DECRETO 8/2022, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Verea, dun treito antigo da estrada autonómica OU-540.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Verea solicita a cesión da área recreativa da capela da Ascensión, situada na marxe esquerda dun antigo treito da estrada autonómica OU-540, para realizar obras de mellora e acondicionamento.

O antigo treito da estrada OU-540 é un resto de aproximadamente 123 metros de lonxitude, p.q. 30+380 a 30+490, moi preto do tronco principal que xa está acondicionado como área de descanso e recreativa. Estas características fan que o dito treito careza de funcionalidade dentro da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Co cambio solicitado acadarase unha xestión administrativa máis coherente e eficiente da área recreativa e do contorno da ermida da Ascensión de Gotán.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula proposta favorable á transferencia de titularidade do treito antigo da OU-540, definido no artigo 1, e do seu dominio público viario asociado.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xaneiro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade, a prol do Concello de Verea, de:

Denominación P.q.i de conexión Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29 P.q.f de conexión Coordenadas UTM (ETRS89) fuso 29 Marxe Lonx. (m)
Treito antigo da OU-540 30+380 X = 586.507 Y = 4.662.679 30+490 X = 586.588 Y = 4.662.617 ME 123
Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR