DECRETO 2/2022, do 13 de xaneiro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2022.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorConsellería de Facenda e Administración Pública
Rango de LeyDecreto

O Plan galego de estatística é, conforme o artigo 6 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma. Para o seu desenvolvemento e execución, o Consello da Xunta, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, aprobará un Programa estatístico que terá a vixencia dun ano natural, conforme establece o artigo 9 da citada lei.

O Plan galego de estatística 2022-2026, aprobado pola Lei 16/2021, do 20 de decembro, prevé que os programas estatísticos anuais inclúan a relación de operacións, actividades estatísticas e actividades de interese estatístico que satisfagan os seus obxectivos, recollendo para cada unha delas as características que se determinan no seu artigo 9. Ademais, os programas incluirán unha relación das actividades vencelladas coas liñas de actuación salientables do artigo 6.5.

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, o proxecto do Programa estatístico anual 2022 foi elaborado polo Instituto Galego de Estatística, logo do informe preceptivo do Consello Galego de Estatística.

En virtude de todo o anterior, por proposta da persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de xaneiro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1 Aprobación do Programa estatístico anual 2022

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e no 3.2 da Lei 16/2021, do 20 de decembro, do Plan galego de estatística 2022-2026, apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. Este programa inclúe as operacións e as actividades estatísticas e de interese estatístico que dan cumprimento aos obxectivos do plan, realizadas polo IGE, polos órganos superiores da Administración xeral e polas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, que coordinarán a súa actuación mediante os órganos estatísticos sectoriais. Nos anexos I, II, III e IV recóllense, clasifícanse e descríbense as operacións e as actividades programadas. No anexo V figuran as modificacións con respecto ao programa 2021.

Artigo 2 Obxectivos informativos

Os obxectivos informativos do artigo 6 do PGE 2022-2026 comprenden as metas de información, a obriga de considerar as perspectivas de xénero e idade e as liñas de actuación salientables.

  1. Metas de información.

    O plan recolle no anexo II as metas de información estatística, que constitúen os seus obxectivos específicos de información. Para cumprir estes obxectivos, prográmanse no ano 2022 as operacións e actividades estatísticas incluídas no anexo I deste decreto.

  2. Perspectivas de xénero e idade.

    As operacións e as actividades estatísticas programadas deberán ter en conta as perspectivas de xénero e idade. As incluídas no programa que obteñan datos sobre persoas físicas deberanse recoller e difundir por sexo e grupo de idade, sempre que as restricións técnicas de segredo estatístico e a primacía da perspectiva de xénero o permitan.

  3. Liñas de actuación salientables.

    Dentro dos obxectivos informativos e como liñas de actuación salientables, o PGE 2022-2026 encomenda impulsar o uso da información estatística dispoñible para mellorar o seguimento e a avaliación das políticas públicas e afondar na análise das seguintes materias: demografía, estrutura sociolaboral, estrutura sociocultural, cohesión territorial, conxuntura económica e estrutura económica. No anexo IV deste programa figuran as actividades de interese estatístico coas actuacións concretas que se van realizar en 2022, para avanzar no obxectivo de incrementar o valor da información dispoñible. Xunto con esas, cómpre engadir outras de máis difícil concreción, pero tamén vencelladas coas liñas de actuación salientables, que se presentan a seguir:

    1. Liña de actuación salientable 1. Demografía.

      – Estudo para a identificación das vivendas familiares principais a partir de información administrativa.

    2. Liña de actuación salientable 2. Estrutura sociolaboral.

      – Estudo de nova información mensual dos ficheiros de afiliacións á Seguridade Social.

      – Análise da falta de resposta na variable de horas traballadas da Enquisa de poboación activa.

    3. Liña de actuación salientable 3. Estrutura sociocultural.

      – Estudo interxeracional do galego.

    4. Liña de actuación salientable 5. Cohesión territorial.

      – Estudo da predición do comportamento de magnitudes socioeconómicas a partir da Enquisa conxuntural a fogares.

      – Viabilidade da elaboración dun indicador de incerteza da economía galega.

    5. Liña de actuación salientable 6. Estrutura económica.

      – Estudo sobre a formación bruta de capital fixo por sector institucional e tipo de activo.

      – Estudo de métodos e fontes estatísticas para elaborar unha análise do sector do deporte.

      – Estudo de métodos e fontes para a desagregación territorial da Renda dos fogares municipal.

      – Estudo de métodos, estándares e fontes estatísticas para analizar o sector aeroespacial de Galicia.

      – Estudo da viabilidade de explotar a mostra asociada a un inventario forestal continuo segundo variables sociodemográficas.

      – Pautas de consumo dos fogares galegos.

      – Análise da construción da base de datos de empresas e establecementos de Galicia.

Artigo 3 Obxectivos instrumentais

Para cubrir estes obxectivos e outros do plan, prográmanse en 2022 as actividades de interese estatístico incluídas no anexo IV deste decreto.

Artigo 4 Obxectivos de calidade

Para cubrir estes obxectivos e outros do plan, prográmanse en 2022 as actividades de interese estatístico incluídas no anexo IV deste decreto.

Artigo 5 Carácter das operacións estatísticas

As operacións incluídas nos programas anuais con proxecto técnico consideraranse oficiais após a publicación dos seus resultados.

Disposición adicional

As actuacións estatísticas deste programa realizaranse dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para o ano 2022.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública para ditar cantas disposicións sexan necesarias para desenvolver e executar esta norma.

Disposición derradeira segunda

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de xaneiro de dous mil vinte e dous

Alberto Núñez FeijóoPresidente

Miguel Corgos López-PradoConselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I. Metas de información coas operacións e actividades estatísticas que as satisfán.

ANEXO II. Operacións e actividades estatísticas por organismo responsable.

ANEXO III. Descrición das operacións e das actividades estatísticas.

ANEXO IV. Actividades de interese estatístico.

ANEXO V. Relación entre os programas 2021 e 2022.

ANEXO I

Obxectivos informativos coas operacións e actividades estatísticasque os satisfán

• Metas de información.

  1. Territorio, recursos naturais e ambiente.

    1.1 Territorio e recursos naturais.

    1.1.01 Territorio.

    1101-01-OE06 Estado do planeamento urbanístico dos concellos: en curso.

    1101-02-OE06 Indicadores de seguimento das Directrices de ordenación do territorio: en curso.

    1.1.02 Estradas.

    1102-01-OE06 Contaxe de vehículos nas estradas competencia da Comunidade Autónoma: en curso.

    1.1.03 Caza e pesca continental.

    1103-01-OE06 Estatística de licenzas de pesca e caza: en curso.

    1.1.04 Recursos naturais e biodiversidade.

    1206-01-AE06 Indicadores ambientais.

    1.1.05 Incendios forestais.

    1105-01-AE06 Incendios forestais.

    1.1.06 Montes veciñais e comunidades de montes.

    1106-01-AE06 Explotación do Rexistro de Montes Veciñais de Man Común.

    1.1.07 Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións.

    1107-01-AE06 Producións forestais.

    1.2 Ambiente.

    1.2.01 Climatoloxía.

    1201-01-AE06 Climatoloxía.

    1.2.02 Calidade do aire.

    1202-01-AE06 Calidade do aire.

    1206-01-AE06 Indicadores ambientais.

    1.2.03 Reservas e usos das augas.

    1203-01-OE06 Reservas de auga: en curso.

    1.2.04 Calidade e depuración de auga.

    1204-01-OE06 Sistema de información sobre a calidade microbiolóxica das zonas de baño: en curso.

    1206-01-AE06 Indicadores ambientais.

    1.2.05 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

    1205-01-OE06 Xestión de residuos de competencia municipal: en curso.

    1206-01-AE06 Indicadores ambientais.

    1.2.06 Hábitos e prácticas ambientais.

    1206-01-AE06 Indicadores ambientais.

  2. Sociedade.

    2.1 Poboación e fogares.

    2.1.01 Estrutura da poboación.

    2101-01-OE06 Indicadores demográficos: en curso.

    2101-02-OE06 Cifras poboacionais de referencia: en curso.

    2101-03-OE06 Táboas de mortalidade: en curso.

    2101-04-AE06 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

    2101-05-OE06 Explotación estatística do Rexistro de Parellas de Feito: en curso.

    2101-06-AE06 Indicadores de infancia e adolescencia.

    2506-01-OE06 Sistema de indicadores de lonxevidade: en curso.

    2.1.02 Dinámica da poboación.

    2102-01-AE06 Explotación do movemento natural da poboación.

    2102-02-AE06 Explotación dos movementos migratorios.

    2102-03-AE06 Galicia aberta: a emigración en cifras.

    2102-04-AE06 Carga de poboación estacional dos concellos de Galicia.

    2102-05-AE06 Indicadores migratorios.

    2505-01-AE06 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

    2.1.03 Estrutura dos fogares.

    2103-01-OE06 Estatística de familias numerosas: en curso.

    2103-02-OE06 Enquisa estrutural a fogares (EEF): en curso.

    2.1.04 Dinámica dos fogares.

    2104-01-OE06 Proxeccións de fogares: en curso.

    2.1.05 Proxeccións demográficas.

    2105-01-OE06 Proxeccións de poboación a curto prazo: en curso.

    2.2 Sanidade.

    2.2.01 Asistencia sanitaria.

    2201-01-OE06 Explotación do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR