Decreto 437/2009, do 17 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

O artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, dispón que o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público a que se refire o punto 8 do artigo 12 desta lei será, como máximo, igual ao 30% da taxa de reposición de efectivos e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten o funcionamento dos servizos públicos esenciais. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servizos que teñen carácter permanente na comunidade autónoma.

Dentro deste límite, a oferta de emprego incluirá todos os postos e prazas desempeñados por persoal laboral contratado ou persoal interino nomeado, ao cal se refire alínea a) do punto 1 do artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, excepto aqueles sobre os cales exista unha reserva do posto ou que estean incursos en procesos de provisión. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

O texto refundido da Lei de función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no seu artigo 31.6º establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Na oferta de emprego público do ano 2009 recóllese un plan de promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais, que consiste en abordar unha promoción interna independente das convocatorias ordinarias. Tamén se prevé para os funcionarios/as unha promoción con reclasificación do posto que consiste en abrir as prazas ao corpo e grupo e que acceda por esta quenda.

Así mesmo, nesta oferta incorpóranse medidas de redución de temporalidade no emprego público relativas a determinadas escalas de Administración xeral de conformidade co previsto na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, e de persoal laboral de conformidade co disposto na disposición transitoria decima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ademais, o 22 de decembro de 2008 por autorización conxunta das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda ampliouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 ata un dez por cento de prazas adicionais do total global de prazas, tal e como se establecía no artigo 2 do Decreto 88/2008, do 30 de abril de acordo co establecido no artigo 70.1º da Lei 7/2007, do 21 de abril, do Estatuto básico do empregado público e no punto 1º do artigo 30 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, e se procede a través do anexo III deste decreto a publicar as prazas autorizadas. As prazas ampliadas pola autorización conxunta e convocadas a través dos procesos selectivos realizados durante o ano 2009 xa non se publican neste anexo.

Non obstante e como consecuencia dos axustes producidos nos procesos de consolidación de persoal laboral regulados na disposición transitoria décima do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, cómpre volver publicar a totalidade das prazas afectadas por este proceso quedando fixadas no anexo II deste decreto, polo que o número de prazas convocadas no Decreto 88/2008, do 30 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2008 referidas no punto III.2-Plan de consolidación quedan rectificadas polas publicadas neste decreto.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes en distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e de persoal laboral desta comunidade autónoma que afectan o funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, así como no artigo 23 da Lei 2/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2009, cómpre a aprobación da oferta de emprego público relativa ao persoal funcionario de distintos corpos e escalas de Administración xeral e especial e persoal laboral no ano 2009.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa xeral de negociación de empregados públicos, tras o informe da Dirección Xeral de Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.8º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, por proposta da conselleira de Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación da oferta de emprego público.

De conformidade co disposto no artigo 31.6º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, así como no artigo 31 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR