Decreto 178/2003, do 20 de febreiro, polo que se aproba o código de identificación corporativa da Xunta de Galicia.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA |
Rango de Ley | Decreto |
Nunha sociedade na que factores como o auxe da comunicación e a identificación visual converteron a imaxe nun referente de primeira orde, a Xunta de Galicia non pode permanecer allea a esta realidade e, polo tanto, persegue nas súas prioridades a dotación de instrumentos que reafirmen a súa identidade e faciliten a súa identificación polos cidadáns. A identificación visual que se persegue cun programa de imaxe institucional como o que aborda o presente decreto, responde ás necesidades que para a Xunta de Galicia supón que a comunicación cos cidadáns constitúe unha obriga derivada da súa propia natureza, dos seus fins, e das súas diversas actuacións.
En consecuencia, realizado o pertinente estudio, estímase que a imaxe corporativa da Xunta de Galicia implantada no ano 1985, nas súas diversas aplicacións foi revelando problemas de lexibilidade inherentes á súa propia construcción formal orixinaria, o que xerou unha considerable dispersión na súa aplicación, que aconsella unha nova formulación da devandita imaxe corporativa.
A devandita lei aprobou, como un dos símbolos de Galicia, o seu escudo, e fixou no seu artigo 7º os supostos nos que este deberá ser utilizado. A presente norma pretende regula-la utilización da imaxe corporativa da Xunta de Galicia respectando o establecido no devandito artigo 7.
Mediante a presente norma apróbase, pois, o código de identificación corporativa da Xunta de Galicia e establécese o seu ámbito de aplicación, que abrangue tódolos departamentos da Administración da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos e entes de dereito público dela dependentes, autorizando o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para que, mediante orde, estableza as condicións nas que o mencionado código de identificación corporativa deberá ser utilizado.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de febreiro de dous mil tres,
DISPOÑO:
Apróbase o código de identificación corporativa da Xunta de Galicia que figura anexo ó presente decreto.
-
Os departamentos da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos e entes de dereito público dela dependentes, utilizarán o devandito código de identificación en tódalas accións de comunicación audiovisuais, escritas e...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba