Decreto 188/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, polo que se crea a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía creouse polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, como órgano de coordinación técnica dos departamentos, órganos e entes da Administración autonómica galega nas súas actuacións en materia de sistemas de información xeográfica e cartográfica.

A comisión adscribiuse á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal.

A recente reestructuración da Xunta de Galicia a través dos decretos 22 e 23/2003, ámbolos dous do 20 de xaneiro, que trouxo consigo a desaparición da devandita secretaría xeral, implica a necesidade de adapta-la adscrición da comisión á nova estructura departamental, estimando que aquel órgano de coordinación se debe adscribir á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dada a vinculación coas competencias que este departamento ten atribuídas.

En virtude do exposto, en exercicio das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, polo que se crea a Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.
  1. O artigo 2º queda redactado da seguinte forma:

    Artigo 2º.-Adscrición.

    A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía estará adscrita á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a través da Dirección Xeral de Urbanismo

    .

  2. Os parágrafos 2 e 3 do artigo 4º quedan redactados da seguinte maneira:

    1. Presidente: o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

    2. Vicepresidente: o director xeral de Urbanismo

    .

  3. O punto 1 do artigo 6º queda redactado da seguinte forma:

    1. A secretaría da comisión será desempeñada por quen designe o presidente da comisión entre o persoal que presta servicios na Dirección Xeral de Urbanismo

    .

    Disposicións derradeiras

    Primeira.-Facúltase o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar cantas normas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR