Resolución do 21 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo para o sector elaboración de pastelería, confeitería e repostería da provincia de Lugo (código 2700215), asinado o día 29 de xullo de 2003, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería e Pastelería de Lugo e das centrais sindicais UGT (66,66%), CC.OO. (33,33%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de agosto de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo

provincial para a elaboración de pastelería,

confeitería e repostería de Lugo

Acta

Asistentes:

* Parte empresarial:

-Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería e Repostería de Lugo.

Antonio José López Lorenzo.

Marcelino González González.

José Ramón Rodríguez Vázquez.

Manuel Martínez Expósito.

Miguel Ángel Martín López.

Marta Santos Penalonga.

Inés Nogueira López.

* Polas centrais sindicais:

-UGT (66,66%)

Fernando Teijeiro Valledor.

Ignacio Méndez Gallego.

-CC.OO. (33,33%)

Jaime Hernández Pena.

Anselmo Sampedro Ania.

En Lugo ás 17.00 horas do día 29 de xullo de 2003, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (pza. de Santo Domingo; nº 6-8, 2º) as persoas arriba relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, adoptándose, logo de amplos debates, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto e as táboas anexas do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, para o que as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Remitirlle o texto e as táboas salariais do convenio colectivo así como a presente acta á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan esta acta as persoas anteriormente relacionadas no lugar e data indicados no encabezamento.

Asdo.: Antonio José López Lorenzo.

Asdo.: Marcelino González González.

Asdo.: José Ramón Rodríguez Vázquez.

Asdo.: Manuel Martínez Expósito.

Asdo.: Miguel Ángel Martín López.

Asdo.: Marta Santos Penalonga.

Asdo.: Inés Nogueira López.

Asdo.: Fernando Teijeiro Valledor.

Asdo.: Ignacio Méndez Gallego.

Asdo.: Jaime Hernández Pena.

Asdo.: Anselmo Sampedro Ania.

Artigo 1º Ámbito funcional.

Este convenio colectivo afectará e vinculará a tódalas empresas e traballadores da cidade e provincia de Lugo, comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación,

aprobado por O.M. do 8 de xullo de 1975, que se dediquen á actividade de pastelería, confeitería e repostería.

Artigo 2º Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a toda a provincia de Lugo e cidade.

Artigo 3º Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, do 8 de xullo de 1975, sempre que aquelas se dediquen á actividade indicada no artigo 1º.

Artigo 4º Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 e rematará o 31 de decembro de 2004, con independencia da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia e deberá denunciarse cun mes de anticipación a esa data.

Artigo 5º Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por cinco representantes da asociación empresarial asinante, tres da central sindical Unión Xeral de Traballadores e dous de CC.OO., cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. No caso de non chegarse a un acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás que aquí...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR