ANUNCIO polo que se fai pública a oferta de emprego público 2010 e 2011.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONCELLO DE VIGO
Rango de LeyAnuncio

A Xunta de Goberno Local, en sesións do 5.12.2013 e do 13.12.2013, adoptou acordo polo que aproban as bases específicas correspondentes ás prazas que configurarán a 2ª fase da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011, que se relacionan a continuación: técnico/a de administración xeral, auxiliar de administración xeral, alguacil, enxeñeiro-técnico industrial, diplomado en traballo social, técnico/a medio/a igualdade, inspector principal do corpo da policía local, policía, cabo do servizo de extinción de incendios, bombeiro, condutor-bombeiro.

Así mesmo, ofértanse en réxime laboral as seguintes prazas: oficial condutor e oficial xardineiro.

Serán de aplicación as bases xerais aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 14 de setembro de 2012 e publicadas no BOP do 31 de outubro de 2012 e no DOG do 18 de decembro seguinte.

Autorízase a convocatoria dos procesos selectivos para a provisión das prazas contidas nas ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2010 e 2011 e relacionadas neste acordo, de conformidade coas bases das convocatorias respectivas.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes que conta desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación do acto que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos, 8, 25 e 46 da vixente Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Bases específicas

  1. Persoal funcionario:

    OEP 2010 OEP 2011

    Técnico/a Administración xeral 1 praza
    Auxiliar de Administración xeral 4 prazas Auxiliar de Administración xeral 2 prazas
    Alguacil 1 praza
    Enxeñeiro/a técnico/a Industrial 1 praza
    Diplomado/a en traballo social 7 prazas
    Técnico/a medio/a igualdade 1 praza
    Inspector/a principal policía local 2 prazas
    Policía local 21 prazas Policía local 2 prazas
    Cabo extinción de incendios 1 praza
    Bombeiro 2 prazas Bombeiro 2 prazas
    Condutor-bombeiro 1 praza
  2. Persoal laboral:

    Oficial de oficios: 4 prazas, nivel de titulación: graduado escolar, FP-1 ou equivalente
    Nº de prazas Denominación Quenda Quenda
    3 Oficial condutor 1 libre (OEP 2010) 2 promoción interna (OEP 2011)
    1 Oficial xardineiro 1 promoción interna (OEP/2011)

    Bases específicas

    1. Técnico/a de administración xeral.

      1. Número de prazas: 1.

      2. Características.

        Enmarcada no grupo A, subgrupo A1; escala, Administración xeral; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ao subgrupo A1, e as complementarias propias do posto de traballo ao cal resulte adscrita a praza do/a aspirante.

        Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

      3. Sistema de selección.

        Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011.

      4. Condicións das e dos aspirantes.

        Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de grao/licenciado/a en dereito ou de calquera das titulacións esixidas no artigo 169.2.a) do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado mediante Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

      5. Exercicios da oposición.

        Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para todas e todos os aspirantes.

        Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral, determinado polo órgano de selección inmediatamente antes de realizarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña á epígrafe concreto deste; os/as aspirantes terán ampla liberdade en canto a súa forma de exposición se refire.

        Neste exercicio avaliarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achegan persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.

        Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente, ante o órgano de selección, en sesión pública, e concluída a lectura da totalidade dos temas poderá pedirlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

        Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, será necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

        Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.

        Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de tres horas a catro temas extraidos ao chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e local, e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local e acción administrativa.

        Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese.

        Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública; este, concluída a lectura da totalidade dos temas, poderá solicitarlle ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.

        Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

        Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.

        Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de catro horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.

        Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos; non se permitira o manexo de textos comentados nin libros de formularios.

        Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.

        Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

        Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.

        Consistirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas da internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico etc.), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos.

        Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

        Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base 10ª das xerais que determinará o de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e que se avaliará de 0 a 2 puntos.

        O aspirante que non obteña 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a Administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) co fin de obter a debida capacitación.

        Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título Celga 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos cales se lles asignarán 2 puntos.

        A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos; quedará eliminado o/a aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. A cualificación do cuarto e quinto exercicio será de 0 a 2 puntos, de conformidade co previsto na base X das xerais.

        ANEXOTemario

        (Non lle son de aplicación os do grupo A, subgrupo A1, incluídos como anexo ás bases xerais).

        Programa específico quenda libre.

        Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.

        Tema 1. A Constitución: concepto. Caracteres da Constitución de 1978. Estrutura. A definición do Estado español como social, democrático e de dereito. Os valores superiores do ordenamento xurídico.

        Tema 2. Título I da Constitución (I): Dereitos fundamentais e liberdades públicas: contido esencial e principais leis de desenvolvemento. A súa consideración na xurisprudencia do Tribunal Constitucional. Sistemas de protección xurisdicional.

        Tema 3. Título I da Constitución (II). Dereitos e deberes dos cidadáns. Principios reitores da política social e económica.

        Tema 4.A Constitución no sistema de fontes do dereito. Leis orgánicas e ordinarias. Os tratados internacionais. O principio de reserva de lei. Principios informadores das relacións entre o ordenamento estatal, autonómico e local.

        Tema 5.A Coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo.

        Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

        Tema 7.O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. O Tribunal Constitucional. O recurso de amparo.

        Tema 8.O poder executivo e a súa regulación. Composición e funcións do Goberno da Nación. A súa relación cos outros poderes.

        Tema 9.Organización e funcionamento da Administración xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.

        Tema 10. A organización...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR