STSJ Galicia 315/2023, 2 de Octubre de 2023

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Número de resolución315/2023
Fecha02 Octubre 2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00315/2023

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7351/2021

RECURRENTE: ASOCIACION DE AFECTADOS POLA PLATAFORMA LOXISTICA-INDUSTRIAL SALVATERRA-AS NEVES

Procurador: LUIS SANCHEZ GONZALEZ

Letrado: CARLOS ABAL LOURIDO

ADMINISTRACION DEMANDADA: XURADO DE EXPROPIACION DE GALICIA

Procurador:

Letrado: LETRADO COMUNIDAD

CODEMANDADA: AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO, CONSORCIO DE LA ZONA FRANCA Y IGVS

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DEL ESTADO

A Sección003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos. Sres. e Ilmas.Sras.

FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

CRISTINA MARIA PAZ EIROA

JUAN CARLOS FERNANDEZ LOPEZ

LUIS VILLARES NAVEIRA (Relator)

MARIA DE LOS ANGELES BRAÑA LOPEZ

A Coruña, 2 de outubro de 2023

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante, denominada "Asociación de afectados pola Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra-As Neves", impugna o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia de 25.03.21, que f‌ixou o prezo xusto das leiras números 70, 409, 678, 760, 762, 849, 893, 1234, 1242, 1258, 1268, 1361, 2138, expropiadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para executar o proxecto denominado " 01959 - Plisan - Inclusión de bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG ".

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. A demanda contén unha pretensión xenérica que abarca a todas as leiras do ámbito expropiatorio, de xeito que se f‌ixe en 3,93 euros/m2 o valor das parcelas que se atopen no ámbito da terraza QT3; en 3,14 euros/ m2 as que estean no ámbito das terrazas QT1 e QT2; tamén en 3,14 euros/m2 as que se atopen en zonas de depósitos aluviais e coluviais; e en 4,43 euros/m2 as que situadas en zonas de aproveitamentos graníticos;

  2. Para amparar esas pretensións sostén que existen aproveitamentos mineiros rendibles en parcelas situadas fóra da terraza QT3; que esta Sala rexeitou de forma implícita que só fosen indemnizables as parcelas situadas nesa zona; que a administración xa indemnizou con anterioridade leiras en igual situación; que o Xurado non respectou o contido das sentenzas que se trataban de executar; que non se poden tomar en consideración informes obtidos en procedementos xurisdicionais nos que non foron parte nin a asociación demandante, nin os seus asociados; e que a presunción de imparcialidade e obxectividade do Xurado ten que matizarse, na medida en que se limitou a asumir acriticamente o criterio da administración expropiante.

A administración autonómica demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos: existencia de presunción de validez dos acordos dos Xurados

A ese mesmo razoamento acóllese o avogado do Estado que representa tanto á Autoridade Portuaria de Vigo, como ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, que interesa que se desestimen as pretensións da demanda, non sen antes expor tres motivos de inadmisibilidade, que son a falta de lexitimación activa da actora, a defectuosa interposición da demanda e a existencia de cousa xulgada.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitido a trámite o recurso, reclamóuselle ao departamento autonómico demandado que remitise o expediente administrativo, coas demais formalidades procesuais. Así, compareceron aos autos a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, ambas as representadas pola Avogacía do Estado.

Remitido o expediente e o seu complemento, presentáronse os escritos de demanda e contestación, tras o cal ditouse o auto de 03.02.23, conf‌irmado polo de 20.03.23, que denegou a práctica da proba interesada polo letrado da parte actora.

Expúxose de of‌icio un motivo de inadmisibilidade do recurso, sobre o cal se acordou ouvir aos letrados das partes litigantes nos seus escritos de conclusións, como así f‌ixeron.

A contía do procedemento f‌ixouse en indeterminada.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que: as pretensións valorativas da demanda refírense a cinco tipoloxías de leiras identif‌icadas como QT1, QT2, QT3, depósitos aluviais e coluvialis (QC) e de aproveitamentos graníticos, que corresponden a ámbitos ou condicións que non concorren en relación ás parcelas ás que se ref‌iren as decisións do Xurado de Expropiación de Galicia obxecto de impugnación neste procedemento.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Antecedentes administrativos e xudiciais de interese para a contextualización do presente litixio.

Expoñemos a continuación os antecedentes administrativos e xudiciais de interese para a mellor comprensión do contexto do litixio, que xa describimos na Sentenza desta Sala e Sección na STSXG nº 229/2023, de 7 de xullo ( ROJ: STSJ GAL 5326/2023 - ECLI:ES:TSJGAL:2023:5326 ) no Recurso 7502/2021, e que nos servirá de marco de referencia para a resolución deste procedemento, ao atopármonos en análoga situación fáctica as leiras das que se reclama unha revisión do prezo xusto e unha idéntica situación xurídica. Explicamos así no FX º1 que:

"Para executar o proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística industrial en solo delimitado nos municipios de Salvaterra e As Neves, aprobado por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 15.05.02,

aprobou o director xeral de Urbanismo o 20.07.04, o proxecto para expropiar os bens e dereitos afectados, polo procedemento de taxación conxunta. A pesar de que esa resolución se modif‌icou en parte pola de 18.07.05, ao estimar en parte algúns recursos interpostos por afectados, impugnouse despois na vía xurisdicional, onde recaeron sentenzas desta sala, como a de 28.12.12, ditada no PO 8776/2008, que ordenaron retrotraer as actuacións da peza de prezo xusto, ao obxecto de incluír na relación de dereitos a expropiar os procedentes da eliminación dos aproveitamentos potenciais dos recursos mineiros existentes, segundo a porcentaxe e regras que lles correspondan; no caso desa sentenza, promoveuse un incidente de execución, resolto por auto de

20.06.17, que f‌ixou como importe do valor unitario dos recursos mineiros da leira litixiosa en 2,44 euros/m2 (esa resolución xudicial trasladouse a outras leiras similares). Para executar eses fallos, ordenou o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo o 22.05.15 retrotraer parcialmente o procedemento de prezo xusto para incorporar na relación de dereitos afectados a totalidade das leiras incluídas no ámbito expropiatorio, que abarcaba unha superf‌icie de 4.194.128,00 m2, dentro da cal non se atopaba a zona "Multifuncional Industrial" (MI); amparado en informes técnicos, propuxo abonar ese prezo xusto ás leiras situadas dentro da unidade litolóxica (socalco) QT3, que comprendían 1.721.059,00 m2, ao entender que era viable o aproveitamento potencial dos recursos mineiros, así como valorar en 0,00 euros/m2 as leiras situadas no resto do ámbito expropiatorio (os 2.473.069,00 m2), por non ser viable o seu aproveitamento mineiro. Tras as alegacións dos interesados, mediante resolución de 16.04.19 aprobou o director xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo neses termos a modif‌icación parcial do proxecto de expropiación e convocouse aos propietarios das leiras e dereitos afectados para o levantamento das actas complementarias de pago e ocupación, entre as que se atopaban as leiras números 430 e 381A de 401,00 e 406,00 m2, respectivamente, que se valoraron en 0,00 euros/m2, sen que se chegase a presentar unha valoración alternativa. Remitido ese expediente ao Xurado de Expropiación de Galicia, conf‌irmou esa valoración no seu acordo de 25.03.21, que é o que aquí impugna a "Asociación de afectados pola Plataforma Loxística-Industrial Salvaterra-As Neves" "

No presente procedemento, trátase das leiras nº 70, 409, 678, 760, 762, 849, 893, 1234, 1242, 1258, 1268, 1361, 2138, pero en idéntica situación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR