SAP Lugo 5/2023, 9 de Enero de 2023

JurisdicciónEspaña
Fecha09 Enero 2023
Número de resolución5/2023

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

Modelo: N10250

PLAZA AVILÉS S/N

Teléfono: 982294855 Fax: 982294834

Correo electrónico:

Equipo/usuario: SR

N.I.G. 27031 41 1 2016 0001048

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000101 /2021

Juzgado de procedencia: XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.2 de MONFORTE DE LEMOS

Procedimiento de origen: DIH DIVISION HERENCIA 0000425 /2016

Recurrente: Adoracion, Felicisimo, Alicia, Casilda

Procurador: PATRICIA GONZALEZ DE LA FUENTE, PATRICIA GONZALEZ DE LA FUENTE, FANNY JOSEFINA CRESPO VAZQUEZ, FANNY JOSEFINA CRESPO VAZQUEZ

Abogado: ANTONIO PAVON ALVAREZ, ANTONIO PAVON ALVAREZ, MARIA JESUS TAPIA FERNANDEZ, MARIA JESUS TAPIA FERNANDEZ

Recurrido:

Procurador:

Abogado:

S E N T E N C I A Nº 5/2023

Ilmos/as Maxistrados/as Sres/as.:

D. EDGAR AMANDO CLOOS FERNANDEZ

Dª. SANDRA MARIA PIÑEIRO VILAS

Dª. EVA ABADES MACIA

En LUGO, a nove de xaneiro de dous mil vinte tres

VISTO en grao de apelación ante esta Sección 001, da Ilma. Audiencia Provincial de LUGO, os Autos de DIVISIÓN DE HERDANZA Nº 000425/2016, procedentes do XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N 2 de MONFORTE DE LEMOS, aos que correspondeu o Rolo RECURSO DE APELACION (LECN) 0000101/2021, nos que aparece/n como parte/s apelante/s, D. ª Alicia e Dª Casilda, representada polo/pola Procurador/

a dos Tribunais D. ª FANNY JOSEFINA CRESPO VÁZQUEZ, e baixo a dirección do/a Letrado/a D. ª MARÍA JESÚS TAPIA FERNÁNDEZ, e D. Felicisimo e D. ª Adoracion, representada polo/pola Procurador/a D. ª PATRICIA GONZÁLEZ DE LA FUENTE, e baixo a dirección do/a Letrado/a D. ANTONIO PAVÓN ÁLVAREZ, sobre impugnación do caderno particional, sendo Maxistrado Relator a Maxistrada de reforzo Ilma. Sra. D. ª SANDRA MARÍA PIÑEIRO VILAS, que expresa o parecer da Sala.

ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO

Polo XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N 2 de MONFORTE DE LEMOS ditouse sentencia nº 127/2020, con data 27 de novembro de 2020, no procedemento do que dimana este recurso (DIVISIÓN DE HERDANZA 000425/2016).

SEGUNDO

A expresada sentenza contén no seu fallo o seguinte pronunciamento:

"Que estimo parcialmente la impugnación formulada por la representación de Dª Alicia y Dª Casilda y por la representación de D. Felicisimo y Dª Adoracion frente al cuaderno particional elaborado por el Sr. Luis, de 2 de enero de 2018, debiendo éste proponer unas nuevas operaciones particionales conforme a lo ya expuesto en los fundamentos anteriores.

Las costas se declaran de of‌icio.."

TERCEIRO

Elevadas as actuacións a esta Ilma. Audiencia Provincial para a resolución do recurso de apelación interposto, formouse o correspondente Rolo de Sala, e acudidas as partes en legal forma, sinalouse a audiencia o día 27 de xullo de 2022 ás 10:30 horas, para que tivese lugar a deliberación, votación e fallo.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Acéptanse os fundamentos de dereito da sentenza apelada, en canto non entren en contradición co que a continuación se expón.

PRIMEIRO

Antecedentes

A representación procesual de D. ª Alicia e de D. ª Casilda, promoveu a división xudicial das herdanzas de

D. Onesimo, falecido o 30.11.2013, en estado de viúvo en únicas nupcias de D. ª Gracia, baixo testamento autorizado por D. Pedro Ángel Navarro Arnal, Notario de Monforte de Lemos, o día 21.08.1972, co nº 784 do seu protocolo, e da súa esposa D. ª Gracia, quen faleceu o 08.02.1992, en estado de casada en únicas nupcias con D. Onesimo, baixo testamento outorgado ante o notario de Monforte de Lemos D. José Antonio De La Cruz Calderón, en data 11.07.1991, co nº 726 do seu protocolo. De tal matrimonio naceron catro f‌illos, que son as partes do presente procedemento D. ª Casilda, D. ª Alicia, D. Felicisimo e D. ª Adoracion .

Practicáronse operacións divisorias polo contador partidor D. Luis, fronte as cales formularon oposición a parte demandante e a parte demandada.

Este Tribunal, a medio de sentenza nº 189/2020, de 23 de abril de 2020, acordou acoller o recurso de apelación presentado pola Procuradora Sra. González De La Fuente, en nome e representación D. Felicisimo e D. ª Adoracion, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución n 2 de Monforte de Lemos nas presentes actuacións, declarando a nulidade da sentenza ditada en primeira instancia e retrotraendo as actuacións ao momento inmediatamente anterior ao de ditar sentenza, para que, no seu lugar, se dite outra debidamente motivada.

A sentenza ditada o 27.11.2020 é obxecto de recurso de apelación por ambas partes.

A representación procesual de D. ª Alicia e de D. ª Casilda sinala, en primeiro lugar, que non se recorre contra a exclusión da parcela NUM000 do polígono NUM001, por existir acordo das partes respecto a esa exclusión, ao pertencer esa leira dun terceiro, nin a inclusión dos impostos pagos por tales recorrentes, ao existir tamén acordo das partes; nin a decisión da sentenza de que o Sr. Contador debe propoñer unhas novas operacións particionais, tal e como acorda a sentenza recorrida. Denuncia como obxecto de impugnación:

- A inclusión das 250.000 pesetas que D. ª Alicia puxo na casa, pois consta documento no que o pai esixiu que se lle reintegrase esa suma na casa, ao telos prestado con esa condición, non impugnando a parte contraria a autenticidade do documento.

- Incongruencia omisiva, af‌irmando que a resolución non da resposta a todas as cuestións suscitadas polas partes, así como incoherencia entre a fundamentación e o sentido do fallo.

Solicitaba tal parte o ditado de sentenza pola que, revogando parcialmente a de primeira instancia, se dite outra nova que acolla a impugnación formulada por tal parte, ordenando ao Sr. Contador propoñer novas operacións particionais no sentido de que:

Se ordene ao Sr. Contador ter en conta, antes de facer a partición, os seguintes documentos:

  1. A información do Catastro (tanto a presentada pola parte como a proba pendente de práctica).

  2. Todos os títulos de propiedade das leiras, isto é, os documentos privados de compra que están en poder de dona Adoracion, cuxos orixinais lle han de ser requiridos para presentación perante o xulgado.

  3. O documento privado que ref‌licte as 250.000 pesetas que dona Alicia puxo na casa e que o pai esixiu que se lle reintegre esa suma na casa achegado pola parte, que non tivo en conta na anterior partición e que a parte contraria admitiu como auténtico.

  4. O borrador de escritura Notarial que foi confeccionado polo Sr. Notario de Monforte de Lemos a partir dos documentos presentados ao Notario polos herdeiros, aínda que f‌inalmente non foi asinada.

E se ordene ao Sr. Contador:

1) Que exclúa da división a parcela NUM000 do polígono NUM001 .

2) Que inclúa todos os impostos pagos por dona Casilda e dona Alicia e cuxo pago, segundo acordo das partes, debe recaer sobre a comunidade hereditaria.

3) Que inclúa nas operacións particionais as 250.000 pesetas que dona Alicia puxo na casa e das que hai constancia escrita en documento privado admitido por todas as partes.

4) Que se declare que o Sr. Contador ha de repartir a herdanza da nai, por unha banda, e a herdanza do pai por outra, e que non pode pagar a herdanza do pai con bens privativos da nai.

5) Que se declare que o Sr. Contador ha de ter en conta os 21 anos de diferenza entre a morte da nai e a do pai, nos que o pai cobrou a súa pensión de xubilación, ingresouna no banco e aforrouna e eses ingresos son privativos do mesmo, non é diñeiro ganancial, polo que o Sr. Contador ha de ter en conta os saldos bancarios a data de falecemento da nai e os saldos bancarios a data de falecemento do pai á hora de facer a repartición do diñeiro.

6) Que se declare que a casa é divisible, como indica o Sr. Arquitecto don Damaso, que informou no acto da vista, e ha de ser dividida. Que no caso de que se considere que a casa non é divisible, ha de respectarse o ordenado no art.1062 CCivil : "Cando unha cousa sexa indivisible ou desmerezca moito a súa división, poderá adxudicarse a un, a calidade de abonar aos outros o exceso en diñeiro".

7) Que se declare que a casa nova é privativa do pai.

8) Que se resolva incluír na partición: As viñas de LAGARES, herdanza de dona Gracia ; as catro leiras que foron de don Eloy compradas por don Onesimo e dona Gracia ; a leira "O REGO" que ha de incluírse no inventario da herdanza de dona Gracia ; A NAVE, A CASA VELLA, A ADEGA que se plasman no informe do Arquitecto don Damaso e cuxa existencia foi admitida no acto da vista polas dúas partes, pero que non foi contemplada polo Sr. Contador na súa repartición.

9) Que se declare que o Sr. Contador ha de facer constar na súa partición que os herdeiros han de abonarse os froitos que percibisen.

9) Que se declare que é preciso valorar o contido da casa nova que ref‌licte nas fotografías obrantes nos informes periciais e se indique ao Sr. Contador que ha de incluír ese contido na repartición.

10) Que se declare que o Sr. Contador ha de respectar o ordenado no art. 1063 CCivil: os coherdeiros deben abonarse os froitos que cada un percibise dos bens hereditarios.

11) Que se declare que, tendo en conta que na parcela " DIRECCION002 " fai constar "dedicada á produción de viño", ha de valorarse a produción, do mesmo xeito que se realizou na parcela NUM002 " DIRECCION000 ".

E se rexeiten os motivos de impugnación da parte contraria con imposición das custas a tal parte.

A representación procesual de D. Felicisimo e D. ª Adoracion denuncia:

1).- Vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva, ao non pronunciarse a sentenza de instancia sobre todas e cada unha das pretensións expostas por ambas partes, e, en concreto, no que atinxe a tal parte recorrente, sobre a necesidade ou non de valorar de forma diferenciada a leira e a vivenda nº NUM003 de Vilachá, construída sobre a mesma.

2).- Inclusión indebida da casa sinalada co número NUM003 de Vilachá de Poboa de Brollón (ref. catastral: NUM004 ) no inventario de dona Gracia ao considerar que...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR