Decreto 61/2005, do 7 de abril, polo que se ditan as normas para a aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Exposición de motivos

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia configura na sección 1ª do capítulo I, no capítulo II e no capítulo III o réxime xeral de aplicación das taxas, prezos públicos e prezos privados respectivamente, remitindo determinados aspectos a normas de carácter regulamentario.

Este decreto pretende desenvolver estes aspectos sinalados na norma legal á luz da recente modificación do sistema tributario levado a cabo pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O decreto estrutúrase en oito títulos. O título I recolle unha serie de disposicións que son comúns a todos os instrumentos financeiros. O título II dedícase á regulamentación da xestión de taxas e prezos, estruturándose en tres capítulos, de forma que o primeiro establece unha serie de disposicións comúns, o segundo regulamenta as especialidades da xestión das taxas respecto da regulamentación xeral en materia tributaria, establecendo con carácter xeral a obriga de autoliquidación, e o terceiro regulamenta a xestión do cobro dos prezos. O título III regulamenta as especialidades necesarias en materia de recadación de taxas e de prezos. Os títulos IV e V determinan os órganos competentes para a inspección dos instrumentos e para o exercicio da potestade sancionadora respectivamente e remítense á normativa tributaria cadanseus procedementos. O título VI dispón as normas correspondentes aos procedementos de revisión. O título VII establece as competencias para a realización do control interno. O decreto dedica o seu último título, o VIII, á normativa aplicable para o uso das tecnoloxías en materia de aplicación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta disposición foi sometida ao trámite de audiencia aos cidadáns ao que se refire o artigo 24.1º da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, mediante a petición do ditame do Consello Económico e Social de Galicia.

Na súa virtude, facendo uso do disposto na disposición derradeira terceira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, oído o Consello Consultivo de Galicia e previa delibe

ración do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de abril de dous mil cinco,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións comúns

Artigo 1º Obxecto.
  1. Este decreto ten por obxecto a regulación da aplicación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

  2. A aplicación das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia comprende todas as actividades administrativas dirixidas á información e asistencia aos obrigados ao pagamento dos instrumentos financeiros e á xestión, inspección e recadación, así como as actuacións dos obrigados no exercicio dos seus dereitos ou en cumprimento das súas obrigas.

  3. A aplicación das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia desenvolverase mediante os procedementos administrativos de xestión, inspección, recadación e os demais previstos neste decreto e na normativa correspondente.

  4. A consellería competente en materia de facenda promoverá a axilidade, a simplificación, a descentralización, así como a coordinación administrativa nos procedementos de aplicación das taxas e dos prezos.

Artigo 2º Definicións.

Para os efectos deste decreto e a súa normativa de desenvolvemento, entenderase por:

  1. Suxeito activo: os órganos da Administración xeral, os seus organismos autónomos e as entidades de dereito público dependentes ou que estean vinculadas a calquera destes, enmarcables todos eles dentro da Administración pública da Xunta de Galicia, que concedan a utilización privativa, a ocupación ou o aproveitamento especial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia, subministren o ben, presten o servizo ou realicen a actividade gravada.

  2. Suposto de feito: calquera concesión de permisos de ocupación temporal, concesións administrativas ou calquera outras autorizacións, cuxo obxecto sexa a utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia, entrega de bens, realización de actividades ou prestación de servizos realizada polos suxeitos activos aos que se refire o punto anterior e gravada ou susceptible de ser gravada por un instrumento financeiro.

  3. Servizo xestor: o suxeito activo que teña a competencia para realizar a xestión do instrumento financeiro correspondente, consonte co disposto no título II deste decreto.

  4. Interesado: o suxeito pasivo dunha taxa ou o obrigado ao pagamento dun prezo.

Artigo 3º Obrigas xestoras.
  1. As relacións que xurdan na aplicación das taxas e prezos entre a consellería competente en materia de facenda e os suxeitos activos dos instrumentos financeiros dependentes de cada consellería, realizaranse a través dun interlocutor nomeado para tal efecto pola consellería correspondente, sen prexuízo das actuacións que se poidan levar de forma individualizada con cada un deles.

  2. Todos os servizos xestores de taxas e prezos deberán levar rexistros separados de ingresos e gastos nos que incorran na realización dos supostos de feito. A estrutura destes rexistros establecerase por orde do conselleiro competente en materia de facenda.

  3. O órgano xestor quedará obrigado a:

    -Remitir no mes de febreiro de cada ano información anual agregada respecto do contido dos rexistros de ingresos e gastos incorridos na realización dos supostos de feito gravados polos instrumentos financeiros no ano inmediato anterior consonte co formato establecido por orde do conselleiro competente en materia de facenda.

    -Conservar os xustificantes de ingreso dos instrumentos financeiros nos expedientes correspondentes, así como os xustificantes das bonificacións, exencións ou non suxeicións aplicadas.

    -Someterse aos plans ou controis que poida desenvolver a consellería competente en materia de facenda, prestando a debida colaboración. Para estes efectos poderá contar coa axuda e colaboración da Inspección de Servizos da Xunta de Galicia.

    -Formular as propostas de establecemento de novos instrumentos financeiros, así como o incremento das tarifas dos xa establecidos, sempre que non se trate da actualización á que se refire o artigo 15.6º da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, acompañados dunha memoria económica que poderá axustarse ao modelo que aprobe por orde o conselleiro competente en materia de facenda.

  4. A dirección xeral competente en materia de ingresos de dereito público e a Intervención Xeral serán os encargados de comprobar no ámbito das súas competencias, o cumprimento polos órganos xestores das normas ditadas pola consellería competente en materia de facenda, en relación coa aplicación das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    TÍTULO II

    Actuacións e procedementos de xestión

    Capítulo I

    Disposicións xerais

Artigo 4º Xestión.

A xestión das taxas e dos prezos públicos consiste no exercicio de todas aquelas funcións administrativas conducentes á súa liquidación, e máis todas aquelas establecidas pola normativa tributaria, cando esta sexa aplicable.

Artigo 5º Competencia.
  1. Con carácter xeral, a xestión e a liquidación de cada instrumento financeiro corresponderalles aos suxeitos activos que realicen o suposto de feito.

  2. A competencia territorial virá determinada en función do lugar no que radique a oficina xestora que realice o suposto de feito.

Artigo 6º Inicio.

As actuacións e procedementos de xestión iniciaranse:

  1. De oficio polo órgano competente para a xestión.

  2. Por iniciativa do interesado, mediante solicitude, comunicación, autoliquidación ou calquera outra declaración.

Artigo 7º Desenvolvemento.

A proposta de resolución será notificada con carácter previo á resolución concedendo un prazo de 10 días para que o interesado presente cantas alegacións estime oportunas. Transcorrido o prazo sinalado anteriormente sen que o interesado presentase alegación ningunha, entenderase notificada a resolución para todos os efectos o día seguinte ao do vencemento do devandito prazo.

Artigo 8º Terminación.

Os procedementos de xestión deberán finalizar nun prazo non superior a 6 meses. Se transcorrido este prazo non se notificou a resolución correspondente entenderase caducado o procedemento iniciado, sen que iso obste a exixencia do dereito correspondente durante o prazo de prescrición.

Artigo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR