AAP Pontevedra 453/2022, 14 de Julio de 2022

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2022:1698A
Número de Recurso589/2022
ProcedimientoRecurso de apelación. Auto
Número de Resolución453/2022
Fecha de Resolución14 de Julio de 2022
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AU D.PROVINCIAL SECCION N. 2

PO NTEVEDRA

AUTO: 00453 /2022

- ROSAL IA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.8 0.51.19

Correo electrónico: secci on2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: 66200 0

N.I.G.: 36026 41 2 2020 0000517

ROLO: RT APELACION AUTOS 0000589 /2022 I

Xulgado procedencia: XDO.1 A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de MARÍN

Procedemento de orixe: DILIG ENCIAS PREVIAS PROC. ABREVIADO 0000334 /2020

Delito: CONTR A LA SEGURIDAD E HIGIENE EN EL TRABAJO

Parte apelante: Eulalia, Fátima, Virgilio, Jose María

Procuradora: MARIA SANJUAN CARRIL, MARIA SANJUAN CARRIL, MARIA SANJUAN CARRIL, MARIA SANJUAN CARRIL

Avogado/a: JOSE FERNANDEZ IGLESIAS, JOSE FERNANDEZ IGLESIAS, JOSE FERNANDEZ IGLESIAS, JOSE FERNANDEZ IGLESIAS

Parte apelada: MINISTERIO FISCAL

AUTO Nº 453

MAXISTRADOS/AS

Ilmo. Sr. don José Juan Ramón Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. dona Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

Pontevedra, 14 de xullo de 2022

FEITOS

Primeiro

Na causa arriba mencionada o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución núm. 2 de Marín ditou un auto con data do 20 de maio de 2022, no cal acordou a continuación as presentes dilixencias polos trámites do procedemento abreviado.

Segundo

Contra o dito auto a procuradora dona María Sanjuan Carril, na representación de Eulalia, Fátima, Virgilio, Jose María, formulou un recurso apelación, e, admitido a trámite, remitíronse as actuacións a este Tribunal para a súa resolución.

Expón o parecer da Sala o maxistrado relator don José Juan Barreiro Prado.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro

Por un auto do 20 de maio de 2022, a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Marín acor dou a continuación da tramitación das ata entón dilixencias previas pola vía correspondente ao procedemento abreviado contra Fátima, Eulalia, Jose María e Virgilio, por un suposto delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións imprudentes, dos artigos 316 e 318, e 149 e 152, respectivamente, do Código penal . Estes acoden agora directamente en apelación perante esta alzada na procura de que revoguemos e deixemos sen efecto o devandito auto e acordemos, ao abeiro dos artigos 637.2 º e 779.1.1ª da Lei de axuizamento criminal, o sobresemento libre e o conseguinte arquivo das actuacións. A f‌iscala oponse a que acollamos este recurso.

Segundo

Practicadas sen demora as dilixencias pertinentes, o xuíz adoptará mediante un auto algunha das resolucións previstas no artigo 779.1 da Lei de axuizamento criminal. Unha delas -a 4ª- consiste en que, se o feito constitúe un delito abranguido no artigo 757 do mesmo texto legal, se seguirá o procedemento ordenado no capítulo IV do título II do libro IV da Lei de axuizamento criminal. E a referida decisión deberá incluír a determinación dos feitos punibles e a identif‌icación da persoa a quen se lle imputan, e non poderá adoptarse sen antes declarar esta nos termos previstos no artigo 775, tamén da LACrim.

O auto de incoación do procedemento abreviado ou de transformación das dilixencias neste tipo de procedemento é o equivalente procesual do auto de procesamento no sumario ordinario ( SSTS 1437/1998, do 18 de decembro, e do 21 de maio de 1993 ). Ten como f‌inalidade f‌ixar a lexitimación pasiva así como o obxecto do proceso penal na medida en que, como se indica na STC 186/1990, do 15 de novembro, o instrutor efectúa unha valoración xurídica tanto dos feitos como sobre a imputación obxectiva deles. Trátase dun acto de imputación formal realizado polo xuíz instrutor exteriorizador dun xuízo de probabilidade de natureza incriminatoria e delimitador do ámbito obxectivo e subxectivo do proceso. En def‌initiva, supón unha especie de peneira procesual que evita acusacións inesperadas ou infundadas, pois só contra os que aparezan previamente investigados polos feitos ref‌lectidos no referido auto se poderá dirixir a acusación, e limita deste xeito os efectos perniciosos que ten a pena de banco, que determina, por si soa, a apertura do xuízo oral contra toda persoa -así, as SSTS, Penal, Sección 1ª, do 22 de maio de 2014 (ROJ: STS 2212/2014 - ECLI:ES:TS:2014:2212 ); Penal, Sección 1ª, do 10 de febreiro de 2010 (ROJ: STS 635/2010 - ECLI:ES:TS:2010:635 ); Penal, Sección 1ª, do 1 de xullo de 2008 (ROJ: STS 3916/2008 -ECLI:ES:TS:2008:3916 ); 703/2003, do 13 de maio; e 450/1999, do 3 de maio-.

Cómpre lembrar que o denominado auto de transformación en procedemento abreviado só ten que ref‌lectir os feitos punibles e a identif‌icación das persoas ás cales se lles imputan ( artigo 779.1.4ª da Lei de axuizamento criminal). Así o fai o auto contra o que se apela, que mesmo cualif‌ica os feitos punibles como supostamente constitutivos dos delitos contra os dereitos dos traballadores e de lesións imprudentes, dos artigos 316 e 318, e 149 e 152, respectivamente, do Código penal .

Por maior abastanza e en contestación ás alegacións realizadas polos recorrentes no seu recurso de apelación, cómpre lembrar que o artigo 316 do Código penal é un tipo penal de estrutura omisiva ou, máis propiamente, de infracción dun deber, que protexe a seguridade no traballo, entendida como a ausencia de riscos para a vida e a saúde do traballador, dimanante das condicións materiais na prestación do traballo. Trátase dun ben xurídico autónomo e independente da efectiva lesión, que, en todo caso, merecería cualif‌icación independente, e no cal o suxeito activo, os legalmente obrigados, ocupa unha posición semellante á de garante. Por conseguinte, a esixencia de responsabilidade penal nos delitos de omisión pura, como o examinado, debe implicar unha determinación exhaustiva e precisa tanto da situación xeradora do deber de actuar do suxeito...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR