Decreto 301/2004, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Sección | I. Disposicións Xerais |
Emisor | CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS |
Rango de Ley | Decreto |
Polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, fixándose logo polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, a estrutura orgánica dos seus departamentos.
O Decreto 215/2004, do 23 de setembro, modifica o artigo 13 do citado Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, no que atinxe á estrutura orgánica básica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, sendo necesario o desenvolvemento dela ata o nivel de xefatura de servizo, distribuíndo as funcións asignadas de xeito que permita a máxima eficacia no exercicio destas.
Na súa virtude, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, con informe favorable das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia,
na súa reunión do día vinte e dous de decembro de dous mil catro,
DISPOÑO:
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é o órgano da Administración autonómica ao que lle corresponde, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española, o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servizos sociais de atención primaria, políticas activas de emprego, política laboral, relacións laborais, seguridade e saúde laboral e cooperativas, sen prexuízo das competencias doutras consellerías nestas materias.
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estrutura orgánica:
-
O/A conselleiro/a.
-
Secretaría Xeral.
-
Dirección Xeral de Promoción do Emprego.
-
Dirección Xeral de Formación e Colocación.
-
Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social.
-
Dirección Xeral de Relacións Laborais.
-
Delegacións provinciais.
-
O/A conselleiro/a.
O/A conselleiro/a de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais é a superior autoridade da consellería e con tal carácter desempeña e exerce as atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo.
-
Secretaría Xeral.
Un.-A Secretaría Xeral exercerá as funcións e competencias establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con todas as unidades e servizos dependentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a inspección dos servizos e dos centros e organismos dependentes ou adscritos a ela, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Inspección Xeral de Servizos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a imposición de sancións por comisión de faltas graves previstas na Lei 4/1993, do 14 de abril, a coordinación das publicacións editadas pola consellería, así como as funcións relativas á xestión do programa estatístico anual da consellería considerada no Plan Galego de Estatística, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística, a coordinación do sistema de xestión de procedementos administrativos
competencia desta consellería, así como as que lle atribúa a normativa en vigor e as que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do/da titular da consellería.
Dous.-A Secretaría Xeral, para o exercicio das súas competencias, estrutúrase nas seguintes unidades:
-
Vicesecretaría Xeral.
Con nivel orgánico de subdirección xeral, exercerá as funcións de prestarlle asistencia ao/á secretario/a xeral en cantos asuntos lle encomende, así como a súa suplencia en caso de enfermidade, ausencia ou vacante.
É a unidade encargada de elaborar o borrador do anteproxecto de orzamentos da consellería e o seu seguimento e control, a tramitación dos expedientes de gasto, a tramitación e xestión dos expedientes de contratación, a elaboración do plan de necesidades de obras e equipamentos das distintas unidades e centros da consellería, así como a coordinación da súa execución e velar pola correcta implantación dos sistemas de información, e as funcións relativas a sistemas ou procesos informáticos da consellería
Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
1.1. Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.
Correspóndenlle as seguintes funcións:
-A execución, coordinación, seguimento e control do orzamento, así como a proposta e xestión das súas modificacións.
-A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gasto e propostas de pagamentos.
-A elaboración das instrucións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión económica, acorde coa normativa vixente.
-O control do material de oficina e calquera outra función relativa á xestión económica ou orzamentaria.
-Levar o inventario de bens mobles e inmobles adscritos á consellería, sen prexuízo das competencias da Consellería de Economía e Facenda.
-Xestionar os asuntos xerais, tales como vehículos adscritos á consellería, mantemento de instalacións e outros análogos.
1.2. Servizo de Contratación e Obras.
Correspóndenlle as seguintes funcións:
-A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da consellería, cando se trate de obras, xestión de servizos públicos, subministracións, consultorías e asistencias ou calquera outra figura contractual análoga.
-Seguimento e control da execución de todos os contratos.
-Convenios de colaboración con outros entes públicos en materia de investimento.
-O desenvolvemento das funcións de supervisión dos proxectos respecto das obras que realice a consellería.
1.3. Servizo de Informática.
Corresponderanlle o exercicio das seguintes funcións:
-Planificar, impulsar e mecanizar os sistemas de información da consellería.
-Estudo, seguimento, informe e, se é o caso, proposta sobre plans xerais de informatización.
-Coordinación, supervisión, apoio e asesoramento técnico sobre os plans de informatización.
-Xestionar as bases de datos, redes e sistemas informáticos.
-Velar polo cumprimento da normativa sobre tratamento de datos de carácter persoal.
-Calquera outra función relativa a sistemas ou procesos informáticos da consellería.
-O desenvolvemento destas funcións realizarase sen prexuízo das competencias que, en materia informática, ten atribuídas a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
-
Subdirección Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa.
É a unidade encargada da coordinación dos servizos de carácter xeral, xestión de persoal da consellería, a dirección e coordinación dos asuntos de réxime interno, organización do rexistro xeral, velar polo sistema de xestión dos procedementos administrativos, así como a coordinación dos estudos e publicacións da consellería e outros asuntos que lle atribúa o/a secretario/a xeral.
Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:
2.1. Servizo de Persoal.
Corresponderanlle as seguintes funcións:
-A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral dependente da consellería, a súa custodia e arquivo.
-A xestión e tramitación da nómina.
-A elaboración e actualización da relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da consellería.
-A tramitación dos expedientes de incompatibilidade do persoal da consellería.
-Coidar do correcto funcionamento do rexistro xeral da consellería e do seu arquivo.
-Control da asistencia e puntualidade.
-A tramitación das reclamacións e recursos en materia de persoal e a tramitación de expedientes disciplinarios.
2.2. Servizo de Estudos e Publicacións.
Corresponderanlle as seguintes funcións:
-A organización e a xestión dos fondos documentais e bibliográficos da consellería.
-A coordinación das publicacións e as funcións relativas ao plan de publicacións da consellería.
-A información xeral e difusión das publicacións da consellería en soporte papel, telemático e audiovisual.
-A coordinación das aplicacións estatísticas da consellería.
-A elaboración de memorias, estudos e informes.
-
Servizo Técnico Xurídico.
Baixo a dependencia directa do/a secretario/a xeral, corresponderalle o exercicio das seguintes funcións:
-O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral, elaboración das compilacións e refundicións de normas emanadas da consellería.
-O estudo, preparación e tramitación dos expedientes que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais, así como o traslado dos seus acordos.
-A tramitación dos expedientes sobre bens demaniais ou patrimoniais, en canto sexa competencia da consellería.
-O exercicio das funcións que a consellería teña encomendadas en relación coas fundacións de interese galego, sobre as que lle corresponda exercer o protectorado.
-O estudo, tramitación e formulación, se é o caso, de propostas de resolución de recursos ou reclamacións interpostas contra os actos e resolucións emanados dos distintos órganos da consellería e, en xeral, a elaboración de estudos xurídicos, informes e demais asuntos, que por razón da súa competencia lle sexan encomendados polo/a secretario/a xeral.
-A coordinación da publicación no Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos ditados polos órganos da consellería.
Tres.-Integradas organicamente na Secretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existen as seguintes unidades administrativas:
-
Asesoría Xurídica.
-
...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba