Resolución do 10 de decembro de 2007, de la Secretaría General de Política Lingüística, pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de doce bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e se anuncia a súa convocatoria.
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
Rango de Ley | Resolución |
O artigo 5, en harmonía co artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia, establece como competencia da Comunidade Autónoma galega a promoción e ensino da lingua galega e o fomento da cultura e a investigación.
Dentro do plan de actividades da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia, de acordo co Decreto 231/2005, do 11 de agosto, para o 2007 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos concretos sobre lingüística, literatura, antropoloxía e historia galegas, no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
O seu outorgamento enmárcase polo artigo 7 punto 2º.1.3, polas disposicións adicionais segunda c) e cuarta do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.
Na súa virtude, e de acordo co establecido no punto c) da disposición adicional segunda do Decreto 44/2006, do 2 de marzo, apróbanse as seguintes:
BASES:
Primeira.-Obxecto.
O concurso ten por obxecto a adxudicación de doce bolsas de colaboración nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e que se inclúen como anexos a esta resolución, nos cales se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes.
Segunda.-Contía das bolsas.
O importe das bolsas incluirá:
-Unha asignación mensual de 927 euros, coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.
-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.
Para o gasto que se proxecta existe crédito adecuado e suficiente na partida orzamentaria 04.60.151A.480.0, por unha contía máxima total de 134.952,40 euros (85.778,40 euros, correspondente ao pagamento das mensualidades de 8 bolsas desde o 15 de xaneiro ata o 31 decembro de 2008, 38.934 euros das mensualidades de 4 bolsas desde o 15 de febreiro ata o 31 de decembro de 2008 e de 10.240 euros para o pagamento da asitencia sanitaria) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008. En todo caso, o gasto proxectado queda sometido á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para tal fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 e ao disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.
O pagamento da bolsa realizarase logo do informe do director de investigación, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.
Terceira.-Duración.
A data de incorporación ao centro será dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da adxudicación. Os bolseiros e bolseiras adxudicatarios das bolsas dos anexos do I ao VI comezarán a súa estadía no centro a partir do día 15 de xaneiro de 2008 e dos anexos VII ao IX comezarán a súa estadía a partir do 15 de febreiro de 2008. Os bolseiros ou bolseiras que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa xustificada de atraso apreciada polo coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro. No suposto de incorporación tardía, aínda que xustificada, reducirase proporcionalmente o importe da contía a percibir.
A concesión da bolsa será ata o día 31 de decembro de 2008, e poderase prorrogar anualmente ata un máximo total, incluídas as prórrogas, de tres anos, á vista do traballo realizado polo bolseiro ou bolseira, sempre que o proxecto a que estea vinculado requira do seu labor e así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de prórroga, a dotación económica poderase incrementar de acordo co índice de prezos de consumo que se estableza para cada ano.
Cuarta.-Requisitos.
Os bolseiros e bolseiras deberán cumprir, ademais dos requsitos específicos que para cada proxecto se sinalan nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais:
-
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
-
Estar en posesión do título de licenciado ou licenciada.
-
Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
-
Non poderán participar nesta convocatoria persoas que, reunindo estes requisitos, resultasen beneficiarios dunha bolsa ou contrato en concursos anteriores do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Quinta.-Solicitudes.
As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, irán dirixidas ao coordinador-científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e entregaranse na sede deste (estrada Santiago-Noia, km 1, A Barcia, 15896 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Entregarase unha solicitude por cada proxecto a que a persoa queira presentarse. Só será necesaria unha única documentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 31 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG, acompañadas da documentación seguinte:
-Certificación académica persoal completa.
-Currículo, no cal...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba