STSJ Galicia 527/2023, 6 de Octubre de 2023

PonenteFERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
ECLIES:TSJGAL:2023:6852
Número de Recurso15179/2022
ProcedimientoProcedimiento ordinario
Número de Resolución527/2023
Fecha de Resolución 6 de Octubre de 2023
EmisorSala de lo Contencioso

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00527/2023

-

Equipo/usuario: Pb

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2022 0000418

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015179 /2022 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Jose Ángel

ABOGADO LUIS FRANCISCO ROSON FERREIRO

PROCURADOR D./Dª. MARCIAL PUGA GOMEZ

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

D.ª MARÍA DOLORES RIVERA FRADE - Presidenta

D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

D. JUAN SELLÉS FERREIRO

D.ª MARÍA PÉREZ PLIEGO

D.ª CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, a seis de outubro de dous mil vinte e tres.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15179/2022, presentado por D. Jose Ángel, representado polo procurador Sr. Puga Gómez, dirixido polo letrado Sr. Rosón Ferreiro, contra o acordo de 23.12.2021 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO.- Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO. - Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO.- Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 137.916,15 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 23.12.2021 do TEAR que, rexeita a reclamación económico administrativa, contra a declaración de responsable solidario nas débedas/sancións da sociedade JAC CORUÑA SL coma colaborador - art. 42.1.a LXT.

Segundo resulta do expediente as débedas que se lle deriva son por retencións a conta rendementos do capital mobiliario, 1T-2013 a 4T 2015 e sanción.

Estas derivan das actuacións seguidas contra JAC, na que lle imputaron ingresos non declarados, practicando as correspondentes liquidacions do I.sociedades/Ive, e tamén polo concepto de retencións a conta rendementos do capital mobiliario ( 108.026,71 euros ) e os sancionaron.

O recorrente era administrador solidario ó tempo de presentalas autoliquidacions do I.Sociedades/IVE e retencións.

SEGUNDO.- O recorrente, consonte as previsións do art. 174.5 LXT cuestiona o presuposto de feito habilitante e as correspondentes liquidacions/sancións, dado que, proceden de documentación que obtiveron no curso dunha entrada - autorizada xudicialmente- nas dependencias de JAC, que considera nula e, por outra cuestiona os cálculos de ingresos que realiza a AEAT.

Nos procedementos seguidos contra JAC, polos conceptos derivados ó recorrente, dixemos:

" Verbo da entrada; falarmos dunha decisión xudicial e que, en principio, transcorreu o prazo para recórrela, o recorrente subliña que incorreu en graves deficiencias o que o fai nula : a) outorgouse antes de iniciar ( e notificar ) o procedemento inspector, b) non se entendeu co administrador/representante da sociedade, c) o auto de entrada carece da debida motivación, e d) non se informe da posibilidade de interpor un recurso de apelación.

O letrado do Estado opón que, calquera irregularidade que puidera ter cometido a AEAT, quedou corrixida pola firmeza do auto de entrada.

Concordamos - en parte - co, letrado do Estado na imposibilidade de cuestionar, con ocasión da impugnación da liquidación/sanción, as actuacións xudiciais firmes e consentidas.

Non estarmos ante unha entrada administrativa consentida polo titular do negocio, o que sí autorizaría a suscitar calquera defecto que puidera concorrer, senón ante un auto do Xulgado do Contencioso núm.4 da Coruña, de 05.07.2016, verbo do cal, non se suscitou un recurso de apelación no prazo de quince días.

Fronte o auto - firme e consentido- non se pode, fora dos vías dos recursos xudiciais, ordinarios/extraordinarios, suscitar ningunha cuestión dirixida a obter a súa nulidade, ó carecer de competencia este Tribunal para, dentro do presente procedemento, cuestionar unha resolución xudicial firme.

O que acontece é que esto é válido para a sociedade JAC, mais non contra o recorrente, que non foi parte no procedemento seguido contra a sociedade e, polo tanto, non puido, no seu momento, cuestionala solicitude e concesión do auto de entrada. Considerarmos que, de concorrer algunha irregularidade na entrada -auto autorizatorio- o recorrente pode cuestionar as probas obtidas, en tanto en canto que lle prexudican.

Compre avaliar, polo tanto, os motivos suscitados.

Non existe dúbida posible de que, con ocasión da actuación da AEAT no local de AJC Coruña SL, déronlle unha copia do auto de entrada, no que figuraba expresamente, que contra o mesmo podrían presentar un recurso de apelación no prazo de quince días.

Onde concorre unha evidente irregularidade é na practica da entrada. A entrega do auto xudicial fixérona na persoa do Sr. Candido- o 07.07.2016- ( e non con calquera dos administradores solidarios ), que carecía de facultades para consentir a entrada dos membros da AEAT e para que estes interviran a documentación, o que fai que, o resultado - obtención dunha contabilidade b- non podía utilizarse para liquidarlle a un terceiro, coma é o recorrente.

Tampouco o auto de entrada fai a mínima crítica da solicitude da AEAT, non entrando a avaliar se os indicios nos que, a AEAT a fundamenta, están ou non acreditados, dándoo por suposto, infrinxindo a doutrina do TS.- STS 01.10.2020: É preciso que o auto xudicial motive e xustifique -isto é, formal e materialmente- a necesidade, adecuación e proporcionalidade da medida de entrada, sometendo a contraste a información facilitada pola Administración, que debe ser posta #en cuestión, na súa aparencia e credibilidade, sen que caiban aceptacións automáticas, infundadas ou acríticas dos datos ofrecidos. Só é admisible unha autorización por auto tras a análise comparativa de tales requisitos, un a un. Non poden servir de base, para autorizar a entrada, os datos ou informacións xerais ou indefinidos procedentes de estatísticas, cálculos ou, en xeral, da comparación da situación suposta do titular do domicilio coa doutros indeterminados contribuíntes ou grupos destes, ou coa media de sectores de actividade en todo o territorio nacional, sen especificación ou segmentación detallada algunha que avale a seriedade de tales fontes.

Tal análise, de facerse excepcionalmente, debe atender a todas as circunstancias concorrentes e, moi en particular, a que de tales indicios, vestixios ou datos xerais e relativos -verificado a súa orixe, seriedade e a situación concreta do interesado respecto a eles- sexa rigorosamente necesaria a entrada, o que esixe valorar a existencia doutros factores circunstanciais e, en particular, a conduta previa do titular en resposta a actuacións ou requirimentos de información efectuados pola Administración".

Existe, outra cuestión, vencellada coa autorización de entrada que, sen cuestionar o auto, nin o seu resultado, tamén é relevante para resolver a controversia.

Consonte resulta do expediente, o auto de entrada, concedido polo Xulgado núm.4 do Contencioso de 05.07.2016 ( aínda que non reflicte os impostos e períodos ), foi consecuencia da solicitude presentada o 30.06, e tiña por obxecto os conceptos tributarios e períodos ( I.Sociedades anos 2013 a 2014 e IVE anos 2013 a 2016 ( 1º Trimestre ) - tamén o acordo de inicio das actuacións inspectoras de 01.07 abranguian os mesmos conceptos e períodos )-

A entrada practicouse o 07.07 e obtiveronse os arquivos informáticos.

Foi o 17.04.2017 cando se estendeu a inspección a outros conceptos e períodos ( I.Sociedades ano 2012 e 215, IVE 1T2012 a 4T2012, Retencions/Ingresos a conta capital mobiliario 1T 2013 a 4T2015 e retencións/ingresos a conta traballo persoal 1T/2013 a 4T2015 ).

É dicir, dentro da autorización xudicial de entrada non se comprendía a retención/ingreso a conta do capital mobiliario, que é o concepto que se liquida/sanciona; compre determinar se era posible utilizar a documentación para liquidar/sancionar este novo obxecto.

Coma indica a STS 1422/2022: Efectivamente, como se desprende, sen dúbida, da nosa xurisprudencia, os principios de adecuación, proporcionalidade e necesidade non só deben...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR