STSJ Galicia 404/2023, 13 de Noviembre de 2023

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Número de resolución404/2023
Fecha13 Noviembre 2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00404/2023

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: RECURSO DE APELACION 7091/2023

APELANTE: Adelaida, Agustina

Procurador: LUIS ALBERTO DEQUIDT MONTERO

Letrado: IAGO PASARO MENDEZ

APELADO: CONCELLO DE A CORUÑA (A CORUÑA)

Procurador:

Letrado: LETRADO AYUNTAMIENTO

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos.Sres. e Ilma.Sra.

FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

CRISTINA MARIA PAZ EIROA

JUAN CARLOS FERNANDEZ LOPEZ

LUIS VILLARES NAVEIRA (Relator)

A Coruña, 13 de novembro de 2023.

ANTECEDENTES DE FEITO

Único-. Resolución xudicial impugnada. Posicións das partes.

A parte apelante presenta un recurso ante a Sala, que é aquendado a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

É obxecto de impugnación a Sentenza nº 19/2023, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 da Coruña, que rexeita a demanda presentada contra a Resolución da Xunta de Goberno Local da Coruña do 24 de febreiro de 2021, na que se desestima o recurso de reposición interposto polos actores contra o acordo da Xunta de Goberno Local do 18 de novembro de 2020, de aprobación def‌initiva do Proxecto de Expropiación

para a execución do tramo do sistema xeral viario entre o Parque Of‌imático e a Residencia de Santa Teresa de Jornet, denegando a solicitude de suspensión da execución e alzando a mesma.

Os argumentos en que a parte apelante fundamenta a súa pretensión son os seguintes:

  1. Incorrecta aplicación e interpretación da normativa urbanística. Vulneración do plan xeral (f‌icha SUD-4) vulneración dos f‌ins da norma e dos principios de igualdade ante a lei. Privación dos dereitos para participar no desenvolvemento do ámbito, incorporándose ao patrimonio do concello para a súa posterior utilización no proceso de desenvolvemento en detrimento das administradas.

  2. Omisión de valoración da proba pericial achegada e practicada. Vulneración da tutela xudicial efectiva ( artigo 24 da CE) e dos principios de igualdade ante a lei tanto en sentido material como formal, polas súas repercusións sobre a propiedade privada. Falta de motivación, arbitrariedade e desviación de poder. Aínda que se aceptase a necesidade e a urxencia en acometer a obra, e aínda no caso de que a lexitimación fose admitida, é evidente que existe un vicio de falta de motivación respecto da conveniencia e necesidade de optar polo procedemento expropiatorio fronte ao ofrecido polo titular dos dereitos afectados.

    A parte apelada oponse ás pretensións impugnatorias polos seguintes motivos:

  3. A parte apelante asocia co sistema de actuación por expropiación a prerrogativa expropiatoria, que exerceu esta parte sobre a base legal que lle conf‌ire, entre outros o art. 129.3 da vixente LSG, (as coñecidas actuacións asistemáticas) . Con todo trátase dun erro asociar potestade expropiatoria con sistema de actuación urbanística por expropiación, porque se está equiparando unha actuación asistemática cunha sistemática;

  4. Sobre a incorrecta aplicación e interpretación da normativa urbanística, a apelante dá a entender que a expropiación forzosa só se debería empregar como un medio subsidiario ante os atrasos que tivese o proceso urbanizador, extremo que non está previsto pola lei;

  5. Acto seguido, considera que o emprego da expropiación forzosa supón unha vulneración do PXOM, pero a propia sentenza fai referencia a que a previsión legal do art. 129.3. LSG tamén está incluída na propio PXOM citando expresamente o artigo das NNUU, co cal dif‌icilmente se pode soster a contradición apuntada pola parte apelante.

  6. Sobre a omisión da valoración sobre a proba pericial presentada e a causación de indefensión formal e material, signifícase que non se pode ter en conta unhas manifestacións periciais que se pronuncian sobre o dereito aplicable; que non existe un dereito a participar no desenvolvemento do ámbito; sobre o principio de igualdade, non se infrinxe porque as situacións non son comparables, existe habilitación legal da facultade expropiatoria, sendo ademais a máis idónea. A motivación, tal como indica a sentenza, foi exposta no inicio do expediente; f‌inalmente, todo dano causado pola privación singular do dereito de propiedade é indemnizado no correspondente procedemento.

    FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a corrección xurídica da elección do sistema de obtención de terreos destinados polo PXOM da Coruña a sistemas xerais en solo urbano non consolidado.

Sostén a apelante que a elección do sistema de expropiación non está xustif‌icada porque o PXOM marca outro diferente para ese ámbito, de xeito que se infrinxe o planeamento neste sentido. A apelada, pola contra, entende que se están confundido os contidos dos arts. 111 e 129 LSG, que comprenden a expropiación en contextos diferentes.

Entendemos, coa oposición da apelada, que a apelante está confundindo a regulación da institución expropiatoria prevista nos arts. 111 e 129 LSG.

En efecto, no primeiro caso, establécense os sistemas de actuación para a execución de polígonos completos, entre os que se atopa o de expropiación, e no segundo, de forma particularizada, e regulado en Capítulo diferente da LSG, a obtención do solo de sistemas xerais, que son cuestións conceptualmente diferentes e que admiten un desenvolvemento diferente.

Para o primeiro caso, en efecto, pode o PXOM indicar un sistema concreto de actuación para o polígono completo, pero non estamos nese suposto, por iso as referencias no escrito de apelación nese sentido resultan incorrectas, e o único que cabe analizar, como f‌ixo a sentenza, é se se dan as condicións para a obtención dos solos destinados a sistemas xerais por algún dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR