AAP Pontevedra 200/2023, 14 de Abril de 2023

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2023:482A
Número de Recurso268/2023
ProcedimientoRecurso de apelación. Auto
Número de Resolución200/2023
Fecha de Resolución14 de Abril de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

AUTO: 00200/2023

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal Equipo/usuario: PIL

Modelo: 662000

N.I.G.: 36008 41 2 2022 0001795

RT APELACION AUTOS 0000268 /2023 -PJuzgado procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.3 de CANGAS Procedimiento de origen: JUICIO SOBRE DELITOS LEVES 0000670 /2022 Delito: DELITO SIN ESPECIFICAR

Recurrente: Adrian

Procurador/a: D/Dª JOSE ANTONIO GONZALEZ GARCIA

Abogado/a: D/Dª JOSEFA CONCEPCION RUA GAYO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

MAXISTRADO/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

AUTO NÚM. 200/2023

Pontevedra, a catorce de abril de dous mil vinte e tres.

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de Instrución núm. 3 de Cangas, ditou unha providencia do 11 de novembro de 2022, na que acordou rexeitar a solicitude de medidas cautelares solicitada por Adrian . Segundo.- Contra o dita providencia o procurador José Antonio González García, na representación de Adrian

, formulou un recurso de reforma, que foi desestimado por auto do 21 de decembro de 2022, presentado un recurso de apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución. Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Ramón Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por unha providencia do 11 de novembro de 2022, o maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 3 de Cangas rexeitou a solicitude de medidas cautelares realizada por Adrian, en concreto, que se requirise a Damaso para que lle entregase as chaves da vivenda da súa propiedade e lle permitise acceder a ela. E, mediante un auto do 21 de decembro de 2022, o mesmo maxistrado xuíz rexeitou o recurso de reforma presentado por aquel contra a devandita providencia, polo que Adrian acode agora en apelación perante esta segunda instancia. A f‌iscala oponse a que acollamos este recurso.

Segundo

No auto do 21 de decembro de 2022 do xulgado a quo xa se ref‌lectía que o que se solicitaba como medida cautelar era que o denunciado e cuñado do agora apelante lle entregase as chaves da vivenda onde residía, xustif‌icando tal medida cun certif‌icado de empadroamento. O maxistrado xuíz razoaba naquel auto que con la documental aportada no se puede mantener que existan indicios suf‌icientes de la comisión del ilícito, ya que un documento de empadronamiento no justif‌ica ni la posesión inmediata por parte del denunciante, ni un legítimo derecho a dicha posesión . E engadía que en la denuncia y en el recurso interpuesto, en momento alguno se hace mención al legítimo derecho del denunciante a tener unas llaves para...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR