Decreto 177/2007, do 30 de agosto, polo que se modifica o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, establece no seu artigo 21 que os xogos e apostas regulados na lei só poderán ser practicados logo da súa inclusión no Catálogo de xogos no cal se especificará para cada xogo ou aposta as distintas denominacións con que sexa coñecido, as súas modalidades, os elementos necesarios da súa práctica, as súas regras e os condicionamentos e prohibicións que se consideren necesarios para impoñer a súa práctica.

Pola súa banda, a disposición adicional cuarta da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, recolle as definicións dos xogos de casinos seguindo os contidos e conceptos da Orde do 9 de outubro de 1979, do Ministerio do Interior, pola que se aproba a versión definitiva do Catálogo de xogos.

Desde a publicación da citada norma o sector vén experimentando constantes cambios, debido tanto ás innovacións tecnolóxicas, á realidade empresarial en constante evolución e ás novas demandas sociais que repercuten na dinámica dos xogos de casinos.

A experiencia acadada coa publicación do Decreto 112/2005, do 14 de abril, polo que se aproba o Regulamento do xogo do póker nos casinos de xogo na Comunidade Autónoma de Galicia, pola boa acollida de público que teñen as variantes máis áxiles do xogo de póker, poñen de manifesto a necesidade de revisar os xogos tradicionais de casinos para permitir tipoloxías que requiran dedicarlles menos tempo ao xogo e que sexan máis atractivos para os/as usuarios/as desta actividade de lecer ao implicar un xogo máis vistoso e de xestión mais áxil no seu desenvolvemento.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo coa Comisión do Xogo de Galicia e co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de agosto de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 166/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 2 do Decreto 166/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 2º.-Xogos de casinos.

1. De acordo co previsto no artigo 6 letra a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, son xogos cuxa práctica se autoriza exclusivamente nos casinos de xogo os seguintes:

-01 Ruleta francesa.

-02 Ruleta americana.

-03 Vinte e un ou black-jack.

-04 Bóla ou boule.

-05 Trinta e corenta.

-06 Punto e banca.

-07 Ferrocarril, bacará ou chemin de fer.

-08 Bacará a dous panos.

-09 Dados ou craps.

-10 Póker.

-11 Ruleta da fortuna.

2. A práctica do xogo do póker, nas súas diversas variantes, estará suxeito ao disposto no Decreto 112/2005, do 14 de abril, polo que se aproba o Regulamento do xogo de póker nos casinos de xogo da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. En todo caso, nos casinos de xogo e durante todo o horario de xogo deberán atoparse en servizo, como mínimo, unha mesa de ruleta e outra de naipes, sempre que tales xogos estean autorizados no casino.

4. A práctica do resto dos xogos exclusivos de casinos de xogo estarán sometidos ás regras que se recollen como anexo a este catálogo.

5. Os xogos exclusivos de casino, polas súas peculiaridades, poderán ter os panos e o resto do material impresos en galego, español ou algún dos dous idiomas tradicionais para estes xogos: francés ou inglés.

6. O casino poderá realizar torneos ou campionatos dos diferentes xogos que teñan autorizados, coas bases e condicións que especificamente estableza e autorice a dirección xeral competente en materia de xogos e apostas, por solicitude da sociedade titular da autorización de explotación do casino. A publicidade do torneo, sempre que non se ocupe do xogo senón das características do torneo, logo de autorización administrativa, entra dentro das regras da competencia e dos usos mercantís previstos no artigo 5.1º da vixente Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas en Galicia

.

Disposición adicional

Única.-Incorpórase o anexo que recolle o Catálogo de xogos de casinos da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como figura neste decreto.

Disposicións transitorias

Primeira.-Todos os xogos autorizados no momento da entrada en vigor desta norma disporán dun período de 1 ano para adaptarse á nova normativa.

Segunda.-A dirección xeral competente en materia de xogo disporá dun prazo de seis meses para homologar o novo material de xogo derivado dos xogos que este decreto aproba.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, trinta de agosto de dous mil sete.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Catálogo de xogos de casinos da Comunidade Autónoma de Galicia

  1. Ruleta francesa.

    1. Denominación.

      A ruleta é un xogo dos denominados de contrapartida. A súa característica esencial reside en que os/as participantes xogan en contra do establecemento organizador, a posibilidade de gañar depende do movemento dunha bóla que dá voltas dentro dunha roda horizontal xiratoria.

    2. Modalidades.

      Existen dúas modalidades de ruleta francesa segundo exista un ou dous taboleiros na mesa de xogo, denomínanse ruleta a un pano ou a dous panos, respectivamente.

    3. Elementos materiais.

      O material deste xogo compono un cilindro de madeira, duns 56 centímetros de diámetro, que dispón no interior dun disco xiratorio sostido por un eixe metálico. Este disco, na súa parte superior presenta unha superficie lixeiramente cóncava, está dividido en 37 casas radiais, separadas por pequenos tabiques metálicos. Estes compartimentos, alternativamente vermellos e negros, están numerados do 1 ao 36, e mais o cero, que acostuma a ser branco ou verde, pero que non poderá ser vermello nin negro. Nunca dous números consecutivos son veciños e, por outra banda, os números cuxa suma de cifras sexa par son sempre negros, así como o 10 e o 29 e a excepción do 19. Un dispositivo que sobresae do eixe, consistente en dous traveseiros entrecruzados no centro mesmo da ruleta, permite darlle a esta un movemento xiratorio nun plano horizontal.

      Ver referencia pdf

      Á ruleta xógase nunha mesa longa e rectangular, no seu centro ou extremo está a mencionada roda. A un lado desta ou a ambos atópase o taboleiro ou taboleiros, en que están debuxados os mesmos 36 números vermellos e negros, dispostos en tres columnas de doce, un espazo reservado ao cero e outro para as diversas combinacións ou sortes nos cales estarán impresos en castelán ou galego os distintos termos ou abreviaturas indicativos daquelas.

    4. Elementos persoais.

      Para a denominada «a un só pano»: un/unha xefe/a de mesa, dous/dúas croupiers e, opcionalmente, un/unha terceiro/a croupier (ou un/unha extremo de mesa).

      Para a denominada «a dous panos»: un/unha xefe/a de mesa e un/unha subxefe/a de mesa, que deben colocarse fronte a fronte e de cara ao cilindro; catro croupiers que se sitúan no centro da mesa, respectivamente á dereita e esquerda daqueles e, opcionalmente, dous/dúas extremos de mesa, instalados nos extremos desta.

      O/a xefe/a e o/a subxefe/a teñen por misión dirixir a partida e controlar os cambios realizados durante o seu curso, estalles prohibido manipular, de calquera xeito que sexa, os cartos, as placas ou as fichas.

      Os/as croupiers deben encargarse, sucesivamente e seguindo unha orde de rotación establecida, de accionar o cilindro e lanzar a bóla, así como de levar a cabo as demais operacións necesarias para a realización do xogo, cuxo contido se especifica no punto correspondente ás regras de funcionamento. Así mesmo, poderán colocar as posturas sobre a mesa.

      Os extremos de mesa teñen por misión colocar as posturas na zona que eles controlan por petición das persoas xogadoras presentes na mesa e exercer unha vixilancia particular sobre aquelas, co fin de evitar erros, discusións e posibles fraudes.

      Poderá haber un/unha xefe/a de mesa por cada dúas mesas.

    5. Regras de xogo.

  2. Combinacións posibles. As persoas xogadoras só poden facer uso das combinacións seguintes:

    1. Posibilidades ou sortes sinxelas.

      1. Posibilidades. As persoas xogadoras poden apostar sobre par ou impar (números pares ou impares); sobre vermello ou negro (números vermellos ou negros); ou sobre falta (números do 1 ao 18) ou pasa (números do 19 ao 36).

        En todos estes casos, a persoa xogadora que gaña conserva a súa aposta e pode retirala. A ganancia ascende ao valor da cantidade apostada.

      2. Suposto de saída do cero. Neste caso ofrécenselle dúas solucións á persoa xogadora que apostou sobre unha sorte sinxela. Primeiro, retirar a metade da súa aposta, mentres a outra metade recupéraa a banca; e segunda, deixar a totalidade da súa aposta en prisión. Se na xogada seguinte non sae o cero, as posturas gañadoras colocadas en prisión recobran pura e simplemente a súa liberdade, perdéndose definitivamente todas as demais.

        Se o cero sae por segunda, terceira vez, etc., a persoa xogadora ten a mesma opción, tendo en conta que o valor inicial da súa aposta se considera que perdeu o 50% do seu valor a cada saída do cero. Se está por debaixo do mínimo da mesa, a aposta debe quedar en prisión ata que sexa liberada.

        Cando o cero sae na última xogada da sesión, a persoa xogadora está obrigada a aceptar o reintegro da metade, da cuarta parte, da oitava parte, etc., da súa aposta inicial, segundo se trate da primeira, segunda, terceira saída, etc. do número cero.

    2. Posibilidades ou sortes múltiples.

      1. Pleno ou número completo. Consiste en facer a aposta nun número calquera dos 37 números e proporciónalle á persoa xogadora que gaña trinta e cinco veces a súa postura.

      2. Parella ou cabalo. A aposta...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR