Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, polo que se crea a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia en materia de obras públicas, portos, aeroportos, estradas, vías férreas, montes e aproveitamentos forestais, aproveitamentos hidráulicos, ordenación do territorio, polo que os diferentes organismos titulares destas competencias teñen que elabora-la súa propia cartografía necesaria para a programación das súas actuacións de planificación e xestión do territorio.

A cartografía é o instrumento para o coñecemento da realidade do territorio, útil para a análise das potencialidades que este ofrece e imprescindible como documento de apoio para o establecemento de estratexias de desenvolvemento e planificación axeitadas no eido dos países con economías de alto desenvolvemento.

A implantación das novas tecnoloxías supuxo a introducción de importantes cambios na cartografía, tanto na captura da información como na producción e acceso a ela. A imaxe satélite e a fotografía aérea permiten achegarnos de maneira directa ó territorio e facilitan a introducción, análise e actualización de información territorial. A informática permítenos manexar grandes bases de datos cualitativos e cuantitativos do territorio, o que nos permite realizar modelos de simulación para establecer diagnósticos e defini-los plans de desenvolvemento necesarios, así como a elaboración dunha cartografía dixital e temática necesaria para a comprensión das potencialidades que ofrece un territorio.

No momento actual a información cartográfica existente, ademais de ser moi heteroxénea, desde o punto de vista do seu formato técnico, atópase dispersa en diferentes departamentos. Esta situación require reforza-la coordinación nestas materias.

Por iso, a Xunta de Galicia entende necesario establece-las bases precisas para atende-las demandas existentes e as futuras no ámbito dos sistemas de información xeográfica e cartográfica, como ocorre en tódalas administracións avanzadas, onde as innovacións tecnolóxicas se están a aplicar á xestión de información sobre o territorio e na mellora da súa relación co cidadán.

Os órganos competentes da Unión Europea están estudiando a normativa para facilita-la dispoñibilidade e acada-la harmonización da información xeográfica, co fin de evita-la fragmentación na defi

nición de novas técnicas e a falta de coordinación existente, baseándose en catro principios xerais:

  1. Os datos espaciais deben ser recollidos unha soa vez e, posteriormente, actualizalos, evitando a duplicación da recolleita.

  2. Debe compatibilizarse e homologarse tecnicamente toda a información de datos espaciais nas diferentes escalas, de cara á súa harmonización.

  3. Debe posibilitarse comparti-la información de cada nivel entre tódolos demais niveis.

  4. A información xeográfica necesita para o seu bo goberno, acada-la maior dispoñibilidade posible baixo condicións de uso non restrictivo.

Por todo o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR