SAP A Coruña 243/2023, 29 de Junio de 2023

PonenteXERMAN VARELA CASTEJON
ECLIECLI:ES:APC:2023:1636
Número de Recurso52/2020
ProcedimientoProcedimiento abreviado
Número de Resolución243/2023
Fecha de Resolución29 de Junio de 2023
EmisorAudiencia Provincial - A Coruña, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

A CORUÑA

SENTENCIA: 00243/2023

- C/. DE LAS CIGARRERAS Nº 1 - EDIFICIO ANTIGUA FABRICA DE TABACOS. 1ª PLANTA

Teléfono: 981 18 20 74 /75/36

Correo electrónico: seccion2.ap.coruna@xustiza.gal TFNO. 881 881 899 /895/ 896/ 898

Equipo/usuario: AL

Modelo: 787530

N.I.G.: 15006 41 2 2016 0100258

PA PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000052 /2020

Delito: ESTAFA (TODOS LOS SUPUESTOS)

Denunciante/querellante: Begoña, Bernarda, Blanca, Efrain, MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ, MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ, MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ, MARIA ELISA GARCIA FERNANDEZ,

Abogado/a: D/Dª PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ, PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ, PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ, PABLO MANUEL DE ACOSTA GONZALEZ,

Contra: XUNTA DE GALICIA, Fausto, Elisenda

Procurador/a: D/Dª, RAFAEL OTERO SALGADO, RAFAEL OTERO SALGADO

Abogado/a: D/Dª LETRADO DE LA COMUNIDAD, LUCIANO PRADO DEL RIO, LUCIANO PRADO DEL RIO

ILMA. Sra. PRESIDENTA

DONA MARIA-CARMEN TABOADA CASEIRO

ILMOS. Sres. MAXISTRADOS

DON SALVADOR-PEDRO SANZ CREGO

DON XERMAN VARELA CASTEJON- relator

SENTENZA

A Coruña a 29 de xuño de 2023

Foi vista ante a Sección Segunda desta Audiencia Provincial a causa instruída co número 52/2020, procedente do Xulgado de primeira instancia e instrución núm. 1 de Arzúa e seguida polo trámite de procedemento abreviado núm. 333/2016, por delitos de estafa e falsif‌icación contra:

- Elisenda, con DNI NUM000, nada o día NUM003 de 1970, e

- Fausto, con DNI NUM000, nado o día NUM004 de 1974.

Ambos foron representados por polo procurador Rafael Otero Salgado e defendido polo avogado Luciano Prado del Rio.

Compareceu a Letrada da Xunta de Galicia ao ser citada esa institución como responsábel civil subsidiaria. Foi parte acusadora o Ministerio Fiscal, e, como acusación particular, Begoña, que presentou o seu propio escrito de acusación, e Bernarda, Blanca e Efrain, todos eles representados pola procuradora Elisa García Fernández e asistidos polo letrado Pablo Manuel de Acosta González.

Actuou como relator o maxistrado Xermán Varela Castejón .

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Estas actuacións comezaron coa incoación das dilixencias previas de procedemento abreviado numeradas como 333/2016 do Xulgado de primeira instancia e instrución nº 1 de Arzúa . Logo de se efectuaren as dilixencias probatorias que o instrutor considerou relevantes, este acordou a continuación do procedemento polos trámites establecidos no artigo 779 da Lei de axuizamento criminal.

O Xulgado traslado as dilixencias ao Ministerio Fiscal e ás acusacións particulares, que presentaron cada unha o seu escrito de acusación con petición de apertura de xuízo oral.

O Xulgado acordou, entón, a apertura sinalouse esta Audiencia Provincial como o órgano competente para o coñecemento e a resolución da causa.

Tras iso, o Xulgado deu traslado das actuacións á defensa dos acusados, que presentaron os seus escritos de defensa, como tamén o f‌ixo a chamada como responsábel civil. Deseguido remitíronse as actuacións a esta Sala.

Segundo

Os días 24 e 25 de maio de 2023 foi celebrada vista.

No momento de emitir as súas conclusións def‌initivas o Ministerio Fiscal modif‌icou o seu escrito de acusación segundo consta nas actuacións. A acusación particular elevounas a def‌initivas e o propio f‌ixo a defensa e a Letrada da Xunta de Galiza.

O Ministerio Fiscal, nesas conclusións def‌initivas, solicitou a inclusión no seu relato de feitos dos que explicou en sala e variou a súa petición de pena así como a referida á responsabilidade civil.

A vista de xuízo rematou dando a última palabra ás persoas acusadas.

FEITOS PROBADOS

Primeiro

Que entre novembro de 2014 e outubro de 2016 Elisenda e Fausto, casados un co outro, actuando xuntos e para lucrarse con eses movementos, solicitaron a diversas empresas que operan a través de internet os préstamos que se dirán.

Ao solicitalos simulaban que quen os pedía eran outras persoas que nada sabía desas peticións.

Segundo

Para simular que quen aparecía como solicitante era quen realizaba a petición, que tiña solvencia para pedir o préstamo ou a titularidade da conta na que se solicitaba o ingreso do diñeiro, remitían diversa documentación. En concreto, en todos os casos, salvo as excepcións que se dirán, enviaban:

  1. unha fotografía do DNI da persoa cuxo nome era usado,

  2. recibos bancarios falsif‌icados para simular que esa persoa era titular da conta na que se ía producir o ingreso e que en realidade pertencía ou a un dos acusados ou a ambos.

Coa consideración de recibos bancarios, en todos os casos remitiron unha notif‌icación falsif‌icada do banco ao cliente de ter realizado un pago dunha domiciliación ou un cargo directo. Nalgunha ocasión, ademais deses recibos enviouse outro recibo que informaba do ingreso do salario que se simulaba nesa conta ( anotación en conta ).

Ás veces enviouse, xunto ao anterior, unha nómina falseada sempre a nome de quen aparecía como peticionario do préstamo. Salvo nos casos que se indicará expresamente, esas nóminas simulaban ser nóminas emitidas a favor desa persoa por algunha Consellería da Xunta de Galicia.

Terceiro

Elisenda traballaba en todo ese tempo como empregada da Xunta de Galicia no Servizo público de emprego nas of‌icinas de Melide.

Ao acudir as persoas usuarias ao servizo atendido por ela debían exhibir o seu DNI. Nalgunhas ocasións aproveitou ese momento para pedirlles a algunhas das persoas usuarias que lle entregaran o DNI e realizoulle co seu teléfono unha fotografía. Esas fotos eran as que despois remitían ás empresas coas solicitudes de préstamos.

Cuarto

Os recibos bancarios eran confeccionados manipulando informaticamente documentación orixinal recibida polo matrimonio en relación ás súas propias contas.

As nóminas da Xunta remitidas a nome de cada prestamista aparente eran confeccionadas polos acusados manipulando informaticamente a nómina de Elisenda .

Quinto

Varias das solicitudes foron admitidas e as empresas prestamistas transferiron o diñeiro ás contas que se lle indicaban polos acusados.

Nalgúns casos, devolveron o diñeiro que se lle ingresara como consecuencia dos préstamos cos xuros ou os cargos correspondentes.

Noutros casos adiaron o momento de devolución pagando diversas cantidades para obter esa ampliación do prazo.

Sexto

Ningunha das persoas cuxos nomes foron usados para pedir os préstamos tivo que pagar ningunha contía derivada de que se concertaran eses préstamos.

Algunhas realizaron xestións ao coñecer ese uso: chamadas telefónicas, traslados a sucursais bancarias, interposición de denuncias ou declaracións policiais e xudiciais.

Sétimo

Elisenda empregou para obter as fotografías dos DNIs e, nalgún caso, pedir préstamos o teléfono Samsung Galaxy asociado daquela á liña telefónica NUM001 .

Fausto usou para obter algúns préstamos o LG G3 asociado daquela á liña telefónica NUM002 .

Ambos terminais telefónicos constan incautados.

Oitavo

Jacinta, Epifanio, Juliana, Eulalio y Lucía non querer reclamar nada neste procedemento.

Noveno

En concreto as operacións acreditadas son as seguintes agrupadas pola persoa cuxo nome foi usado.

En cada táboa consta:

Na primeira columna a data de ingreso ou concerto do préstamo.

Na segunda, a empresa prestamista.

Na terceira, o importe recibido e, no seu caso, se ese importe foi devolto.

Na cuarta, os supostos nos que, ademais da fotografía do DNI e recibos bancarios, foi remitida unha nómina falsif‌icada que simulaban ser da Xunta, de non ser así e ser doutra empresa faise constar. Tamén sinalamos os supostos de pagos por adiar o vencemento.

Nas dúas últimas f‌ilas faise constar, primeiro, o total importe recibido e, segundo, o total, dese principal recibido, non devolto.

  1. Supostos nos que se usou o nome de Adela .

    [Folios 448 a 506 da peza principal]

    Data Empresa Importe documentos

    25/09/2015 Sistemas Financieros Móviles 200 euros [27/10/15 devolución]

    25/09/2015 Vivus Finance 300 euros

    28/09/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros

    [14/10/15 devolución]

    28/09/2015 Twice Lamda 300 euros

    14/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros

    [30/10/15 devolución]

    27/10/2015 Sistemas Financieros Móviles 300 euros

    Nómina simulada

    27/10/2015 P 10 Finance 280 euros Nómina simulada

    30/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 320 euros Nómina simulada 03/10/2016 Twinero SL 255 euros Nómina simulada

    2255 euros

    1755 euros

  2. Supostos nos que se usou o nome de Amalia .

    [Folios 228 a 291 da peza documental, e 221 a 228 da principal]

    Data Empresa Importe documentos

    17/10/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros

    [17/11/2015 devolución]

    18/10/2015 Twice Lamda Investiments 300 euros

    19/10/2015 Vivus Finance 300 euros

    19/10/2015 P 10 Finance 280 euros

    20/10/2015 Protocolos y Servicios Financieros 100 euros

    [04/11/2015 devolución]

    24/10/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada e

    Pagos por adiamento

    04/11/2015 Protocolos y Servicios Financieros 200 euros Nómina simulada 16/11/2015 Sistemas Financieros Móviles 250 euros Nómina simulada 1880 euros

    1630 euros

  3. Supostos nos que se usou o nome de Teodoro .

    [Folios 292 a 329 da peza documental]

    Data Empresa Importe documentos

    09/03/2015 Sistemas Financieros Móviles 150 euros Nómina simulada 12/03/2015 Vivus Finance 300 euros Crédito vendido

    13/03/2015 Protocolos y Servicios Financieros SL 150 euros Nómina simulada 13/03/2015 P 10 Finance 280 euros

    15/03/2015 Twice Lamda Wonga 300 euros

    1180 euros

    1180 euros

    Ademais realizaron unha solicitude que foi rexeitada o 10/03/2015.

  4. Supostos nos que se usou o nome de Casilda . [Folios 330 a 351 da peza documental]

    Data Empresa Importe documentos

    15/09/2015 Twinero 300 euros Nómina simulada

    Pagos por adiamento

    300 euros

    300 euros

    Ademais solicitaron créditos o 13/09/2015 e 22/09/2015 que lle...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR