STSJ Galicia 172/2023, 26 de Mayo de 2023

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Número de resolución172/2023
Fecha26 Mayo 2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00172/2023

PONENTE: D. LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7296/2021

RECURRENTE: Florian

Procurador: MARIA JESUS GANDOY FERNANDEZ

Letrado: VICTORINO FUENTE MARTINEZ

ADMINISTRACION DEMANDADA: XURADO DE EXPROPIACION DE GALICIA

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

CODEMANDADA: CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Procurador:

Letrado: LETRADO AYUNTAMIENTO

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos.Sres. e Ilmas. Sras.

FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

CRISTINA MARIA PAZ EIROA

JUAN CARLOS FERNANDEZ LOPEZ

LUIS VILLARES NAVEIRA (Relator)

MARIA DE LOS ANGELES BRAÑA LOPEZ

A Coruña, 26 de maio de 2023.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 25.03.2021, polo que se desestimou o recurso de reposición contra o Acordo, do 17.12.2020, que f‌ixou o prezo xusto das parcelas números NUM000, NUM001, NUM002 e NUM003, con obxecto do "Proxecto Técnico de Expropiación, con urxente ocupación, dos bens e dereitos necesarios para executar a Fase 1 da Estación Intermodal de Santiago de Compostela", a razón de 18,893 euros o metro cadrado.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. o solo debe valorarse non en función da súa clasif‌icación senón en función do grao de urbanización, que determinará que estamos ante un solo urbanizado, ao pertencer á malla urbana básica como dotación xeral. O vial forma parte do sistema xeral viario da cidade; a pericial de parte así o testemuña ao estar a parcela entre dúas actuacións municipais. Estamos ante a ocupación de parte dunha parcela xa urbanizada polas obras;

  2. aínda que se considerarse solo rural, o valor adxudicado é moi inferior ao que lle corresponde, e a propia Sala xa valorou en STSXG de 16/12/2016 ao dobre do agora adxudicado;

  3. infracción dos arts. 31 e 34 LEF ao adoptar o acordo sen tomar en consideración a valoración do propietario, malia que presentou alegacións; o Concello non remitiu ao XEG folla de aprecio, con infracción do art. 31 LEF;

  4. subsidiariamente, infracción do TRLSRU arts. 21.3. e 37, porque se parte da falsa premisa de que todo solo urbano non consolidado está en situación de rural. Tamén hai SUNC cando se trata de SU pendente de realizárense operacións de reforma ou renovación da urbanización, como sucede neste caso. Aquí o solo está integrado en malla urbana e urbanizazdo na execución da variante Sar-Pontepedriña, integrada xa no Planeamento, polo que debe valorarse polo seu grao de urbanización. Infracción tamén do art. 16 LSG.

    A administración demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  5. inadmisión da demanda por incongruente, porque tras razoar que a parcela debe ser valorada como SUC, establécese unha pretensión por ocupación ilegal da parcela en SR, que pasa a ter unha posición preeminente no suplico, debendo rexeitarse esta articulación da petición ao ser diferente do resolto polo XEG e en todo caso debe reconducirse a petición a iso.

  6. Non hai indefensión por falta de achega da valoración feita polo demandante, porque este alegou contra ela no recurso de reposición;

  7. sobre a situación básica das parcelas, no primeiro dos informes periciais do demandante, este renuncia ao seu resultado remitíndose ao da vía administrativa. Este foi emitido por un enxeñeiro de camiños, cando o perf‌il profesional debía ser se se pretendía SR enxeñeiro agrónomo e se se pretende SU, arquitecto. Canto ao informe que acompaña a demanda, ao se tratar dunha cuestión de feito, deberíanse inspeccionar os terreos in situ, pero xa se emite ditame cando está todo construído, constituíndo máis unha opinión técnica que unha pericia. En canto ao proxecto técnico de expropiación, este def‌ine dous ámbitos de expropiación que afectan de xeito diferente as parcelas expropiadas; non se dan os caracteres de integración en malla urbana; a execución do viario non supuxo a urbanización das parcelas, e as nº NUM001, NUM002 e NUM003 quedaron expresamente excluídas do proceso urbanizador, carecendo de varios dos servizos requiridos pola Lei: auga, saneamento e subministro eléctrico. Hai precedentes da Sala no mesmo sentido.

    A administración autonómica oponse tamén ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  8. no relativo á folla de aprecio presentada polo demandante ao Concello, en realidade presentou unhas alegacións cunha valoración baseada noutras parcelas referidas a un procedemento de expropiación anterior;

  9. sobre a alegación de nulidade de pleno dereito, non hai indefensión porque non se achegara a valoración do demandante diante do Concello, porque o XEG é un órgano independente de valoración, só limitado polo principio de congruencia, que neste caso se cumpriu. En todo caso, co escrito de reposición foi achegada a súa valoración, polo que non existe indefensión; en calquera caso, no informe desa valoración non se valoran as f‌incas agora expropiadas; en consecuencia, tampouco procede o incremento do 25% por ocupación ilegal;

  10. en canto á valoración do solo, non se acredita no informe de parte que este estea en situación fáctica de urbano; non se acreditou que contase con todos os servizos; o vial existente non ten carácter de urbano; a unidade de actuación en que se enmarca urbanizou o contacto coa estación, e non coas beiras do río, preservándoas dese proceso.

Segundo

Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada a proba pericial xudicial do arquitecto Jose Augusto, pericial de parte ademais da documental que obra en autos, así como testemuñal pericial de Carlos Jesús e Herminia .

A contía do procedemento f‌ixouse en 720.479,42 €.

Terceiro

Feitos probados.

Resultou probado neste procedemento que:as parcelas NUM000, NUM001, NUM002 e NUM003 no momento en que se inicia o expediente de expropiación non dispoñen de acceso rodado público, nin servizos de abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministración de enerxía eléctrica. O vial variante Sar-Pontepedriña carece de beirarrúas e non dá acceso rodado ás parcelas.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Sobre a infracción dos arts. 31 e 34 LEF e a omisión do envío da folla de aprecio do demandante ao XEG. Inexistencia de indefensión.

Aínda que non se presenten con esta liñalidade os motivos de impugnación no escrito de demanda, comezaremos pola infracción de normas do procedemento que pode afectar ao contido do resolto na resolución do XEG.

Así, sostén o demandante que existiu infracción dos art. 31 a 34 LEF, porque malia que el presentou folla de aprecio ante o Concello, este non cumpriu co seu deber de lla enviar ao XEG para que a considerase no momento de ditar a súa resolución. Dende aquí deduce a demandante a nulidade de todo o actuado.

Tales consecuencias non poden deducirse, porque nin se acredita a concorrencia de causa de nulidade de pleno dereito, nin en relación á posible infracción do art. 48.1. LPACAP se acredita ter sufrido unha indefensión que provoque unha lesión aos dereitos da parte actora.

En efecto, aínda que formalmente non fosen remitidas as alegacións, reproche que fai o Concello acerca da forma de remitir a forma de aprecio non pode ser admitida, porque aínda que tivese forma de alegacións constitúe materialmente a posición da parte a ese respecto de facer unha valoración alternativa á ofrecida pola administración, como lembra a STS de 14/5/2012. Dito isto, e concorrendo valoración polo interesado, resta determinar se esta falta de remisión formal afecta dereitos do demandante.

A resposta debe ser negativa, primeiro porque o XEG si accedeu a esa valoración feita pola demandante ao ser remitir o expediente completo, xa que en vía de recurso administrativo previo non é controvertido que a demandante f‌ixo valer esta circunstancia e polo tanto cónstalle ao XEG; e sen segundo lugar, porque esta institución non está vinculada ás follas de aprecio das partes máis que nas cantidades mínima e máxima de valoración ( STS de 10/3/2015, entre outras moitas), vinculación que polo resto é só en relación á contía, non en relación ao resto de parámetros sobre os que se calcula o valor dos bens expropiados (STSXG de 9/9/2015).

Dado que foron respectados os límites cuantitativos establecidos nas follas de aprecio, e que o XEG puido manexar o contido da valoración feita pola demandante na vía administrativa, non pode concluírse a causación de indefensión que deba determinar a anulación do Acordo.

En consecuencia, en ningún caso caberá cualif‌icar por este motivo a expropiación como ilegal nin proceder aos incrementos pretendidos na pretensión subsidiaria.

O motivo debe ser rexeitado.

Segundo

Método de valoración do chan feita polo XEG. Situación fáctica do solo das parcelas expropiadas.

  1. Marco legal de interese sobre as situacións básicas do chan para a resolución do litixio.

    Antes de analizar o caso concreto, debemos traer a colación pola súa utilidade, a caracterización que das situacións básicas do solo establece o Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Solo e Rehabilitación Urbana, cuxo art. 21 establece, no que agora interesa, que:

    1. Todo o chan atópase, para os efectos desta lei, nunha das situacións básicas de solo rural ou de solo urbanizado.

    3. Atópase na situación de solo urbanizado o que, estando legalmente integrado nunha...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR