STSJ Galicia 155/2023, 20 de Febrero de 2023

JurisdicciónEspaña
Fecha20 Febrero 2023
Número de resolución155/2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00155/2023

-

Equipo/usuario: PB

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

Correo electrónico: sala4.contenciosoadministrativo.tsxg@xustiza.gal

N.I.G: 15030 33 3 2022 0000209

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015075 /2022 /

Sobre: ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña. Alexander, Alfredo , Amadeo

ABOGADO CARMEN MARIA GOMEZ DOCAMPO, CARMEN MARIA GOMEZ DOCAMPO , CARMEN MARIA GOMEZ DOCAMPO

PROCURADOR D./Dª. MARIA TERESA OUTEIRIÑO ACUÑA, MARIA TERESA OUTEIRIÑO ACUÑA , MARIA TERESA OUTEIRIÑO ACUÑA

Contra D./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA, CONSELLERIA DE FACENDA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO, LETRADO DE LA COMUNIDAD

PROCURADOR D./Dª. ,

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

DOLORES RIVERA FRADE-PTE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

JUAN SELLÉS FERREIRO

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte de febreiro de dous mil vinte e tres.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15075/2022, presentado por D. Alexander, D. Alfredo e D. Amadeo, representado polo procurador Sra. Outeiriño Acuña, dirixido polo letrado Sra. Gómez Docampo, contra o acordo de 12.11.2021 do TEAR. É parte a Administración demandada o TEAR, representado polo avogado do Estado e a CONSELLERÍA DE FACENDA, coa asistenza do letrado da Xunta.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

ANTECEDENTES

DE FEITO

PRIMEIRO. - Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. - Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO. - Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. - Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 112.963,47 EUROS.

FUNDAMENTOS XURIDICOS

PRIMEIRO. - O acto que se recorre é o acordo de 12.11.2021 do TEAR que acolleu, parcialmente, a reclamación económico administrativa contra a liquidacion I.Sucesións derivada do pasamento de Dª Mercedes.

SEGUNDO. - A controversia cínguese a: a) enxoval doméstico e b) participacións na sociedade ALUGUEIRA SL beneficiadas coa reduccion do 95% ( a administración determinou que era un 55,33 e o recorrente que a porcentaxe é do 100% ).

Os letrados da administración se opoñen.

Verbo do ENXOVAL, os letrados da administración non nega que, a pretensión do recorrente, verbo do sistema de valoración do enxoval cumpre co o que determina a xurisprudenza do TS; a súa oposición é de tipo procesual: pretensión non suscitada na vía administrativa previa.

O que acontece é que, o feito de non suscitar a cuestión previamente, resulta das datas do expediente administrativo -2017- e reclamación económico administrativa - 2018- cando non existía a actual doctrina do TS- STS 1160/2022-, que restrinxe o valor do enxoval ó que é o enxoval no código civil, polo que non existe mala fe do recorrente; a esto engadimos que a cuestión do enxoval non é, propiamente, unha nova pretensión senón un motivo mais dirixido contra a liquidación confirmada polo TEAR. A liquidación é un acto único e a pretensión se mantén idéntica: nulidade da liquidación e o único que acontece é que se engade un novo motivo contra a mesma, o que nos leva a acoller o recurso neste punto.

TERCEIRO. - Verbo das participación na sociedade ALUGUEIRA SL, a discrepancia é verbo da afectación á actividade das seguintes partidas: a) tesourería que excedía do 30% do pasivo corrente, b) inversións financieras a longo prazo e c) inversións financieiras a curto prazo.

A administración determina a tesourería que considera afecta á actividade aplicando a RATIO DE DISPONIBILIDADE, e considera que as inversións financieiras non constitúen, en si mesmas, unha actividade económica e non son necesarias para o desenvolvemento da actividade da sociedade.

O recorrente discrepa deste criterio: mailo art. 29.1.c Lei 35/2006 considera que, a xurisprudenza do TS - sentenza 15/2022- permite acreditar a súa afectación, e considera que o amplo obxecto da sociedade ( non só o arrendamento de bens, senón tamén a construcción e venda ) esixen dispor de importantes cantidades ó abeiro de realizar algunha adquisición.

Explica a orixe dos fondos; venda o 13.12.2005 dun inmoble por 1.141.923 euros; destináronse 210.354,24 euros na adquisición doutro inmoble ( 23.12-2005 ) e 330.560 euros na compra doutro ( 23.08.2006 ); o resto distribuiuse entre a tesourería e inversións - case todas a curto prazo.

Os 601.008 euros pretendíase destinalo a comprar outros inmobles, cousa que non se fixo pola situación de crise económico e de saúde ( dende o ano 2014 ) dos socios...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR