Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 45 que as ensinanzas artísticas teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, e no artigo 48 preceptúa que as ensinanzas elementais de música terán as características e a organización que as administracións educativas determinen.

A Comunidade Autónoma de Galicia estableceu o currículo do grao elemental das ensinanzas de música a través do Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establecen os currículos do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música, e o acceso aos devanditos graos, en desenvolvemento do Real decreto 756/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen os aspectos básicos dos currículos dos graos elemental e medio das ensinanzas de música.

A experiencia alcanzada desde a promulgación do citado decreto, xunto co desenvolvemento da nova lei de educación, aconsellan establecer un novo marco normativo para a ordenación académica das ensinanzas elementais de música.

A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.

Xa que logo, o presente decreto establece o currículo do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, regula o acceso a estas ensinanzas, así como os requisitos mínimos dos conservatorios elementais de música e dos centros autorizados elementais de música no relativo á relación numérica entre o alumnado e o profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, logo do informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de setembro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Capítulo I

Da finalidade e organización das ensinanzas

elementais de música

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. Este decreto regula o currículo da ensinanza da música do grao elemental consonte o establecido no artigo 48 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  2. Así mesmo, esta disposición regula os criterios de ingreso ao grao elemental.

  3. Este decreto ten igualmente a finalidade de establecer os requisitos mínimos dos conservatorios elementais de música e dos centros autorizados elementais de música no relativo á relación numérica entre o alumnado e o profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.

  4. Este decreto é de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, nos conservatorios de música e nos centros autorizados de música que conten coa autorización para a impartición do grao elemental de música.

Artigo 2º Finalidade.
  1. A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional.

  2. A ensinanza da música no grao elemental organízase en catro cursos.

Artigo 3º Obxectivos xerais.

O grao elemental das ensinanzas de música ha contribuír a desenvolver no alumnado as seguintes capacidades:

  1. Apreciar a importancia da música como linguaxe artística e medio de expresión cultural dos pobos e das persoas.

  2. Expresarse con sensibilidade musical e estética para interpretar a música de diferentes épocas e estilos, gozar con ela e enriquecer as propias posibilidades de comunicación e de realización persoal.

  3. Coñecer e valorar a importancia da respiración e do dominio do propio corpo no desenvolvemento da técnica instrumental, da calidade do son e da interpretación.

  4. Relacionar os coñecementos musicais coas características da escritura e da literatura do instrumento da especialidade, coa finalidade de adquirir as bases que permitan desenvolver a interpretación artística.

  5. Interpretar en público, coa necesaria seguridade en si mesmo, para vivir a música como medio de comunicación.

  6. Interpretar música en grupo habituándose a escoitar outras voces ou instrumentos, e adaptarse harmonicamente ao conxunto.

  7. Ser consciente da importancia do traballo individual e adquirir a capacidade de escoitarse e ser crítico consigo mesmo.

  8. Valorar o silencio como elemento indispensable para o desenvolvemento da concentración, a audición interna e o pensamento musical.

  9. Ser consciente da importancia dunha escoita activa como base imprescindible na formación de futuros profesionais.

  10. Fomentar a utilización do patrimonio musical en xeral, e a do galego en particular, como medio indispensable no enriquecemento da persoa e da súa formación musical.

Artigo 4º Especialidades das ensinanzas elementais de música.

O currículo do grao elemental referirase a cada unha das seguintes especialidades:

Acordeón.

Arpa.

Baixo eléctrico.

Clarinete.

Clave.

Contrabaixo.

Fagot.

Frauta traveseira.

Frauta de bico.

Gaita.

Guitarra.

Guitarra eléctrica.

Instrumentos de puga.

Óboe.

Percusión.

Piano.

Saxofón.

Trombón.

Trompa.

Trompeta.

Tuba.

Viola.

Viola da gamba.

Violín.

Violoncello.

Capítulo II

Do currículo

Artigo 5º Currículo.
  1. As materias correspondentes a cada curso do grao elemental das especialidades e os tempos lectivos son os que se establecen no anexo I deste decreto.

  2. Os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación para as especialidades e materias das ensinanzas elementais de música son os que se establecen no anexo II deste decreto.

  3. De acordo co establecido no artigo 121 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, os centros docentes concretarán e complementarán, dentro do proxecto educativo de centro, o currículo das ensinanzas de música do grao elemental mediante a elaboración de concrecións curriculares.

  4. O proxecto educativo do centro incluirá, así mesmo, a distribución por cursos dos obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación de cada materia. A devandita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnado ao longo do grao.

  5. Os departamentos didácticos desenvolverán as programacións da súa actividade docente consonte o currículo e o proxecto educativo do centro.

Artigo 6º Materias que constitúen o currículo.

As ensinanzas elementais de música organízanse nas materias seguintes:

  1. Materias comúns a todas as especialidades:

    1. Linguaxe musical.

    2. Educación auditiva e vocal.

  2. Materia específica de cada especialidade:

    Instrumento.

    Capítulo III

    Do acceso e a matrícula

Artigo 7º Requisitos e proba de acceso.
  1. Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

  2. O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

  3. A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:

    1. Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.

    2. Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.

    3. Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.

  4. A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.

Artigo 8º Acceso a outros cursos.
  1. Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

  2. Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

  3. En todo caso, para o acceso aos cursos do grao elemental a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

Artigo 9º Cualificación das probas de acceso.
  1. As puntuacións definitivas obtidas polo alumnado nas probas de acceso a calquera dos cursos do grao elemental axustaranse á cualificación numérica de 1 a 10, ata un máximo dun decimal. Cumprirá obter, como mínimo, a cualificación de cinco puntos para superar a proba.

  2. A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada.

  3. As puntuacións definitivas obtidas na proba de acceso serán as que determinen a matriculación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR