Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura de espazo privado de interese natural.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado mediante Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle no seu artigo 27.30º a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia para ditar normas adicionais de protección do ambiente e da paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23º da Constitución.

Ao amparo da súa potestade lexislativa na dita materia, establecese mediante a Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, o réxime xurídico dos espazos naturais protexidos de Galicia e da flora e fauna silvestres autóctonas e máis dos seus hábitats, e supón o instrumento legal máis actual da normativa autonómica en materia ambiental. Segundo se manifesta no seu artigo 1, ten como obxecto establecer normas encamiñadas á protección, restauración e mellora dos recursos naturais e á axeitada xestión dos espazos naturais e da flora e fauna silvestre.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define con carácter xeral no seu título I «Dos espazos naturais», os espazos naturais que deben considerarse merecedores dunha protección especial, establecendo as súas categorías e regulando o seu procedemento de declaración. Esta lei prevé, en atención aos recursos naturais ou biolóxicos e aos valores que conteñan, oito categorías de espazos naturais protexidos, entre eles os espazos naturais de interese local e espazos privados de interese natural e consolida a competencia da Consellería de Medio Ambiente para propoñer as normas de protección dos espazos naturais que hai que protexer, xunto coas entidades locais e mesmo cos cidadáns particulares. Por isto para as categorías de espazo natural de interese local ou espazo privado de interese natural, o procedemento iniciarase por instancia de parte, correspondéndolle á Consellería de Medio Ambiente a tramitación do procedemento de declaración.

O obxectivo deste decreto é regular o procedemento de declaración das categorías de espazo natural de interese local e de espazo privado de interese natural, fixando os criterios que se seguirán para a súa formación e xestión, establecendo a documentación mínima que debe conter cada expediente.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xun

ta de Galicia, na súa reunión do día seis de maio de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

Este decreto ten por obxecto o desenvolvemento e execución da lexislación autonómica aplicable ás categorías de espazo natural protexido previstas nas alíneas h) e i) do artigo 9 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que se denominan: espazos naturais de interese local e espazos privados de interese natural.

Artigo 2º Concepto.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define as categorías de espazos naturais protexidos, en función dos bens e valores que hai que protexer, establecendo:

-Espazos naturais de interese local (ENIL).

Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR