DECRETO 62/2022, do 5 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construcción da primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546, entre os puntos quilométricos 4+400 e o 4+890, de clave PO/21/120.10, no concello de Pontevedra.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Infraestruturas e Mobilidade
Rango de LeyDecreto

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 20 de setembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 181 o anuncio do 31 de agosto de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546, entre os p.q. 4+400 e o 4+890, de clave PO/21/120.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo referido proxecto.

Segundo. Logo da análise dos informes e certificados presentados, o 22 de abril de 2022 aprobouse o expediente de información pública e o proxecto de construción da primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546, entre os p.q. 4+400 e 4+890, de clave PO/21/120.10.

O obxecto do proxecto é o acondicionamento da estrada PO-546, entre os p.q. 4+400 e 4+890, que consistirá na realización das seguintes actuacións: remodelación da sección transversal da estrada, ampliando o largo das actuais beirarrúas, fresadura e reposición do firme e execución de pasos de peóns sobreelevados, mellora da iluminación do treito, substitución de refuxios nas paradas do autobús, reposición dos elementos de drenaxe e servizos afectados e reposición da sinalización, tanto das marcas viais como da sinalización vertical.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR