SAP Pontevedra 15/2005, 30 de Mayo de 2005

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIES:APPO:2005:2533
Número de Recurso9/2006
Número de Resolución15/2005
Fecha de Resolución30 de Mayo de 2005
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADOCELSO JOAQUIN MONTENEGRO VIEITEZMARIA DEL ROSARIO CIMADEVILA CEA

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00015/2006

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEGUNDA

PONTEVEDRA

CAUSA PENAL

Rolo: 9/06 J

Asunto: Procedimento Abreviado

Número: 5/04

Procedencia: Xulgado de Instrucción núm. 6 de Pontevedra

LA SECCIÓN SEGUNDA DE ESTA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, compuesta por

DON JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, Presidente, DON CELSO JOAQUIN MONTENEGRO VIEITEZ, e DONA ROSARIO CIMADEVILA CEA, Maxistrados pronunciaron

EN NOMBRE DEL REY

a seguinte

SENTENZA NÚM. 15

Pontevedra, trinta de maio de dous mil cinco.

Vistas as presentes dilixencias seguidas polos supostos delitos de falsidade e estafa contra Jesús Manuel , con DNI NUM000 , nado en San Clemente (Cuenca) o 30 de agosto de

1950, fillo de Miguel e Rosario, con domicilio no camiño DIRECCION000 nº NUM001 , de Chancelas (Poio), sen

antecedentes penais, de descoñecida solvencia económica, e en liberdade provisional por esta

causa, na que estivo representado polo procurador don Pedro Sanjuán Fernández, e defendido polo

avogado don José Muñoz Rivera. Exercitou a acusación particular a entidade "Astrilli, S.L.", na

representación da cal interveu a procuradora dona Camen Torres Álvarez, e defendeuna o avogado

don Manuel Murillo Carrasco. En representación do Ministerio Fiscal compareceu dona Encarnación

Bullón Martín. E foi Maxistrado-Relator o Ilmo. Sr.Don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO, por quen se expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O Ministerio Fiscal nas súas conclusións provisionais sostivo que non constaba que as sinaturas dos contratos privados fosen falsificadas polo acusado, podendo ser perfectamente auténticas e, polo tanto, tamén os referidos documentos; que nos feitos relatados non eran constitutivos de delito; que non había autoría; que non cabía falar de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal; e interesando a libre absolución do imputado, coa declaración de oficio das custas ocasionadas.

Despois da práctica da proba no acto da vista oral elevou as súas amentadas conclusións provisionais a definitivas.

SEGUNDO

A acusación particular cualificou os feitos como constitutivos dun delito continuado de falsidade en documento mercantil dos artigos 390 números 1º, , , e en relación co artigo 392 do Código Penal , en relación de medio a fin con outro delito continuado de estafa dos artigos 248, 249, 250.3º, 4º, 6º e 7º do mesmo Código ; consideraba responsable, en concepto de autor do artigo 28 do Código Penal , ao acusado; por ser de aplicación o artigo 74.2, aliña primeira, do Código Penal , e sendo varias as circunstancias que concorrían do artigo 250 do Código Penal , debía impoñerse ao acusado a pena de seis anos de prisión e multa de doce meses, cunha cota diaria de cincuenta euros; en concepto de responsabilidade civil, debería o acusado indemnizar a "Astrilli, S.L." na suma de 400.000 euros, correspondentes á cantidade estafada o 19 de setembro de 2003, incrementada nos xuros legais máis dous puntos dende a referida data ao día no que se produza a devolución efectiva da cantidade, consonte o artigo 576 da Lei de Axuizamento Civil.

No acto da vista oral elevou as súas amentadas conclusións provisionais a definitivas.

TERCEIRO

A defensa do acusado interesou a súa libre absolución con tódolos pronunciamentos favorables.

O acusado Jesús Manuel , das circunstancias persoais que xa constan e sen antecedentes penais, entrou a traballar na entidade "Alfonso García López, S.A.", sita en Poio (Pontevedra), unha vez falecido o seu dono do mesmo nome, que persoalmente administraba os seus negocios. No ano 1995 causou baixa o acusado en "Alfonso García López, S.A.", pasando a traballar noutra empresa do mesmo grupo denominada "Comiolsa", ata o 4 de marzo de 2001, en que entrou en "Astrilli, S.L.", como xerente.

Na data 28 de marzo de 2003, a querelante "Astrilli, S.L.", representada por Carmen , e o acusado Jesús Manuel concertan un contrato de persoal de alta dirección. O seu obxeto era que o acusado desempeñaría as funcións de conselleiro delegado como diretor xeral do grupo empresarial ("Alfonso García López, S.A.", "COMIOLSA, Comercial Milagros Olga Pérez Santos, S.A.", "Pescatum Conservas e Pesca, Lda.", "Conservas Dalcahue, S.A.", "Conservas Amoriños, S.L.", e "Astrilli, S.L."). Non consta que as sinaturas que no devandito documento obran como postas por Carmen non se correspondan coas auténticas dela mesma.

O 17 de setembro de 2003, Carmen (que representaba a "Alfredo García López, S.A.", "COMIOLSA, Comercial Milagros Olga Pérez Santos, S.A.", "Conservas Amoriños, S.L.", e "Astrilli, S.L.") e o acusado Jesús Manuel decidían poñer fin á relación que ata entón os unía, con efectividade do 20 de decembro de 2003. Asemade, pactaban unha indemnización bruta de 2.452.000 euros, a pagar nas datas (20 decembro 2003, 20 marzo 2004, e 6 xaneiro 2005) e a medio de tres pagarés do banco Popular, en Pontevedra, por importe cada un de 530.000 euros, unha vez descontada a retención do 35%. Non consta que as sinaturas que no devandito documento obran como postas por Carmen non se correspondan coas auténticas dela mesma, recoñecendo expresamente como propias as sinaturas dos pagarés.

O 19 de setembro de 2003, Carmen (na súa condición de administradora única de "Astrilli, S.L.") e o acusado Jesús Manuel , concertaban un contrato de préstamo pola cantidade de 400.000 euros, que o devandito acusado confesaba xa recibidos. Non consta que as sinaturas que no devandito documento obran como postas por Carmen non se correspondan coas auténtica dela mesma.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO

Dada a máis que evidente farragosidade da proba obrante en autos verbo das sinaturas obrantes nos tres fundamentais documentos datados o 28 de marzo, e os días 17 e 19 de setembro de 2003, cómpre efectuar unha análise o máis polo miúdo posible de cada un deles, de cada unha das súas follas, do declarado pola querelante e acusado verbo deles, e do manifestado polos diversos peritos, tratando sempre de manternos na avaliación e consideración que corresponde efectuar neste eido penal.

1.1.- Documento do 28 de marzo de 2003.-

Interveñen no mesmo, dunha banda, a querelante "Astrilli, S.L.", representada por Carmen , e o acusado Jesús Manuel . A natureza xurídica que se reclama para o devandito documento é a da concertación dun contrato de persoal de alta dirección, regulada polo Real Decreto 1382/1985, do 1 de agosto . O obxeto que se proclama é que o diretivo (o acusado) desempeñaría as funcións de conselleiro delegado como diretor xeral do grupo empresarial ("Alfonso García López, S.A.", "COMIOLSA, Comercial Milagros Olga Pérez Santos, S.A.", "Pescatum Conservas e Pesca, Lda.", "Conservas Dalcahue, S.A.", "Conservas Amoriños, S.L.", e "Astrilli, S.L."), sometido ás regras de confidencialidade e da boa fe, enmarcando as funcións que dentro da condición de diretor xeral ía desenrolar o acusado, e con declaración de que a empresa xa lle outorgara a este último poderes suficientes a tal efecto. E deseguido, redátaronse outras cláusulas ("lugar de prestación de servicio", "duración", "reconocimiento de antigüedad", "retribución", "bonus", "condiciones de trabajo", "exclusividad", "confidencialidad", "extinción", "información confidencial", "legislación aplicable", "jurisdicción", e "idioma") das que, sobre todo, neste eido penal, se fará referenza á de "retribución".

Verbo das cinco follas das que se compón o contrato do que agora se fai mención cómpre dicir que, un exemplar do mesmo obraba en poder da querelante (fs. 8 á 12) e, outro, en poder do acusado (fs. 168 á 172).

1.1.a).- Exemplar achegado a autos pola querelante (fs. 8 á 12).-

Na querela que deu orixe á incoación das presentes actuacións afirmábase que Carmen soía asinar sen case ler os documentos que lle presentaba o acusado, pola necesidade de confiar nel, por ser o administrador único das empresas, coñecedor exclusivo das súas operacións, e por ter a tal efecto plenos poderes. Por iso, Carmen asinara varias das follas do contrato sen coñecemento nin alcance do seu contido, é dicir, enganada, e que as sinaturas das páxinas 1 e 2 do contrato (fs. 8 e 9), parecía que foran falsificadas segundo o informe pericial caligráfico que a tal efecto coa querela se achegaba.

O informe pericial ao que se aludía, da autoría de Lorenza e ratificado no acto da vista oral a medio da correspondente videoconferenza, remataba coa conclusión de que "existen indicios de que las firmas estampadas en el margen izquierdo de la primera y segunda hojas del contrato de trabajo (fs. 8 e 9) ... no han sido hechas por Dª Carmen ".

Cando Carmen declarou perante o Xulgado de Instrucción dixo que non lembraba ter asinado tal documento, que ela non participara na súa redacción, nin o avogado da empresa (Hinrichs, de Vigo), e que debera ser obra do propio querelado; asemade que, non lembraba o soldo deste último por ser el mesmo quen o fixaba. Un mes despois da declaración de Carmen no Xulgado de Instrucción, no Xulgado do Social nº 1 dos de Pontevedra (no que, por mor da presente causa penal, se atopan só pendente de sentenza os autos 657/06 por despido promovidos polo nesta causa acusado contra "Astrilli, S.L." e outros) aquela mesma manifestou que dubidaba das sinaturas que como súas aparecían no contrato do 28/03/03, rematando por recoñecer como estampadas do seu puño e pulso as cantidades en letras e números obrantes na follas 2 e a sinatura da derradeira folla 5. E xa no xuízo oral desta mesma causa penal, Carmen negou que fosen súas as sinaturas das catro primeiras follas do documento datado o 28 de marzo de 2003 (fs. 8, 9, 10, e 11), dubidando da derradeira (f. 12), volvendo admitir como súas as cantidades en letras e números que figuraban na segunda folla (f. 9)

En resumo ata aquí e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR