Decreto 43/2009, do 26 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

No Diario Oficial de Galicia número 182, do 20 de setembro de 2002, publicouse o Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e a interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 13 de xuño de 2002.

Entre outras previsións normativas, o citado decreto, no seu artigo 9, creou un rexistro para inscribir as persoas habilitadas para efectuaren traducións e interpretacións xuradas para o galego e do galego para outras linguas. O rexistro foi denominado Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados Habilitados.

Atendendo ás peticións formuladas por persoas interesadas e por asociacións do sector, e ás disposicións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes (publicada no DOG número 149, do 3 de agosto), co obxecto de corrixir as discriminacións e avanzar no camiño da igualdade, cómpre cambiar o nome do Rexistro de Tradutores e Intérpretes Xurados Habilitados para darlle unha denominación máis acorde coa sensibilidade actual de uso non sexista da linguaxe.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e seis de febreiro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e interpretación xurada doutras linguas para o galego e viceversa.

Modifícase o artigo 9 do Decreto 267/2002, do 13 de xuño, polo que se regula a habilitación profesional para a tradución e interpretación xurada doutras...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR