SAP Pontevedra 45/2023, 26 de Abril de 2023

PonenteMARTA ELVIRA GARCIA MOSQUERA
ECLIECLI:ES:APPO:2023:958
Número de Recurso68/2023
ProcedimientoRecurso de apelación. Procedimiento abreviado
Número de Resolución45/2023
Fecha de Resolución26 de Abril de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 4ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 4

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00045/2023

- ROSALIA DE CASTRO,Nº 5 - PALACIO DE JUSTICIA

Teléfono: 986805137/36/38/39

Correo electrónico: seccion4.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: CV

Modelo: 213100

N.I.G.: 36060 41 2 2022 0001905

RP APELACION PROCTO. ABREVIADO 0000068 /2023

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.2 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: JUICIO RAPIDO 0000263 /2022

Delito: CONDUCCIÓN SIN LICENCIA O PERMISO (L.O. 15/2007)

Recurrente: Juan Pablo

Procurador/a: D/Dª RAFAEL BARRIOS PEREZ

Abogado/a: D/Dª SEVERINO DIZ SEOANE

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA Nº : 45/2023

==========================================================

ILMAS.SRAS

Presidenta: Dª CRISTINA NAVARES VILLAR

Maxistradas: Dª Mª JESÚS HERNÁNDEZ MARTÍN

Dª MARTA GARCIA MOSQUERA

==========================================================

Pontevedra, vinteseis de abril do dous mil vinte e tres.

Vistas pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, formada pola Presidente en funcións, a Ilma. Sra. Cristina Navares Villar, a Maxistrada Dona María Jesús Hernández Martín, e a Maxistrada suplente Dona Marta García Mosquera, as actuacións do recurso de apelación n.º 68/23, seguidas como consecuencia do formulado contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal n.º 2 de Pontevedra no Procedemento de Xuízo Rápido 263/2022, sobre delito de condución sen licencia ou permiso, e no que teñen sido parte, como apelante Juan Pablo, representado polo Procurador Sr. Don Rafael Barrios Pérez e defendido polo Letrado Sr. Don Severino Diz Seoane, e como apelado o Ministerio Fiscal. Ten sido Relatora Dona Marta García Mosquera, quen expresa o parecer da Sala, previa a oportuna deliberación e votación.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Con data 18 de agosto de 2022, o Xulgado do Penal n.º 2 de Pontevedra ditou Sentenza na que constan como feitos probados os seguintes:

"Por resolución de 18.12.2019 de la Xefatura Provincial de Tráf‌ico de Pontevedra se declaró la pérdida de vigencia de la autorización administrativa para conducir de la que era titular Juan Pablo, por pérdida de los puntos asignados; resolución notif‌icada al Sr. Juan Pablo el día 11.02.2020.

Por sentencia f‌irme de conformidad dictada el 24.11.2020 por el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº 2 de Cambados, en sus Diligencias Urgentes nº 360/2020, Juan Pablo fue condenado como autor de un delito de conducción sin permiso o retirado cautelar o def‌initivamente, a la pena de 32 días de trabajos en benef‌icio de la comunidad; y por sentencia f‌irme de conformidad dictada el 14.06.2022 por el Juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº 1 de Caldas de Reis, en sus Diligencias Urgentes nº 239/2022, fue condenado como autor de un delito de conducción con permiso no vigente por pérdida total de puntos, a la pena de 44 días de trabajos en benef‌icio de la comunidad.

El día 03.07.2022 Juan Pablo, sin haber recuperado el permiso referido, conducía el vehículo con matrícula RE....DW cuando fue interceptado por agentes de la Policía Local a la altura del número 3 de la C/ Xalda de la localidad de Vilagarcía de Arousa".

SEGUNDO

Na devandita Sentenza, a decisión é do seguinte teor literal: "Que debo condenar y condeno a Juan Pablo como autor criminalmente responsable de un delito contra la seguridad vial (conducción sin permiso), del artículo 384 párrafo 1º del Código Penal, concurriendo la agravante de reincidencia del artículo 22.8ª del CP, a la pena de multa de 18 meses y 1 día con una cuota diaria de 10 euros, con responsabilidad personal en caso de impago, y la imposición de costas.

No ha lugar al comiso del vehículo con matrícula RE....DW ".

TERCEIRO

A representación procesual de Juan Pablo formulou en tempo e forma recurso de apelación, que foi admitido, dándose traslado do mesmo ao Ministerio Fiscal.

CUARTO

Remitidas as actuacións a esta Audiencia Provincial, e unha vez recibidas, formouse o correspondente Rolo, foi adxudicado o relatorio e sinalouse día para deliberación e decisión.

QUINTO

Na substantivación do presente recurso téñense observado as prescricións legais.

FEITOS PROBADOS

Acéptase o relato de feitos da sentenza recorrida, dándose aquí por reproducido.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

PRIMEIRO

Ditada sentenza de instancia, na que resulta condenado Juan Pablo do delito de condución sen permiso do artigo 384 parágrafo 2.º do Código Penal do que fora acusado, interpúxose recurso de apelación pola súa representación procesual, que a través do motivo único de erro na apreciación da proba amparado no art. 790.2 da Lei de Axuizamento Criminal, solicita se dite Sentenza na que, revogando en parte a ditada na instancia, no referido exclusivamente á cota diaria da pena de multa, se acorde impoñer a devandita pena cunha cota diaria de 3 euros.

O Ministerio Fiscal, opoñéndose parcialmente ao recurso de apelación interposto, interesou a estimación parcial do mesmo, revogando o concreto pronunciamento da decisión referido á cota diaria da pena...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR