SJS nº 6 164/2023, 11 de Abril de 2023, de Vigo

PonenteALEJANDRO COUSELO BARRIO
Fecha de Resolución11 de Abril de 2023
ECLIECLI:ES:JSO:2023:1089
Número de Recurso415/2022

XDO. DO SOCIAL N. 6VIGO

SENTENZA: 00164/2023

RÚA PADRE FEIJOO Nº 1 - PLANTA 16ª 36204-VIGO

Tfno: 886218430-31, Fax: 886218432

Correo Electrónico: social6.vigo@xustiza.gal

Equipo/usuario: CO

NIG: 36057 44 4 2022 0002908 Modelo: N02700

IAA IMPUGNACION DE ACTOS DE LA ADMINISTRACION 0000415 /2022

DEMANDANTE/S D/ña: DS SMITH PACKANING GALICIA, S.A. AVOGADO/A: VICENTE FERNANDEZ VICTORIA

DEMANDADO/S D/ña: CONSELLERIA DE EMPREGO E IGUALDADE AVOGADO/A: LETRADO DE LA COMUNIDAD

SENTENZA

Vigo, 11 de abril do 2023.

Visto e oído por min, Alejandro Couselo Barrio, Maxistrado Xuíz do Xulgado do Social nº 6 de Vigo, o procedemento nº 415/2022 deste xulgado, cuxo obxecto o constitúe unha acción de impugnación dun acto administrativo en materia Laboral e de Seguridade Social, pronuncio esta sentenza. Foron partes no procedemento:

  1. - demandante: DS Smith Packaging Galicia S.A., que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendido polo Avogado Don Vcente Fernández Victoria.

  2. - demandada: Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que compareceu no procedemento no seu propio nome e interese, defendida pola Letrada da Xunta de Galicia Dona Cristina Fernández Carbajo.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

O día 27/06/2022 a parte demandante presentou demanda no Decanato dos Xulgados do Partido Xudicial de Vigo. Na mesma a demandante, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito que tivo a ben, solicitou que se ditara sentenza na que se estimase deixar sen efecto a sanción acordada pola Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, e Igualdade na súa resolución de data 5 de xaneiro do 2022.

SEGUNDO

Admitida a trámite a demanda, sinalouse para os actos de conciliación e xuízo o día 11 de abril do 2023, data na que tiveron lugar e ós que compareceu a parte demandante, quen se ratif‌icou no escrito

presentado, se ben puxo de relevo que a Administración demandada ditara resolución na alzada na que anulou a resolución que se impugna na demanda.

A demandada opúxose á estimación da demanda polos argumentos que constan na acta do xuízo.

Foron admitidas as probas de documental. No trámite das conclusións a parte demandante mantivo as súas pretensións e o mesmo f‌ixo a demandada comparecida.

TERCEIRO

O presente procedemento foi tramitado consonte as normas aplicables.

FEITOS PROBADOS

  1. - O día 30/09/2021 a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra estendeu a acta de infracción nº I362021000051739 contra a empresa DS Smith Packaging Galicia S.A., acta cuxo contido damos aquí como enteiramente reproducido e que foi achegada ó procedemento como documento nº 1 dos achegados pola demandada comparecida, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

    Na acta cualif‌icábase unha infracción como grave no grao mínimo, tramo medio, na contía de 5.000 euros consonte o artigo 5.2 e 12.16.b) do Real Decreto Lexislativo 5/2000 do 4 de agosto polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Infraccións e Sancións da Orde Social.

  2. -O día 05/01/2022 a Xefa da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Igualdade da Xunta de Galicia ditou resolución, achegada pola demandada comparecida Consellería de Economía e cuxo contido damos aquí como enteiramente...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR