Resolución do 23 de decembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas do Morrazo UTE).
Sección | III. Outras Disposicións |
Emisor | CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS |
Rango de Ley | Resolución |
Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE), con nº de código 3603812, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-12-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 11-12-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 23 de decembro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra
Empresa Aqualia Gestión Integral del Agua, S.A. y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE)
Convenio colectivo
Período 1-7-2002 a 31-12-2005
Este convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa Aqualia Gestión Integral del
Agua, S.A., y Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Unión Temporal de Empresas, Ley 18/1982, do 26 de maio (Cangas de Morrazo UTE), concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Cangas de Morrazo.
Este convenio entrará en vigor o día 1 de xullo do 2002 (1-7-2002) sexa cal fose a data da súa publcación. Terá unha vixencia de tres anos e medio, que rematará o 31 de decembro do 2005, considerándose a partir de entón prorrogado de ano en ano, se non fose denunciado con dous meses de antelación ó remate da súa vixencia inicial ou prorrogada.
A denuncia deste convenio deberá efetuarse por escrito ante a autoridade laboral e a outra parte asinante, segundo o previsto en canto a prazo no artigo anterior.
A estructura das retribucións do persoal acollido a este convenio axustarase ós seguintes conceptos:
Salario base.
Complementos salariais.
O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.
Ano 2002 (do 1-7-2002 a 31-12-2002) e ano 2003: o salario base de convenio é o fixado na táboa anexa I.
Ano 2004: o salario base será o fixado para o ano 2003 incrementado no IPC real de 2003.
Ano 2005: o salario base será o fixado para o ano 2004 incrementado no IPC real de 2004 máis un punto.
Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa II.
A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.
O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.
A participación percibirase mensualmente.
O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe cada unha delas dunha mensualidade,
calculada sobre o salario base maila antigüidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de setembro e o 22 de decembro.
O cómputo efectuarase do seguinte modo:
TrimestreAboamento
Xaneiro, febreiro, marzoMarzo
Abril, maio, xuñoXuño
Xullo, agosto e setembroSetembro
Outubro, novembro, decembroDecembro
O persoal de novo ingreso, ou que cese durante o primeiro semestrre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo e xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.
O complemento por traballos tóxicos fíxase en 9 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o Ano 2002 (do 1-7-2002 a 31-12-2002) e ano 2003, 12 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o ano 2004 e 14 A/mensuais por mes efectivamente traballado para o ano 2005.
Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro...
Para continuar leyendo
Solicita tu prueba