SAP Pontevedra 9/2023, 20 de Enero de 2023

PonenteJOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
ECLIECLI:ES:APPO:2023:210
Número de Recurso13/2023
ProcedimientoRecurso de apelación. Juicio rápido
Número de Resolución9/2023
Fecha de Resolución20 de Enero de 2023
EmisorAudiencia Provincial - Pontevedra, Sección 2ª

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 2

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00009/2023

- ROSALIA DE CASTRO NÚM. 5

Teléfono: 986.80.51.19

Correo electrónico: seccion2.ap.pontevedra@xustiza.gal

Equipo/usuario: MM

Modelo: 213100

N.I.G.: 36005 41 2 2022 0000741

RJR APELACION JUICIO RAPIDO 0000013 /2023-M

Juzgado procedencia: XDO. DO PENAL N.2 de PONTEVEDRA

Procedimiento de origen: JUICIO RAPIDO 0000252 /2022

Delito: CONDUCCIÓN SIN LICENCIA O PERMISO (L.O. 15/2007)

Recurrente: Isidoro

Procurador/a: D/Dª MARIA ANGELES GERPE ALVAREZ

Abogado/a: D/Dª SEVERINO POTEL CALVO

Recurrido: MINISTERIO FISCAL

Procurador/a: D/Dª

Abogado/a: D/Dª

SENTENZA NÚM.9

==========================================================

MAXISTRADOS/AS:

Ilmo. Sr. don José Juan Barreiro Prado, presidente

Ilma. Sra. Rosa del Carmen Collazo Lugo

Ilma. Sra. dona Rosario Cimadevila Cea

==========================================================

Pontevedra, vinte de xaneiro de dous mil vinte e tres.

Visto, pola Sección Segunda desta Audiencia Provincial, na causa instruída co número 13/23, o recurso de apelación interposto pola procuradora Sra. Gerpe Álvarez, en representación de Isidoro, contra a sentenza do 4/11/22 ditada polo Xulgado do Penal núm. 2 de Pontevedra, no JR Nº 252/2022. Constituíronse como partes o mencionado recorrente, e o Ministerio Fiscal, na representación que lle é propia, e actuou como relator o maxistrado don JOSÉ JUAN RAMÓN BARREIRO PRADO.

ANTECEDENTES DE FEITO

Primeiro

No acto do xuízo oral de referencia ditouse unha sentenza con data do 4 de novembro de 2022, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que condeno a Isidoro como autor dun delito de condución sen permiso do artigo 384 do Código penal, concorrendo a agravante de multirreincidencia dos artigos 22.8º e 66.1.5º do mesmo texto legal, coas seguintes penas:

1-Prisión de 7 meses e 15 días e accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo.

Impónselle as custas a Isidoro .

E, como feitos probados, recóllense expresamente os da sentenza contra a que se apela:

6.O día 1 de xullo de 2022, cando eran arredor das 14:30 horas, Isidoro, maior de idade, conducía pola rúa do Campo, en Pontecesures, un vehículo Opel Corsa, matrícula .... BHK, propiedade de Carla Freire Carles.

7. Isidoro carecía de permiso de condución xa que nunca o obtuvera.

8. Isidoro foi condenado como autor dun delito de condución sen permiso, polas seguintes sentenzas: 1) sentenza f‌irme do 27 de xaneiro de 2020 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón por feitos cometidos o día 26 de xaneiro de 2020 ; 2) por sentenza do 8 de novembro de 2017 do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, f‌irme o día 20 de outubro de 2018, coa pena de multa de 21 meses; 3) por sentenza f‌irme do día 3 de febreiro de 2017 do Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela pola que se lle impuxo a pena de 260 días de traballos en benef‌icio da comunidade; 4) por sentenza f‌irme do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra do día 4 de outubro de 2016 pola que se lle impuxo a pena de 6 meses de prisión;

5) por sentenza f‌irme do día 20 de setembro de 2016 do Xulgado de Instrución número 2 de Caldas de Reis pola que se lle impuxo a pena de 3 meses e 1 día de prisión; 6) por sentenza do 1 de abril de 2016 do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra pola que se lle impuxo a pena de 3 meses de prisión; 7) por sentenza f‌irme do día 26 de febreiro de 2015 do Xulgado do Penal número 2 de Santiago pola que se lle impuxo a pena de 6 meses de prisión.

Segundo

Contra a devandita sentenza, a representación procesual do recorrente interpuxo un recurso de apelación, que formalizou expondo as alegacións que constan no seu escrito, o cal está unido ás actuacións.

Terceiro

Logo de trasladarlle o escrito de formalización do recurso ao Ministerio Fiscal e ás outras partes, presentouse escritos de impugnación baseándose en que a sentenza obxecto de recurso se axusta plenamente a dereito e solicitouse a súa conf‌irmación.

Cuarto

O xulgado do penal referido anteriormente remitiu a este Tribunal os autos orixinais con todos os escritos presentados e, tras seren recibidos, sinalouse unha data para a súa deliberación, que tivo lugar o día 19 de xaneiro de 2023.

FEITOS PROBADOS

Aceptamos e damos por reproducidos os feitos que se declaran probados na sentenza obxecto de recurso.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

Primeiro

Isidoro foi condenado na instancia como autor responsable dun delito contra a seguridade viaria, na modalidade de condución dun vehículo de motor sen o correspondente permiso, previsto e penado no artigo 384, coa concorrencia da agravante de multirreincidencia dos artigos 22.8ª e 66.1.5ª, todos eles do Código penal, á pena de prisión de sete meses e quince días, coa accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do dereito de sufraxio. O así condenado acode agora en apelación perante esta alzada. O f‌iscal oponse a que acollamos este recurso.

Segundo

O que solicita o apelante, Isidoro, no seu recurso é a imposición da pena de sesenta días de traballos en benef‌icio da comunidade, logo do seu consentimento, e, subsidiariamente, unha pena de prisión que non supere os catro meses e quince días. Parte do seu recoñecemento expreso dos feitos axuizados, isto é, que conducía un vehículo de motor e que o facía sen o correspondente permiso, para impugnar tan só a pena imposta de sete meses e quince días de prisión e a aplicación da agravante de multirreincidencia do artigo

66.1.5ª do Código penal, e para alegar a vulneración do principio non bis in idem .

Verbo da devandita aplicación da agravante de multirreincidencia do artigo 66.1.5ª, en relación co artigo 22.8ª do Código penal, abofé que non cabe ningunha dúbida a teor do que se ref‌licte nos feitos probados (número

8) por mor do que constaba nas follas 10 a 15 das actuacións, que dun xeito incontestable daban conta das ata sete condenas do agora apelante por un delito de condución dun vehículo de motor sen o correspondente permiso dende o ano 2015. Tan nidio se amosa tal particular que sobran máis comentarios.

Terceiro

Na sentenza contra a que se apela, nos apartados dedicados á penalidade (números 14 a 16), o maxistrado xuíz analiza, respecto do que agora nos interesa, os particulares relativos á natureza da pena é á aplicación da concorrencia da agravante de multirreincidencia. En canto ao primeiro, o maxistrado xuíz optou, dada a alternatividade prevista no 384 do Código penal, pola imposición da pena de prisión con base na natureza dos feitos, nas circunstancias persoais do autor, e na existencia de condenas previas cuxo efecto...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR