STSJ Galicia 50/2023, 13 de Febrero de 2023

JurisdicciónEspaña
EmisorTribunal Superior de Justicia de Galicia, sala Contencioso Administrativo
Fecha13 Febrero 2023
Número de resolución50/2023

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.3

A CORUÑA

SENTENCIA: 00050/2023

PONENTE: D.LUIS VILLARES NAVEIRA

RECURSO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 7806/2021

RECURRENTE: ADENOR ASTURIAS S.L.

Procurador: LAURA CARNERO RODRIGUEZ

Letrado: IÑIGO NOGUES GONZALEZ

ADMINISTRACION DEMANDADA: VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPRESA E INNOVACION

Procurador:

Letrado: ABOGACIA DE LA COMUNIDAD

A Sección 003 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

ILMOS. SRES.E ILMAS. SRAS.

FRANCISCO JAVIER CAMBON GARCIA

CRISTINA MARIA PAZ EIROA

JUAN CARLOS FERNANDEZ LOPEZ

LUIS VILLARES NAVEIRA

MARIA DE LOS ANGELES BRAÑA LOPEZ

A Coruña, 13 de febreiro de 2023.

ANTECEDENTES

DE FEITO

Primeiro-. Actividade administrativa impugnada. Posicións das partes.

A parte recorrente presenta unha demanda ante a Sala, que é aquendada a esta Sección, sendo designado Maxistrado Relator Luís Villares Naveira.

A demandante impugna o Requirimento de data 1 de outubro de 2021 da Xefatura Territorial de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Delegación Territorial da Coruña pertencente á Xunta de Galicia e, consecuencia do anterior, a Resolución de data 22 de novembro de 2021 pola que se impón a primeira multa coercitiva a ADENOR ASTURIAS, S.L.

Os argumentos en que se fundamenta o escrito da parte demandante son os seguintes:

  1. infracción do art. 15.3. LPACAP por negativa á tradución ao castelán de documentos a petición do interesado, con vulneración de dereitos, ao ter a sede da compañía fóra de Galicia, onde esa lingua non é oficial. Anteriormente pedírase noutro procedemento onde si se dispensara a tradución.

  2. Desproporción da sanción, ao se impoñer noutro suposto, para feitos idénticos, a cantidade de 9000 euros en 2017, con infracción do art. 100 LPACAP. Non é lóxico que o importe da multa coercitiva sexa superior ao da sanción a impoñer, que non debería superar o 20% do importe desta; a administración non xustifica o importe imposto, con infracción do art. 29 LRXSP, que debera xustificar en función da culpabilidade, continuidade e persistencia da conduta, natureza da perda causada e a reincidencia. Ao non se observaren estes criterios, procede a súa anulación ou subsidiariamente, a súa gradación proporcional.

    A demandada oponse ás pretensións actoras polos seguintes motivos:

  3. o recurso é inadmisible porque se trata da impugnación dun acto de trámite das previstas no art. 73 LPACAP;

  4. non existe indefensión polo feito de dicir que non coñece o idioma galego, porque non realizou ningunha solicitude neste sentido que a administración obviase. No caso de autos, co requirimento acompáñase un informe de laboratorio en castelán, e realiza alegacións, o que presupón o coñecemento do que se lle está trasladando; ademais, en canto o solicita, contéstaselle en castelán.

  5. En canto ao fondo, resulta de aplicación o RD 61/2006, e o DLex. 1/2015 a respecto dos seus deberes, e a Lei 21/1992 establece o réxime de sancións e as persoas responsables.

    En relación á causa de inadmisión do recurso formulada, na quenda de conclusións a demandante opúxose manifestando que o acto de trámite en cuestión ten a natureza de cualificado, e que ademais se produciu a negativa inxustificada á súa tradución o que produce indefensión ao interesado, polo que debe permitirse a súa impugnación autónoma dacordo cos arts. 112.1. LPACAP e 25.1. LXCA.

    Segundo-. Tramitación procesual. Proba practicada e contía do procedemento.

    Admitida a trámite a demanda e deducida polos trámites do procedemento ordinario, foi practicada unicamente a documental que obra en autos.

    A contía do procedemento fixouse en indeterminada.

    Terceiro-. Feitos probados.

    Resultou probado neste procedemento que:

    en data 5/8/2021 a representación de ADENOR Asturias solicitou á Consellería de Industria, dentro do procedemento Incidencia calidade de combustible Estación de Servicio San Cristobal, ES-G-118, concretamente a Comunicación acerca de incidencia na análise de calidade de combustibles realizado polo Laboratorio de Combustibles da Universidade da Coruña en instalación de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos que dado que a sede social da empresa radicaba fóra da CA de Galicia e os seus representantes descoñecían a lingua galega, se notificase a comunicación que acompañaba en lingua castelán.

    En data 12/8/2021 a administración emite comunicación redactada en lingua galega en que non precisa se accede ou denega a solicitude de tradución ao castelán da comunicación solicitada, e onde se lle recorda á empresa que " a alteración na calidade do combustibles constitúe unha infracción da Lei 34/1998, o que xa se lle comunicou no anterior oficio, e que a recorrencia ou inacción pode modificar a tipificación da infracción e o establecemento da contía da sanción"

    O 1/10/2021 a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación emite dentro do Expediente: IN624C/2021/000305 (ES-G-118) un REQUIRIMENTO de Execución forzosa en materia de seguridade industrial, que trae causa na notificación asinada o 12.08.2021, aceptada o 16.08.2021, o Xefe do Servizo de Metroloxía e Seguridade Industrial recordáballe que a alteración na calidade do combustibles constitúe unha infracción da Lei 34/1998.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. Réxime legal aplicable á lingua dos procedementos tramitados pola Administración autonómica de Galicia. Análise previa ao estudo da causa de inadmisión formulada pola administración demandada.

Aínda que con carácter xeral as resolucións xudiciais abordan con carácter previo a admisibilidade do recurso fronte a análise dos motivos de fondo, no caso de alegacións concernentes ao réxime lingüístico das notificacións administrativas debe comezarse por abordar esta cuestión, por se puidese afectar aos dereitos da persoa interesada en relación á relación recorrida, con independencia do seu carácter recorrible. Funciona así o estudo do réxime legal da lingua do procedemento como un presuposto da análise do resto de cuestións que afecten ao litixio, por comprometer o dereito da persoa interesada a acceder con plenitude de garantías ao procedemento administrativo.

  1. Feitos probados relevantes para a análise da cuestión.

    A resolución aquí recorrida é o Requirimento de data 1 de outubro de 2021 da Xefatura Territorial de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Delegación Territorial da Coruña pertencente á Xunta de Galicia, que a demandante sostén que vulnera os seus dereitos ao non ter sido notificado en lingua castelán malia telo instado con anterioridade.

    O expediente administrativo (EA) non resolve esta cuestión, porque a documentación remitida comeza co requirimento de 1/10/2021, omitíndose calquera antecedente. Aínda así, consta na primeira das alegacións formuladas pola actora ao requirimento, de data 10/12/2021 (f. 27 EA) a súa solicitude de tradución ao castelán e a invocación de que previamente xa se demandara tal extremo, indicando alí que non fora atendida a súa petición.

    Malia a carencia no EA de trámites previos ao propio requirimento, a demandante acompañou co seu escrito reitor, como Documento nº 2 un escrito de data 5/8/2021, en que solicitaba á Consellería de Industria, dentro do procedemento Incidencia calidade de combustible Estación de Servicio San Cristobal, ES-G-118, concretamente a Comunicación acerca de incidencia na análise de calidade de combustibles realizado polo Laboratorio de Combustibles da Universidade da Coruña en instalación de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos que dado que a sede social da empresa radicaba fóra da CA de Galicia e os seus representantes descoñecían a lingua galega, se notificase a comunicación que acompañaba en lingua castelán. Dado que a autenticidade deste documento non foi cuestionada de adverso, tense por probada a súa presentación no procedemento ao que di pertencer.

    Por outra banda, este documento presenta coherencia co de data 12/8/2021, tamén achegado pola actora, como Doc. n. 3, en que a administración emite comunicación redactada en lingua galega en que non precisa se accede ou denega a solicitude de tradución ao castelán da comunicación solicitada, pero si que invoca expresamente o art. 15.3. LPACAP, suliñando que non cómpre tradución cando a administración emite un documento que surta efectos nunha CA con lingua cooficial coincidente coa da administración emisora. Por outra banda, no mesmo escrito recórdaselle á empresa que " a alteración na calidade do combustibles constitúe unha infracción da Lei 34/1998, o que xa se lle comunicou no anterior oficio, e que a recorrencia ou inacción pode modificar a tipificación da infracción e o establecemento da contía da sanción".

    Precisamente, o Antecedente 1.2. do Requirimento impugnado fai referencia a esta comunicación, aínda que só no relativo a que se lle recordou nesa data os seus deberes como dispensador de combustible.

    Da documentación anterior e da resolución recorrida podemos deducir que os documentos presentados pola actora de data 5/8/2021 e 12/8/2021 son antecedentes da resolución agora recorrida, aínda que non figuren no Expediente remitido pola Administración.

    Cabe deducir tamén que nesta mesma tramitación administrativa, a demandante solicitou a tradución ao castelán das comunicacións emitidas pola Consellería dende o 5/8/2021.

    Do exame do EA remitido pola administración cabe concluír que nin o Requirimento de data 1/10/2021 nin a multa coercitiva de data 22/11/2021 foron notificadas en lingua castelá, malia existir unha solicitude neste sentido de data 5/8/2021.

  2. Análise do réxime legal da lingua na que deben comunicarse as resolucións administrativas ás persoas interesadas.

    A existencia en Galicia dun réxime legal de cooficialidade lingüística (art. 5.2. do Estatuto de Autonomía de Galicia, EAG) lexitima que a lingua...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR