violencia de xénero. A prestación terá en conta a situación socioeconómica das mulleres e irá dirixida a posibilitar a súa autonomía e independencia económica respecto do seu agresor. Indica que se aboará periodicamente, logo da acreditación da situación de violencia de xénero e para iso estableceranse as bases reguladoras a través dunha convocatoria de axudas dentro dos límites orzamentarios de cada anualidade. Neste mesmo sentido, o artigo 21º da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, prevé a posibilidade de conceder prestacións económicas para paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social, e inclúe entre as prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais aquelas dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

O Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, configura á Secretaría Xeral da Igualdade como órgano superior dependente desta. De acordo co establecido no artigo 4º do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, correspóndelle promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e accións no eido da eliminación da violencia de xénero.

A través desta disposición establécense as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e que se atopan nunha situación de dependencia económica do agresor que as obriga á convivencia e lles impide afrontar o seu futuro con independencia dos seus agresores, e a súa convocatoria para o ano 2011.

Por todo o disposto, e no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto, réxime e finalidade.
  1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases, que se inclúen como anexo, que rexerán a concesión de axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2011.

  2. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, tendo en conta, en todo caso, os principios recollidos no artigo 5º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  3. A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Artigo 2º Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2011.

Artigo 3º Orzamento.

Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 no momento da resolución.

Para a concesión destas axudas destinaranse 2.090.000 euros imputables á aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.0, de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2011: 970.000 euros.

Ano 2012: 1.120.000 euros, para o financiamento das axudas que, pola súa duración, xeren dereitos económicos das beneficiarias durante o exercicio seguinte.

Este crédito poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado da súa previsión legal ou dalgún dos supostos previstos no artigo 30º.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento de crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade deste como consecuencia das circunstancias sinaladas no antedito artigo.

Artigo 4º Contía das axudas.
  1. A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2011, de acordo coas seguintes especificacións:

1.1 Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente:

  1. Con carácter xeral: 600 euros/mes.

  2. Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade³33%: 650 euros/mes.

  3. Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade³33%: 700 euros/mes.

  4. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 euros/mes.

  5. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR