Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e se distribúe a competencia para o exercicio da potestade sancionadora entre os seus órganos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango de LeyDecreto

Os decretos 8/2003, do 18 de xaneiro e 23/2003, do día 20 do mesmo mes, estableceron, respectivamente, a estructura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta, estructurándoa nas secretarías xerais, direccións xerais ou órganos de igual categoría que son necesarios para o cumprimento dos fins que a nova estructura comporta e adscribíndolle-los organismos autónomos ou entes públicos pertinentes.

O artigo 5 do segundo decreto citado fixou a estructura orgánica básica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. Polo tanto, para os efectos de establece-lo marco xurídico-administrativo no que a dita consellería debe desenvolve-los seus cometidos, procede agora establece-la nova estructura ata o nivel de xefatura de servicio distribuíndo as funcións asignadas dun modo racional para así conferi-la máxima eficacia no seu exercicio.

A estructura orgánica que aproba este decreto está amparada pola competencia exclusiva que os artigos 148.1º.1 da Constitución española e 27.1º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúen á Comunidade Autónoma galega para organiza-las súas institucións de goberno e atende ós principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación que, de conformidade co disposto no artigo 103.1º do texto fundamental, deben presidi-la actuación administrativa.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, tralo informe das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Organización xeral

Artigo 1º Ámbito competencial.

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, industria, enerxía, minería, artesanía, comercio interior e exterior, con

sumo, telecomunicacións e sociedade da información e do coñecemento, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de política territorial, das infraestructuras dos servicios industriais do solo empresarial e residencial, de acordo co establecido na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia.

O exercicio das devanditas competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que, para estes efectos, resulten oportunos.

Artigo 2º Órganos directivos.

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio estructúrase, para o desempeño das súas funcións, nos seguintes centros directivos:

  1. O conselleiro.

  2. A Secretaría Xeral.

  3. A Dirección Xeral Investigación e Desenvolvemento.

  4. A Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

  5. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

  6. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

  7. As delegacións provinciais.

TÍTULO II

Servicios centrais

Capítulo I

Artigo 3º O conselleiro.

O conselleiro é a superior autoridade da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e polo artigo 30 da Lei 7/2002, do 27 de decembro.

Capítulo II

Da Secretaría Xeral

Artigo 4º Atribucións.

A Secretaría Xeral exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, en relación con tódalas unidades e servicios da consellería e, en particular:

  1. O asesoramento e coordinación de tódolos servicios da consellería.

  2. A emisión dos informes e a realización dos estudios técnicos e xurídicos que se lle soliciten en relación cos asuntos dos que coñezan a consellería ou os organismos autónomos adscritos a ela.

  3. A preparación de métodos de organización interna e sistemas de información para a racionalización e mellora dos sistemas de traballo dos servicios da consellería.

  4. A asesoría técnica, execución, proposta, coordinación e supervisión dos plans de informatización de tódolos órganos da consellería e das unidades dependentes dela para automatizar, axilizar e mellora-lo seu funcionamento, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública nesta materia. Para estes efectos, terá as seguintes funcións:

    1. Administración de sistemas, incluíndo a súa instalación, mantemento e actualización.

    2. Atención ós usuarios e formación destes.

    3. Detección de oportunidades de novos desenvolvementos, planificación e execución deles e xestión e mantemento dos desenvolvementos en fase de explotación.

    4. Definición e cumprimento das políticas de seguridade e protección de datos, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública nesta materia.

    5. Avaliación e coordinación das demandas de desenvolvemento informático das diversas unidades.

  5. A tramitación da remisión dos asuntos que deban someterse ó Consello da Xunta de Galicia ou ás comisións delegadas, así como a das disposicións e actos administrativos que deban publicarse no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.

  6. A representación da consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

  7. A actuación como órgano de comunicación con outras consellerías en materias relacionadas coas súas funcións e competencias.

  8. As demais que lle atribúa o ordenamento xurídico vixente e aqueloutras que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular da consellería.

Artigo 5º Estructura.

A Secretaría Xeral estructúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do secretario xeral, nas seguintes unidades:

  1. A Vicesecretaría Xeral, con nivel orgánico de subdirector xeral, que exercerá as seguintes funcións:

    1. A xestión de tódolos asuntos relacionados co persoal da consellería, tanto funcionario como laboral, sen prexuízo das atribucións que correspondan ós órganos competentes das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda.

    2. A elaboración e tramitación do anteproxecto de orzamento, modificacións de crédito e o seguimento da súa execución, en coordinación cos órganos afectados.

    3. A xestión do Rexistro Xeral de Contratistas e maila tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    4. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    5. A organización, dirección e control do Rexistro Xeral de Documentos e do Arquivo da consellería.

    6. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servicios da consellería, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos dela.

    7. A atención e coidado do réxime interno das dependencias da consellería, así como a administración e conservación dos bens mobles e inmobles que ten adscritos.

    8. A dirección dos servicios de información administrativa da consellería e a coordinación dos sistemas de información dela, en coordinación coa Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

    9. O desempeño de tódalas funcións que teña encomendadas a consellería en relación coas fundacións de índole galega sobre as que exerza o protectorado.

    10. Aqueloutras que lle encomende o secretario xeral.

    Da Vicesecretaría Xeral dependen as seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servicio:

    1.1. Servicio de Xestión Orzamentaria e Persoal.

    1.2. Servicio do Rexistro Xeral de Contratistas e Contratación.

  2. O Servicio Técnico-Xurídico, baixo a dependencia orgánica e funcional do secretario xeral, que desenvolverá as seguintes funcións:

    1. O estudio e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións que elaboren os distintos centros directivos da consellería, así como levar a cabo as compilacións e refundicións das normas emanadas desta.

    2. A elaboración das propostas de resolución dos recursos de alzada, de reposición e de revisión, dos procedementos de revisión de oficio e das reclamacións por responsabilidade patrimonial da Administración que deba resolve-lo conselleiro e a notificación das súas resolucións.

    3. O estudio, preparación e informe dos asuntos que se eleven ó Consello da Xunta de Galicia.

    4. A asistencia ó secretario xeral para o estudio e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

    5. A coordinación da publicación nos diarios oficiais das disposicións e actos administrativos dos distintos órganos da consellería que deban publicarse neles.

    6. A elaboración dos estudios xurídicos, resolucións, informes e demais asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados polo secretario xeral.

    7. O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

    8. O apoio á Asesoría Xurídica na tramitación dos recursos contencioso-administrativos e demais asuntos litixiosos nos que a consellería sexa parte interesada.

  3. A Asesoría Xurídica da consellería e maila Intervención Delegada adscríbense organicamente á secretaría xeral con...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR