Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 312/2000, do 28 de decembro, modificado polo Decreto 299/2002, do 24 de outubro, establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, determinando as competencias de cada un dos seus órganos, así como as funcións para desenvolver polas unidades que os integran.

Os cambios experimentados nos últimos tempos no marco de actuación da consellería, aconsellan levar a cabo a modificación da súa estrutura orgánica, coa finalidade de acadar unha mellor distribución das competencias que ten encomendadas, que redundará nunha maior eficiencia nas súas actuacións.

A nova estrutura inclúe a creación dun novo Servizo de Protección e Defensa Patrimonial, que asume parte das funcións que tiña asignadas con anterioridade o Servizo de Administración e Xestión Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. Tamén se producen cambios na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, adecuándose as funcións das unidades dela dependentes, tanto nos servizos centrais como nos periféricos, co fin de acadar unha eficaz xestión como órgano encargado do control interno e contabilidade da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma. A Dirección Xeral de Orzamentos reaxusta tecnicamente o exercicio das súas funcións, tendo en conta ademais que esta unidade asumirá a xestión do Fondo de Cooperación Local a través da Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, función que desempeñaba o Servizo de Cooperación Local da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, se ben este centro directivo mantén as competencias de xestión dos expedientes do dito fondo ata o ano 2000. Por último, e polo que respecta á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, redistribúense as funcións en materia de xestión do FCI, fondos estruturais, Fondo de Cohesión e iniciativas comunitarias, e refórzanse as tarefas de control e auditoría dos fondos, en aplicación das competencias atribuídas polo Regulamento (CE) nº 438/2001 da Comisión, do 2 de marzo de 2001.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, tras os informes favorables das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xuño de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Economía e Facenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de

Galicia ao que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de economía e facenda se establecen no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º
  1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia estrutúrase nos seguintes órganos:

    1. Conselleiro.

    2. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

    3. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

    4. Dirección Xeral de Tributos.

    5. Dirección Xeral de Orzamentos.

    6. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

    7. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

    8. Delegacións territoriais.

    9. Órganos colexiados.

  2. Adscríbense á Consellería de Economía e Facenda as seguintes entidades:

    -O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo, axustarase, en canto aos seus fins, estrutura e funcionamento, ao previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia; na Lei 7/1993, do 24 de maio, de modificación da anterior, e nas demais normas que as desenvolven.

    -O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, axustarase en canto aos seus fins á Lei 5/1992, do 10 de xuño.

    -O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ente de dereito público, creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

    1. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

  1. A Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Artigo 4º
  1. Á Secretaría Xeral e do Patrimonio correspóndenlle as competencias seguintes:

    1. As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan encomendadas por delegación do titular da consellería.

    2. O exercicio das competencias que as normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma lle atribúen á Consellería de Economía e Facenda.

  2. Para o exercicio das súas funcións a Secretaría Xeral e do Patrimonio estrutúrase nas seguintes unidades:

    2.1. A Vicesecretaría Xeral Técnica, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia ao secretario xeral e do Patrimonio en cantos asuntos este lle encomende para a coordinación dos servizos.

    2. Coordinar a elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, propoñer as actuacións concernentes ao réxime interno dos servizos da consellería e cantas disposicións afecten ao seu funcionamento.

    3. As actuacións en materia de acción social que teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

      Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      2.1.1. O Servizo de Xestión de Persoal.

      Exercerá as funcións de xestión, control e coordinación de persoal dos servizos centrais e das delegacións da consellería, e programará as necesidades do persoal funcionario e non funcionario dela.

      2.1.2. O Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario.

      Levará a cabo o seguimento e maila coordinación da execución orzamentaria e da contratación administrativa.

      2.1.3. O Servizo de Réxime Interior.

      Será o responsable do funcionamento do rexistro xeral da consellería e o encargado da organización e estruturación da biblioteca e arquivos e, en xeral, de cantos outros asuntos lle sexan encomendados en materia de funcionamento dos servizos.

      2.2. A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, que exercerá as seguintes funcións:

    4. A proposta das directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais da Comunidade Autónoma e na forma de utilización dos bens de dominio público, así como a coordinación da xestión de todos os asuntos concernentes á administración e ao tráfico dos ditos bens.

    5. A proposta de deseño e configuración do sector público empresarial da Comunidade Autónoma e a confección dos programas de participación en entidades mercantís.

    6. O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á Comunidade Autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros centros directivos da consellería.

      Para isto contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      2.2.1. O Servizo Técnico de Inventario.

      Exercerá as seguintes funcións:

    7. Formación, actualización, valoración e mantemento do inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma, establecendo as debidas conexións coa contabilidade patrimonial e mailo catastro de bens.

    8. Emisión de valoracións, dictames e informes facultativos de natureza mobiliaria ou inmobiliaria.

    9. Tramitación dos expedientes de pagamento do Imposto sobre Bens Inmobles.

    10. Realización de traballos técnicos nos procedementos de investigación e deslindamento dos bens inmobles que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma.

      2.2.2. O Servizo de Investigación Patrimonial e Obras.

      Exercerá as seguintes funcións:

    11. A realización de traballos facultativos propios das obras de construción, reforma, conservación e reparación dos edificios adscritos á Consellería de Economía e Facenda e daqueloutros que lle encomende a Secretaría Xeral e do Patrimonio; o seguimento e a dirección das obras que realice a Consellería de Economía e Facenda; a recolla periódica de información sobre o parque edificado, tanto da que non se dispoña no momento da recepción como daquela xa reflectida que sexa preciso actualizar e, en particular, a referente ao estado de conservación, sistemas de seguridade e axeitamento á normativa vixente dos edificios.

    12. O control e inspección dos usos pola propia Administración dos bens inmobles e dereitos sobre eles tanto demaniais como patrimoniais, en propiedade ou alugados, adscritos ás diversas consellerías ou organismos públicos; a comprobación do correcto exercicio das facultades de conservación dos inmobles atribuídas na adscrición e da conformidade do uso e desfrute que se fai deles cos fins previstos nas resolucións de afectación; a elaboración de propostas para a mellor aplicación dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma, sobre as distribucións e aproveitamento de espazos, así como para a resolución de conflitos entre consellerías sobre a distribución dos espazos adscritos.

      2.2.3. O Servizo de Administración e Xestión Patrimonial.

      Exercerá as seguintes funcións:

    13. O tráfico xurídico-administrativo dos bens e dereitos demaniais da Comunidade Autónoma, fundamentalmente a través da tramitación dos expedientes de afectación e desafectación, adscrición e desadscrición e mutacións demaniais.

    14. A administración e xestión dos bens e dereitos patrimoniais, en especial a adquisición, alleamento e cesión de bens inmobles e contratación de alugueres, así como a súa explotación.

    15. A emisión de estudos, ditames e informes en materia patrimonial en relación co seu ámbito de competencia, asesoramento patrimonial e elaboración de instrucións e propostas de disposicións de carácter xeral sobre o patrimonio da Comunidade Autónoma.

      2.2.4. O Servizo de Administración Empresarial.

      Exercerá as seguintes funcións:

    16. Xestión, tramitación, administración, conservación e elaboración das propostas de adquisición ou alleamento dos títulos representativos da participación da Comunidade Autónoma no capital das sociedades públicas ou...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR