STSJ Galicia 307/2008, 21 de Mayo de 2008

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2008:1390
Número de Recurso15643/2008
ProcedimientoCONTENCIOSO
Número de Resolución307/2008
Fecha de Resolución21 de Mayo de 2008
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00307/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15643/2008

RECURRENTE: Emilio

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos. Sres. D.

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e un de maio de dous mil oito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15643/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 7570/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto por don Emilio,

representado polo procurador don ANTONIO PARDO FABEIRO, e dirixido polo letrado don JOSE PITA ANDREU, contra

ACORDO DO 21-12-05 DESESTIMANDO E ESTIMANDO RECLAMACIONS CONTRA OUTROS DA A.E.A.T. EN PONTEVEDRA

SOBRE LIQUIDACION PROVISIONAL POLO IMPOSTO DA RENDA PERSOAS FISICAS, EXERCICIO 2000 E SANCION POR

INFRACCION TRIBUTARIA GRAVE. NUM000 Y NUM001. É parte a Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-

ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO

Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO

Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO

Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 6.332´08 euros.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO

O acto que se recorre é o acordo de 21.12.2005 do TEAR que rexeita a reclamación contra a liquidación IRPF ano 2000 e anula a sanción tributaria.

A controversia cínguese ó tratamento fiscal da cantidade pagada por TELEFONICA ó recorrente o ano 2000 en concepto de prestación de supervivencia e que teñen o seu orixe nun fondo interno - e non na póliza suscrita con Metropolis, SA.

SEGUNDO

O recorrente entende de aplicación a doutrina xurisprudencial sobre a cuestión ditada en aplicación da Lei 18/1991: estamos ante un incremento de patrimonio e non é unha renda de traballo. Nembargantes, recoñece que trala Lei 40/1998 debe cualificarse como renda de capital mobiliario

Ademais sostén que o pagamento fíxose a conta dun seguro de vida colectivo e non dun fondo interno, polo que estaríamos ante un sistema alternativo ós plans de pensións, entendendo de aplicación o réxime previsto no artigo 16.2.a para as prestacións recibidas de Mutualidades de Prevision Social - Consulta vinculante DXT 22.12.2004-.

Subliña que non estamos ante un fondo interno, senón ante un seguro de vida colectivo - pola imputación fiscal das primas -, polo que Telefónica debe ter asinado un contrato de administración de depósito coa aseguradora.. e, ademais, que falta na certificación de Telefónica a especificación das cantidades que pode deducir o traballador - prima pagada por el.

Compre subliñar que estas alegacións están orfas de toda proba, xa que non se achega documento ningún que as apoie, e non se solicitou tampouco o auxilio xudicial para practicalas, polo que son meras pretensións de parte sen base suficiente para telas en conta.

O único que se achega- expediente administrativo - é a PÓLIZA DE SEGURO DE GRUPO coa aseguradora Metropolis SA, con efectos de 01.01.1983 e que cobre como risco a SUPERVIVENCIA (póliza NUM003).

O que acontece é que se oculta na demanda o que reflicte a STSX Valladolid de 29.06.2007 e que non podemos descoñecer.

Como recolle a STSX Valladolod de 29.06.2007: En primer término ha de abordarse cual es la situación de la previsión percibida por el recurrente, y para ello es preciso hacer una sucinta relación de lo acaecido con anterioridad a dicha percepción. Originariamente existía una póliza de seguro colectivo, concertada entre la compañía "Telefónica S.A." y la compañía de seguros "Metrópolis" titulada seguro de vida y que cubría los riesgos de muerte, invalidez y supervivencia de los empleados de la primera, a la que se adhirieron los empleados que así lo desearon, sufragándose las primas en parte por los citados empleados y en parte por la compañía "Telefónica España S.A.".

Con posterioridad la anterior póliza se escinde en dos diferentes, la nº NUM002 que cubre los riesgos de muerte e invalidez y la nº NUM003 respecto de la supervivencia. La primera prima se paga en parte por la empresa y en parte por el trabajador, por el procedimiento de descontarlo en la nómina del empleado. Por la segunda de las pólizas, la referente al derecho de los empleados de percibir un pago único en concepto de seguro de supervivencia al cumplir los 65 años, no se llegó a satisfacer pago alguno por los empleados de Telefónica, desde el 1 de Enero de 1983 se acordó entre la aseguradora y la tomadora del seguro una modificación del contrato reduciendo el capital y liberalizando el pago de primas pasando Telefónica a engrosar unilateralmente el fondo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR