STSJ Galicia 312/2023, 29 de Mayo de 2023

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Número de resolución312/2023
Fecha29 Mayo 2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00312/2023

-

Equipo/usuario: Pb

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2022 0000478

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015205 /2022 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. INVERSIONES GILREG SL

ABOGADO JOSE LUIS RUBIANES FERRO

PROCURADOR D./Dª. MARIA TERESA PITA URGOITI

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO, LETRADO DE LA COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

D.ª DOLORES RIVERA FRADE-PTE

D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

D. JUAN SELLÉS FERREIRO

D.ª CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e nove de maio de dous mil vinte e tres.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15205/2022, presentado por INVERSIONES GILREG SL, representado pola procuradora Sra. Pita Urgoiti, dirixido polo letrado Sr. Rubianes Ferro, contra o acordo de 30.12.2021 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT, representado polo avogado do Estado.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO. - Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. - Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO. - Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. - Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 22.574,36 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 30.12.2021 do TEAR que, rexeita a o incidente de execución formulado contra a execución do acordo de 29.03.2019 ( a orixe é a escritura pública de 10.10.2011 de declaración de obra nova e modificación parcial da propiedade horizontal ).

Segundo resulta do expediente, a escritura outorgouse o 10.10.2011, e iniciado o expediente de comprobación limitada, notificouselle, xunto co trámite de audiencia, o 16.11.2015, notificándose a liquidación provisional o 15.01.2016. A resolución do TEAR de 07.03.2019 acolle, parcialmente, a reclamación con retroacción de actuacions. Entrada na ATRIGA o 09.04.2019 e nova liquidación notificada o 27.08.2019.

SEGUNDO.- O recorrente alega: a) prescripción da acción para liquidar, b) procede a exención aplicada e o valor determinado é incorrecto.

Os letrados da Administración se opoñen.

Partirmos de que estarmos no suposto do art.241 TER LXT, o que limita a controversia, dado que, coma reflicte o art. 241.ter.8: O Tribunal declarará a inadmisibilidade do recurso contra a execución respecto de aquelas cuestións que se expoñan sobre temas xa decididos pola resolución que se executa, sobre temas que puidesen ser expostos na reclamación cuxa resolución se executa ou cando concorra algún dos supostos a que se refire o artigo 239.4 desta Lei.

A resolución do TEAR acollera a reclamación por FALTA DE FUNDAMENTACION DO CUSTO DE EXECUCION QUE, PARA DETERMINALA BASE IMPOÑIBLE Á QUE NON RESULTABA DE APLICACIÓN A EXENCIÓN relativa a vivendas de protección autonómica, imputouse OS LOCAIS DE NEGOCIO E PRAZAS DE GARAXE ás que non alcanzaba a referida exención.

O acordo do TEAR de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR